1. Entidade adxudicadora: Concello de Nigrán.
2. Obxecto do contrato.
-Execución das obras de proxecto de saneamento no Camiño do Pinicho.
-Expediente nº 2000/117C.
-Prazo de execución: 4 meses.
3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.
a) Tramitación: urxente.
b) Procedemento: aberto.
c) Forma: concurso.
4. Orzamento base de licitación.
Importe total: 15.644.296 pesetas.
5. Garantías.
Provisional: non se require.
6. Obtención de documentación e información.
Na Casa do Concello de Nigrán. Teléfono: 986 36 50 00 ata o día en que remate o prazo de presentación das proposicións.
7. Presentación das ofertas.
As ofertas presentaranse no propio concello ou mediante os sistemas admitidos pola lexislación vixente, na forma prevista no prego de condicións, e no prazo dos trece días naturais contados desde a publicación deste anuncio no BOP ou no Diario
Oficial de Galicia. Clasificación: grupo G, subgrupo 4, categoría C.
8. Apertura das proposicións económicas.
Na casa do concello, ás trece horas do cuarto día hábil seguinte ó de finalización do prazo de presentación de ofertas. Se coincidise en sábado, a apertura realizarase o primeiro día hábil seguinte.
9. Modelo de proposición.
Contratación de obras de..... (indica-la denominación).
D/a....., con domicilio en....., núm. DNI....., en nome propio (ou en representación de.....) informado/a da convocatoria para a contratación de referencia, fai constar:
a) Que está en plena posesión da súa capacidade de obrar; non está incurso/a en ningunha prohibición para contratar coa Administración e reúne os requisitos de solvencia económica, financeira e técnica necesarios para o efecto.
b) Que acepta cantas obrigas se derivan do prego de condicións e se compromete a cumpri-lo contrato con estricta suxeición á normativa aplicable.
c) Outras circunstancias:
c.1. Comprométese a executa-las obras polo prezo total de pesetas..... (en letra e número).
c.2. Ofrece as seguintes melloras, segundo as previsións do prego:
(Lugar, data e sinatura do propoñente).
Nigrán, 18 de setembro de 2000.
José M. Rial Cadaval
Alcalde