Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 189 Xoves, 28 de setembro de 2000 Páx. 13.577

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 21 de agosto de 2000, da Dirección Xerencia do Complexo Hospitalario Xeral-Calde de Lugo, pola que se anuncia a contratación, polo procedemento aberto e tramitación urxente, do expediente 13/2000 para a subministración de dous videocolonoscopios.

A Dirección Xerencia do Complexo Hospitalario Xeral-Calde de Lugo, en virtude das atribucións que lle foron delegadas conforme o establecido na letra i) do artigo 7 da Orde do 23 de marzo de 2000, pola que se modifica a do 21 de abril de 1998, sobre delegación de competencias en órganos centrais e periféricos do Servicio Galego de Saúde, convoca expediente de contratación, polo procedemento aberto e tramitación urxente mediante concurso, da subministración de dous videocolonoscopios.

Obxecto e orzamento: a subministración de dous videocolonoscopios, por un orzamento máximo de 4.000.000 de ptas. (24.040,48 euros) (IVE incluído)

Prazo de entrega: un mes a partir da data de notificación da adxudicación.

Documentos de interese para os licitadores: o prego de cláusulas administrativas particulares e demais documentación complementaria poder ser solicitadas no Servicio de Subministracións do Complexo Hospitalario Xeral-Calde de Lugo, rúa Doutor Severo Ochoa, s/n (27004) Lugo. Teléfono 982 29 65 52 e fax 982 21 29 24.

Fianzas: os adxudicatarios deberán consignar unha fianza definitiva do 4% do importe de adxudicación. Esta constituirase segundo o disposto no artigo 36 do Real decreto lexislativo 2/2000, do 16 de xuño, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas.

Solvencia económica e financeira: acreditarase por un ou varios dos medios establecidos no artigo 16 do Real decreto lexislativo 2/2000, do 16 de xuño, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas.

Solvencia técnica: acreditarase por un ou varios dos medios establecidos no artigo 18 do Real decreto lexislativo 2/2000, do 16 de xuño, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas.

Clasificación: non se precisa.

Criterios de adxudicación:

-Valoración técnica dos equipos, ata 10 puntos.

-Prezo, ata 8 puntos.

-Valoración do servicio técnico, ata 6 puntos.

-Valoración do contrato de mantemento, ata 4 puntos.

-Prazo de entrega, ata 2 puntos.

Admisión de variantes: admítense ata un máximo de tres variantes.

Presentación de proposicións: as proposicións deberanse presentar en man, en sobres pechados e asinados polo licitador ou persoa que o represente, no rexistro do Complexo Hospitalario Xeral-Calde de Lugo antes das 14 horas do décimo quinto día natural contado a partir do seguinte ó da publicación no DOG. Cando a proposición se envíe por correo, o licitador deberá xustifica-la data de imposición do envío na oficina de Correos e anunciarlle ó Complexo Hospitalario Xeral-Calde a remisión da oferta mediante fax ou telegrama no mesmo día.

Apertura de proposicións: a apertura das proposicións admitidas será realizada pola mesa de contratación, reunida en acto público na sala de xuntas do Complexo Hospitalario Xeral-Calde de Lugo, ás 10 horas do décimo primeiro día natural contado a partir do seguinte a aquel no que finalice o prazo de presentación de ofertas. No caso de que o devandito día coincida en sábado ou festivo, a apertura das proposicións terá lugar o día hábil seguinte.

Documentación que deberán achega-los licitadores: os documentos que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares.

Anuncios: os anuncios deste concurso público serán por conta dos adxudicatarios do contrato.

Lugo, 21 de agosto de 2000.

Fernando Varela Noreña

Director xerente do Complexo Hospitalario

Xeral-Calde de Lugo