Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 189 Xoves, 28 de setembro de 2000 Páx. 13.581

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

DEPUTACIÓN PROVINCIAL DA CORUÑA

RESOLUCIÓN do 18 de setembro de 2000 pola que se convoca concurso, con procedemento aberto e tramitación ordinaria, para a contratación da subministración de fotocopiadoras co destino ás sedes da Coruña, Ferrol e Santiago de Compostela, do proxecto Fomento do Asociacionismo na Provincia da Coruña e á rede de apoio veciñal.

Obxecto: subministración de fotocopiadoras con destino ás sedes da Coruña, Ferrol e Santiago de Compostela, do proxecto do Fomento do Asociacionismo na Provincia da Coruña e á rede de apoio veciñal.

Lugar de entrega: Deputación Provincial da Coruña ou lugares que esta indique.

Prazo de entrega: dez días.

Forma e procedemento de adxudicación: concurso con procedemento aberto e tramitación ordinaria.

Orzamento: 3.750.000 ptas. (22.537,95 euros).

Garantía provisional: non se esixe.

Garantía definitiva. 4% do prezo de adxudicación.

Información: Servicio de Patrimonio e Contratación. Alférez Provisional, s/n. 5º-15003 A Coruña. Teléfono: 981 18 33 00.

Proposicións: data límite: ata as 13 horas, dentro do prazo de 15 días naturais contados desde o seguinte ó da derradeira publicación no BOP ou DOG.

Anuncio extenso: BOP da Coruña.

A Coruña, 18 de setembro de 2000.

José Luis Torres Colomer

Presidente da Deputación Provincial da Coruña

José Luis Almau Supervía

Secretario da Deputación Provincial da Coruña