Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 190 Venres, 29 de setembro de 2000 Páx. 13.633

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE BEGONTE

EDICTO do 21 de setembro de 2000 polo que se anuncia a exposición ó público do proxecto da obra de construcción dun centro sociocultural e xuvenil en Begonte.

Simultaneamente co proxecto básico e de execución da devandita obra, redactado polo técnico Manuel Eduardo López Vázquez, e co prego de cláusulas administrativas particulares que rexerán a súa contratación, mediante concurso aberto e tramitación urxente, e que se expoñen ó público, ámbolos dous, por un prazo de oito días contados a partir da segunda das publicacións deste anuncio no BOP de Lugo ou no DOG, anúnciase a contratación da obra; aínda que no suposto de se produciren reclamacións contra

o proxecto ou contra o prego de condicións, a contratación aprazarase ata que sexan resoltas polo órgano de contratación.

Obxecto: obra de contrucción dun centro sociocultural e xuvenil en Begonte.

Orzamento: 40.000.000 de pesetas, en principio se lle aboarán ó contratista adxudicatario en tres anualidades de 10.000.000 de ptas. no ano 2000; 12.000.000 de ptas. no ano 2001 e 18.000.000 de ptas. no ano 2002.

Garantía provisional: 800.000 ptas.

Garantía definitiva: 1.600.000 ptas.

Prazo de execución: 18 meses.

Clasificación: grupo C. Subgrupo 1 a 9, ambos incluídos. Categoría c.

Información: oficinas municipales do Concello de Begonte.

Proposicións: deberán presentarse na Secretaría Xeral do Concello, das 9 ás 14 horas, durante os trece días naturais seguintes ó da derradeira publicación do anuncio de licitación no BOP ou no DOG.

Gastos de anuncios: os gastos deste anuncio serán por conta do adxudicatario.

Begonte, 21 de setembro de 2000.

José Pena Rábade

Alcalde