Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 190 Venres, 29 de setembro de 2000 Páx. 13.633

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE CAMBRE

ANUNCIO de concurso para adxudica-lo servicio de elaboración e distribución do Boletín de Información Municipal de Cambre.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Concello de Cambre.

b) Dependencia que tramita o expediente: secretaría-contratación.

c) Número do expediente: 00/45-13 con. asist. serv.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: realización do Boletín de Información Municipal de Cambre, incluíndo redacción, maquetación, impresión e difusión.

b) Lugar de execución: Concello de Cambre e instalacións das empresas licitadores.

c) Prazo de execución: dous anos desde a formalización do contrato, prorrogable por dous máis.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Orzamento base de licitación.

6.200.000 ptas. IVE incluído (37.262,75 euros).

5. Garantías.

a) Provisional: non se esixe.

b) Definitiva: 4% do importe de adxudicación.

6. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Concello de Cambre. Departamento de Contratación.

b) Domicilio: Adro, nº 1.

c) Localidade e código postal: Cambre 15660.

d) Teléfono: 981 61 31 28/981 61 31 88.

e) Telefax: 981 67 59 69.

f) Data límite de obtención de documentos e información: ata as 14 horas do día anterior ó que remate o prazo para presenta-las proposicións.

7. Requisitos específicos do contratista.

a) Clasificación: non se esixe.

b) Outros requisitos: acreditación da solvencia económica, financeira e técnica por calquera dos medios ós que se refiren os artigos 16 e 19 do texto refundido da Lei dos contratos das administracións públicas, aprobado por Real decreto lexislativo 2/2000.

8. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación.

a) Data límite de presentación: de 9 a 14 horas dentro do prazo de quince días naturais, a partir do seguinte ó da publicación do anuncio de licitación no Diario Oficial de Galicia.

b) Documentación que hai que presentar: a documentación presentarase en tres sobres pechados:

-Sobre A, subtitulado oferta económica, conterá a proposición económica, formulada de conformidade co modelo que figura no anexo III do prego de cláusulas administrativas particulares.

-Sobre B, subtitulado documentación, conterá a documentación esixida na cláusula 10.2º do prego.

-Sobre C, subtitulado referencias técnicas, conterá a documentación esixida na cláusula 10.3º do prego.

c) Lugar de presentación:

1º Entidade: Concello de Cambre. Rexistro de Entrada.

2º Domicilio: Adro, número 1.

3º Localidade e código postal: Cambre, 15660.

d) Prazo de validez da oferta: tres meses, desde a apertura.

e) Variantes: non se admiten variantes.

9. Apertura das ofertas.

a) Entidade: Concello de Cambre, (salón de sesións).

b) Domicilio: Adro, número 1.

c) Localidade: Cambre.

d) Data: oitavo día hábil seguinte ó de remate do prazo de presentación das ofertas, (agás os sábados, que pasará ó luns seguinte).

e) Hora: 12 da mañá.

10. Outras informacións.

Departamento de contratación, primeiro andar da casa do concello.

11. Gastos de anuncios: serán por conta do adxudicatario.

12. Exposición do prego.

Poderase examinar no Departamento de Contratación, primeiro andar da casa do concello, e presentar alegacións no prazo de oito días, de conformidade co establecido no artigo 122.1º do Real decreto lexislativo 781/1986, do 18 de abril.

Cambre, 18 de setembro de 2000.

Antonio Varela Saavedra

Alcalde