Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 189 Xoves, 28 de setembro de 2000 Páx. 13.582

VI. ANUNCIOS

OUTROS ANUNCIOS

FUNDACIÓN PARA O FOMENTO DA CALIDADE INDUSTRIAL E DESENVOLVEMENTO TECNOLÓXICO DE GALICIA

RESOLUCIÓN do 15 de setembro de 2000 pola que se convoca o proceso de selección para ingreso no cadro de persoal laboral fixo da Fundación para o Fomento da Calidade Industrial e Desenvolvemento Tecnolóxico de Galicia.

En cumprimento da Lei 10/1996, do 5 de novembro (Diario Oficial de Galicia nº 227, do 20 de novembro), de actuación de entes e empresas nas que ten participación maioritaria a Xunta de Galicia, en materia de persoal e contratación, resólvese convoca-lo proceso selectivo para o persoal laboral fixo da Fundación para o Fomento da Calidade Industrial e Desenvolvemento Tecnolóxico de Galicia.

Convócase unha (1) praza, para o Centro de Innovación e Servicios Tecnolóxicos da Madeira (CIS Madeira), de técnico para o Servicio de Información, Xestión e Control Orzamentario.

Requisitos mínimos que deberán acreditarse:

-Titulación universitaria en ciencias económicas ou empresariais.

As funcións que se realizarán son as seguintes:

-Supervisar, coordinar, organizar e controla-los traballos da súa unidade, composta polas seccións de información, documentación e base de datos, publicacións, divulgación e difusión, ademais de dar apoio de loxística, coordina-la xestión de proxectos do centro e dar apoio ás demais unidades das dúas áreas, principalmente nos estudios e proxectos.

-Colaborar na elaboración do POA, na elaboración dos proxectos e realiza-la correcta xestión e seguimento destes.

-Coordina-los traballos de edición, divulgación e publicacións do centro.

-Prestar apoio na preparación dos cursos de formación, principalmente na realización da publicidade e a loxística.

-Prepara-la documentación dos convenios con entidades ou organismos, así como a documentación das asistencias técnicas externas.

-Supervisa-las compras de material necesario para os traballos do centro.

-Colaborar na realización de estudios de viabilidade, mercado, sectoriais e, en xeral, todos aqueles estudios e informes que poidan servir para a promoción dos productos de madeira e a selección de investimentos.

Requisitos xerais:

-Ter nacionalidade dun país membro da Unión Europea.

-Ter cumpridos os 18 anos de idade.

-Non padecer enfermidade ou defecto físico que impida desempeña-las funcións correspondentes.

-Non estar separado do servicio de ningunha Administración pública en virtude de expediente disciplinario, nin atoparse inhabilitado por sentencia firme para o exercicio de funcións públicas.

-Posuír e acredita-la titulación académica esixida (homologada polo Ministerio de Educación, no caso de títulos expedidos por un país que non sexa membro da Unión Europea).

Documentación que hai que presentar:

-Solicitude, segundo modelo presentado como anexo I.

-Fotocopia do DNI.

-Fotografía tamaño carné.

-Currículum vitae con documentación orixinal ou fotocopia* que acredite a titulación, formación e experiencia esixidas, así como a formación e/ou experiencia que desexe presentar para ser valorada. A omisión da documentación acreditativa de calquera mérito eliminará este da súa correspondente valoración. Acreditarase a experiencia laboral con historial completo da Seguridade Social ou certificado de empresa.

* Aqueles que presenten fotocopias sen compulsar e accedan á fase de entrevista persoal deberán presenta-los orixinais co obxecto de cotexa-las copias presentadas.

Lugar de presentación e de publicación de anuncios. Prazo de presentación de solicitudes:

-As solicitudes serán dirixidas ó presidente do Consello de Dirección da fundación e presentaranse ou remitiranse por correo certificado ás oficinas de servicios centrais da fundación, sitas na rúa Varsovia nº 4C 2ª planta -Área Central-15703 Santiago de Compostela; ou ben na propia sede do CIS Madeira no Parque Tecnolóxico de Galicia en San Cibrao das Viñas, 32901 Ourense.

-O prazo de presentación será de 30 días naturais contados a partir do día seguinte ó da publicación da presente convocatoria no Diario Oficial de Galicia.

Proceso de selección:

1. A selección, de conformidade co disposto no artígo 4 da Lei 10/1996, do 5 de novembro, será efectuada por unha comisión designada para o efecto (anexo II).

2. Expirado o prazo de presentación de solicitudes, o comité de selección publicará as listas previas de admitidos e excluídos ó proceso de selección, con indicación da causa de exclusión, de se-lo caso, establecéndose un prazo de 10 días hábiles para, por petición do interesado, reparar calquera erro que sexa corrixible.

3. As probas, para todas aquelas persoas que cumpran os requisitos mínimos esixidos, consistirán nun

concurso de méritos, unha proba escrita e unha entrevista persoal.

a) Concurso de méritos. Avaliaranse os méritos de cada candidato segundo o baremo do anexo III, ata unha puntuación máxima de 20 puntos. Pasarán á proba escrita todos aqueles que obteñan como mínimo 10 puntos nesta valoración.

Unha vez valorados os requisitos mínimos publicaranse as listas definitivas de admitidos e excluídos á proba escrita, incluíndo lugar e data en que comezarán as probas, ás que deberán asisti-los candidatos provistos do DNI. Estas listas serán publicadas nos taboleiros de anuncios das direccións anteriores.

b) Proba escrita. Versará sobre o temario incluído como anexo IV; haberá que superala para pasar á entrevista persoal. A puntuación máxima que se poderá obter na proba é de 10 puntos. Requirirase un mínimo de 5 puntos para pasar á seguinte proba.

A proba escrita poderá realizarse nunha ou dúas fases (tipo test e/ou temas para desenvolver), a criterio do comité de selección.

A finalización da proba escrita incluirá a traducción do inglés para o castelán dun tema sobre a industria de transformación da madeira ou productos de madeira. Esta traducción pasarase a soporte informático en formato Word-97.

No caso de dividila en dúas fases, cada fase valorarase ata un máximo de 10 puntos, debendo superar cada fase cun mínimo de 5 puntos. A valoración

final obterase por media aritmética da puntuación obtida en cada unha das fases.

Unha vez corrixida a proba escrita, o comité de selección publicará a lista de aprobados, incluíndo o lugar e data en que se realizarán as entrevistas persoais.

c) Entrevista persoal. Valorarase a adecuación do candidato ó perfil da praza en relación cos aspectos de toma de decisións, dirección técnica de proxectos e capacidade de relación humana. Valorarase ata unha puntuación máxima de 10 puntos.

A puntuación final do proceso de selección obterase por suma dos puntos obtidos na fase de concurso de méritos (máximo 20 puntos), na proba teórico-práctica (máximo 10 puntos) e na entrevista persoal (máximo 10 puntos).

4. Unha vez finalizado todo o proceso anterior, o comité de selección publicará o nome da persoa seleccionada nos taboleiros de anuncios da fundación, facendo consta-la data de ingreso, así como a documentación complementaria que deberán presentar para formaliza-lo contrato; contrato laboral fixo, suxeito ó período de proba regulado no artigo 14 do Estatuto dos traballadores, actuando como órgano de contratación da fundación o Consello de Dirección, a través do seu presidente.

Santiago de Compostela, 15 de setembro de 2000.

José Manuel González González

Presidente do Consello de Dirección da Fundación para o Fomento da Calidade Industrial

e Desenvolvemento Tecnolóxico de Galicia

ANEXO II

Comisión de selección

1. A comisión de selección estará formada por:

a) Presidente: o presidente do Consello de Dirección.

b) Secretario: o secretario do Consello de Dirección.

c) Vocal: o secretario do Padroado.

d) Vocal: o director do Centro de Innovación e Servicios Tecnolóxicos da Madeira.

e) Vocal: un representante do CIS da Madeira con rango de xefe de área.

f) Vocal: un representante dos traballadores.

2. Os membros da comisión deberán absterse de intervir, notificándollo ó presidente, cando concorran neles circunstancias das previstas no artigo 28 da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, ou que realizasen tarefas de preparación de aspirantes a probas selectivas nos cinco anos anteriores á publicación desta convocatoria.

O presidente poderalles solicitar ós membros da comisión de selección declaración expresa de non atoparse incursos nas causas sinaladas de abstención.

Os aspirantes poderán recusa-los membros da comisión de selección cando concorran as circunstancias previstas na presente base.

3. Para actuar validamente a comisión, requirirase como mínimo a presencia do presidente, do secretario e dun vocal.

4. Para efectos de comunicación e demais incidencias, a comisión terá como sede as oficinas dos servicios centrais sitas na rúa Varsovia, nº 4C, 2ª planta -Área Central15703 Santiago de Compostela.

ANEXO III

Baremo para o concurso de méritos da praza

* Experiencia profesional acreditada en posto similar á praza que se vaia cubrir; 0,25 puntos/mes, ata un máximo de 5 puntos. A experiencia acreditarase coa vida laboral, certificado de empresa ou do centro de traballo onde preste ou prestase os seus servicios o candidato.

* Idiomas:

-Estar en posesión dos tres primeiros cursos da escola oficial de idiomas ou titulación equivalente, certificados emitidos por entidade estranxeira (First, Advanced ou similar) de ter superado os niveis de coñecemento específicos en inglés; 1,5 puntos.

-Estar en posesión do título oficial dos cinco cursos da escola de idiomas ou titulación equivalente acreditada, certificados emitidos por entidade estranxeira (Proficiency ou título similar) en inglés; 3 puntos.

O epígrafe de idiomas estranxeiros non poderá superar un máximo de 3 puntos no seu conxunto.

* Galego:

-Título oficial de iniciación do galego: 1 punto.

-Título de perfeccionamento: 1 punto.

O epígrafe de galego non poderá superar un máximo de 2 puntos no seu conxunto.

* Estar en posesión do título de doutor: 3 puntos.

* Méritos:

-Acreditación de estar en posesión de cursos de posgrao relacionados coa auditoría, contabilidade de custos ou a xestión tecnolóxica e a innovación na industria, empresa ou centro tecnolóxico; 0,5 puntos por cada curso, ata un máximo de 3 puntos.

-Coñecementos do sector da industria de transformación da madeira; realizando, participando ou coordinando proxectos, estudios e publicacións de temas relacionados coa industria de transformación da madeira de Galicia; 0,5 puntos por traballo, ata un máximo de 4 puntos.

Este epígrafe de méritos non poderá superar nunca un máximo de 7 puntos.

ANEXO IV

Temario proba escrita

* Proba tipo test sobre coñecementos de contabilidade, custos e xestión de proxectos de I+D+I.

* Desenvolvemento dun tema de coñecementos xerais da industria de transformación da madeira de Galicia.