Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 189 Xoves, 28 de setembro de 2000 Páx. 13.581

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VIGO

ANUNCIO de aprobación inicial da delimitación de polígono na rúa Pardaíña (expediente 4232/401).

O Concello da Xerencia Municipal de Urbanismo, en sesión do 24 de agosto de 2000, adoptou, entre outros, o seguinte acordo:

Primeiro.-Aprobar inicialmente, para a execución da ordenación prevista no estudio de detalle na rúa Pardaíña, aprobado definitivamente polo Concello-Pleno en sesión do 30 de outubro de 1996, a delimitación dun polígono coincidente co ámbito do devandito estudio de detalle, de 3.371,34 m de superficie, integrado por dúas parcelas de 1.781,34 e 1.590 m de superficie, propiedade da entidade solicitante da delimitación Promociones Ganesen, S.L., cos lindeiros e configuración que a continuación se expresan, reflectidas nos planos que figuran no expediente:

-Norte: Emilio Ruiz González.

-Sur: Odilo Lorenzo.

-Leste: Antonio Ruiz e outros.

-Oeste: Camiño da Pardaíña.

Segundo.-Aprobar inicialmente a determinación do sitema de compensación como sistema de actuación no polígono que se vai delimitar.

Terceiro.-Somete-lo expediente a información pública na forma legalmente prevista.

O trámite de información pública establecerase polo prazo de 20 días, contados desde o seguinte

ó da publicación no DOG, con citación persoal ós propietarios afectados. A documentación atópase na oficina de información da Xerencia Municipal de Urbanismo ó dispor do público, planta baixa do edificio da xerencia.

Este anuncio servirá de notificación nos termos do artigo 59 da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común para tódolos propietarios e interesados directamente afectados que, por resultaren descoñecidos ou por ignorarse o seu enderezo, non poidan ser notificados persoalmente.

Vigo, 14 de setembro de 2000.

Lóis Pérez Castrillo

Alcalde-presidente da Xerencia Municipal

de Urbanismo