Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 189 Xoves, 28 de setembro de 2000 Páx. 13.577

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE MEAÑO

ANUNCIO.

Convócase o concurso para a adxudicación da obra de saneamento Covas e Meaño (Outeiro-San Mauro), incluída no POL/2000, conforme o proxecto técnico e as cláusulas administrativas particulares que se consideran parte integrante do contrato:

Obxecto.-A adxudicación da obra de saneamento Covas e Meaño (O Outeiro-San Mauro). Financiamento da obra.-Con cargo á partida orzamentaria 441.622 do estado de gastos e orzamento 2000, segundo as previsións de ingresos procedentes do programa operativo local (POL/2000). Prazo de execución.-Tres meses desde a data de formalización do contrato. Tipo de licitación.-10.695.703 ptas. IVE incluído. Capacidade para contratar.-Están capacitados para contrata-las persoas naturais ou xurídicas, españolas ou estranxeiras que teñan plena capacidade para obrar e acrediten a seguinte clasificación: grupo E, subgrupo 1, categoría c ou a solvencia económica financeira ou técnica nos termos dos arts. 16 e 17 do TRLCAP e non estean afectados por ningunha das circunstancias que enumera o art. 20

como prohibidas para contratar. Garantías.-Provisional: non se esixe. Definitiva: será do 4% do importe de adxudicación e poderá constituirse en calquera das formas previstas no art. 36 do TRLCAP. Obtención de documentación e información.-Concello de Meaño, r/Campo da Feira nº 1-Meaño, C.P. 36968. Teléfono: 986 74 71 02. Presentación de proposicións.-Lugar e prazo: no rexistro xeral do concello, en horario de 9 a 13.30 horas, no prazo de 13 días naturais contados a partir do día seguinte ó da publicación do último anuncio de licitación no BOP ou no DOG. Documentación.-A esixida na cláusula 9ª e segundo o modelo de proposicións contido na 18ª Criterios que servirán de base para a adxudicación do concurso.-Os que figuran na cláusula 11ª do prego. Apertura de proposicións.-A mesa de contratación reunirase ás 13 horas do día hábil seguinte ó da data de remate de presentación de proposicións. Gastos de publicación.-Serán por conta do adxudicatario. Tramitación, procedemento e forma.-

Tramitación: urxente, procedemento: aberto, forma: concurso.

Meaño, 4 de setembro de 2000.

Jorge Domínguez Rosal

Alcalde