Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 189 Xoves, 28 de setembro de 2000 Páx. 13.576

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

EDICTO do 7 de setembro de 2000, do Xurado Provincial de Montes Veciñais en Man Común de Pontevedra, polo que se inicia a tramitación do expediente de clasificación dos montes Leixo e Calle, pertencentes á parroquia de Armenteira do concello de Meis.

O Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais de Pontevedra, en sesión que tivo lugar o día 24 de febreiro de 1999, acordou inicia-los trámites para a clasificación, como veciñais en man común, dos seguintes montes:

Concellos: Meis.

Parroquia: Armenteira.

Nome do monte: Leixo e Calle.

Cabida: 5,5728 ha.

Lindes:

Norte: predios particulares.

Sur: línea municipal segundo deslinde del I.X.N. co concello de Poio.

Leste: pista forestal e predios particulares.

Oeste: predios particulares e liña municipal co concello de Meaño.

Descrición do perímetro:

O perímetro do monte pode describirse comezando polo N, onde limita cunha pista e o predio de Alfonso Rey; seguindo dirección NO sitúase o seu estremo no Alto do Leixo, onde limita co predio propiedade de Rosalinda Balboa Domingos; continuando en dirección S, o perímetro está definido pola poligonal formada polos predios particulares pertencentes a Jesusa Blanco Sueiro, Daniel Pazos Padín e outros ata chegar ó límite municipal con Meaño, desde onde continúa en liña recta seguindo pola devasa ata chegar ó fito M-3T, identificado segundo o deslinde do Instituto Xeográfico Nacional como punto onde converxen os termos municipais de Meaño, Poio e Meis. A partir de aquí, o perímetro do monte toma dirección SL, sempre seguindo a liña municipal segundo o deslinde do I.X.N., limitando co monte denominado Vacariza e Arén clasificado a favor da C.M.V.M.C. de Samieira, concello de Poio, ata cruzar coa pista forestal chegando ó estremo SL, onde limita con predios particulares propiedade de Manuel

Filgueira, Mª Rosales Carballa, Manuel Salgueiro e

outros. Continuando polo L vai seguindo a pista forestal en dirección N, limitando en todo o seu percorrido con predios particulares propiedade de J. Ramón Rodino Portas, Joaquín García Quiñónez, Celso Pérez Gómez e outros, ata chegar ó cruzamento de camiños onde toma dirección L, limitando cos predios de Juan Besada Lores, Cándida Apis Gómez e outros.

Observacións: o monte inclúe unha escavación e un campo de fútbol, e atópase poboado de exemplares de piñeiro e eucalipto de diversas clases de idade.

O que se pon en coñecemento de tódolos interesados, para efectos de abrir un período de información dun mes de duración contado a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio para que se poida examina-lo expediente e aducir durante este tempo o que se estime procedente en relación cos montes de referencia, de conformidade co disposto no artigo 11 da Lei 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común, e no artigo 23.2º do Decreto 260/1992, do 4 de setembro, polo que se aproba o Regulamento para a execución da dita lei.

Pontevedra, 7 de setembro de 2000.

José Luis Díez Yáñez

Delegado provincial de Pontevedra, presidente

do Xurado Provincial de Montes Veciñais

en Man Común de Pontevedra