Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 189 Xoves, 28 de setembro de 2000 Páx. 13.576

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO

CÉDULA do 6 de setembro de 2000, da Delegación Provincial de Lugo, de notificación de requirimento á Isaac Sylla García (expediente DP-304/2000).

A Delegación Provincial do Instituto Galego da Vivenda e Solo de Lugo tramitou expediente de dilixencias previas 304/2000, seguidas en virtude de denuncia formulada por sete veciños do edificio sito en Juana la Loca, 29 de Lugo, contra Isaac Sylla García, propietario da vivenda 1º B, finalizando este trámite con requirimento a Isaac Sylla García para adecua-la ventá ó ser e estado no que se atopaba antes de realiza-las actuacións que impiden o seu acceso ó patio a través da ventá indicada.

As obras de reparación que se deben realizar son as necesarias para volver ó seu estado orixinal as obras ilegais consistentes no cerramento da ventá pola que se accedía ó patio de luces comunitario, co que lles impide ós veciños dos pisos superiores o acceso ó mencionado patio cando lles cae roupa ou outros obxectos.

A non realización das obras determinará a iniciación do oportuno expediente sancionador.

Lugo, 6 de setembro de 2000.

Antonio Boné Pina

Delegado provincial de Lugo