Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 190 Venres, 29 de setembro de 2000 Páx. 13.634

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DA CORUÑA

ANUNCIO.

A Comisión de Goberno Municipal, en sesión que tivo lugar o 18 de agosto de 2000 adoptou o seguinte acordo:

Primeiro.-Aprobar definitivamente as bases e os estatutos presentados pola comisión xestora do polígono H9.10, rúa Merced de costas coa rúa Antonio Ríos, do Plan Xeral de Ordenación Municipal vixente, coa modificación nos estatutos e as bases que se sinala a continuación:

-Suprímese o punto 2 da base 3.

Segundo.-Ordena-la citación persoal no expediente a aqueles que aparezan como interesados na súa calidade de titulares de bens e dereitos afectados, advertíndolles que poderán solicita-la incorporación á xunta de compensación no prazo dun mes contado a partir desta notificación, mediante escrito presentado ante a propia comisión xestora ou ante este concello.

Terceiro.-Ordena-la publicación no Diario Oficial de Galicia e no BOP do anuncio correspondente segundo modelo oficial que se xunta, facultando a comisión xestora e, no seu nome, a Enrique Álvarez

Conchado como presidente dela para a súa presentación e dilixenciamento ante o órgano correspondente.

Cuarto.-Adverti-la comisión xestora de que unha vez vencido o prazo dun mes ó que se refire o punto segundo precedente, e logo de declaración de firmeza que será realizada por esta Administración, deberá proceder á constitución da xunta de compensación con citación dos propietarios que solicitasen a súa incorporación, para o que dispoñen dun prazo máximo de tres meses contados desde a citada declaración de firmeza.

Quinto.-Designar como representante municipal no órgano rector da xunta o xefe de Xestión no Servicio de Urbanismo, Carlos Hernández López.

Sexto.-Requiri-la comisión xestora e, no seu nome, a Enrique Álvarez Conchado, para que ingrese na Caixa Municipal, en concepto de depósito previo correspondente á liquidación da taxa por tramitación do expediente, a cantidade de corenta mil duascentas trinta (40.230) ptas., advertíndolle que sen a xustificación de ter ingresada a dita cantidade non se poderá aproba-lo proxecto de compensación.

O que se publica para xeral coñecemento indicando que contra este acordo cabe interpoñer recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses, contados desde o día seguinte ó da súa publicación. Non obstante, pode interpoñerse recurso potestativo de reposición ante a Alcaldía-Presidencia no prazo dun mes, e contra a súa desestimación poderá interpoñerse recurso contencioso-administrativo ante o TSXG no prazo de dous meses, se a resolución fose expresa e, noutro caso, no de seis meses contados desde a desestimación presunta do recurso de reposición, isto é, a partir do mes de telo interposto.

A Coruña, 18 de setembro de 2000.

O alcalde

P.D.

Salvador Fernández Moreda