Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 189 Xoves, 28 de setembro de 2000 Páx. 13.580

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VIGO

ANUNCIO de contratación por poxa do proxecto de mellora de servicios no barrio de Espiñeiro-Teis.

1. Entidade adxudicadora. Organismo: Concello de Vigo. Dependencia: Vías e Obras. Número de expediente: 25031/250.

2. Obxecto do contrato: descrición: execución das obras do proxecto de mellora dos servicios no barrio de Espiñeiro-Teis de Vigo.

Lotes: non.

Lugar de execución: Vigo (Pontevedra).

Prazo de execución: dous meses.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

Tramitación: urxente.

Procedemento: aberto.

Forma: poxa.

4. Orzamento base: 27.005.207 ptas.

5. Garantías: dispénsase a súa presentación.

6. Obtención de documentación e información: rexistro xeral do Concello de Vigo, praza do Rei, s/n, 30202 Vigo, teléfono: 986 81 01 48, fax: 986 81 02 40.

Data límite para solicitar documentación: ata o día de finalización do prazo de presentación de proposicións.

7. Requisitos específicos do contratista.

Clasificación:

Grupo E, subgrupo 1, categoría b.

Grupo G, subgrupo 4, categoría a.

Outros requisitos: acredita-la solvencia económica e financeira na forma prevista nos artigos 16 e 17 da Lei de contratos das administracións públicas.

8. Presentación de ofertas: prazo: 13 días naturais seguintes ó da publicación do derradeiro anuncio de licitación no BOP de Pontevedra e DOG.

Documentación: a esixida na cláusula 12 do prego de condicións.

Lugar de presentación: véxase punto 6 do anuncio.

Prazo de obriga de mante-la oferta: 3 meses contados desde o día da apertura de proposicións.

9. Apertura de ofertas: entidade, domicilio e localidade: véxase punto 6 do anuncio.

Data e hora: 10 horas do primeiro martes seguinte ó da finalización do prazo de presentación de proposicións.

10. Outras informacións: o modelo de proposicións axustarase á cláusula 8 do prego de condicións.

11. Gastos anuncios: serán por conta dos adxudicatarios.

Vigo, 9 de setembro de 2000.

Lois Pérez Castrillo

Alcalde