Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 190 Venres, 29 de setembro de 2000 Páx. 13.633

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE ARTEIXO

ANUNCIO.

A Comisión de Goberno, na súa sesión ordinaria do día 11 de xullo de 2000, acordou aprobar inicialmente o proxecto de urbanización promovido por Manuel Tarrío Caneda e José Barreiro Rodríguez, para a urbanización de predio sito na estrada AC 410, km 8-Arteixo, segundo proxecto redactado polo arquitecto técnico Amancio Muradás Fernández e visado polo COAAT AC con data do 12 de xuño de 2000, o cal queda sometido á información pública polo prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ó da publicación do presente anuncio.

Durante o devandito prazo, as persoas interesadas poderán examina-lo seu contido comparecendo nas dependencias do Servicio Municipal de Urbanismo e presenta-las alegacións que estimen convenientes. (Expte. 22/2000 PUR).

Arteixo, 18 de agosto de 2000.

P.D. (Decreto 587/1999)

María Isabel Vila Vilas

Primeira tenente de alcalde