1. Entidade adxudicadora.
a) Organismo: Consellería de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria.
b) Dependencia que tramita o expediente: Dirección Xeral de Producción Agropecuaria.
2. Obxecto do contrato.
a) Descrición do obxecto: subministración de marcas de identificación de gando bovino, de acordo cos pregos que rexen esta contratación.
b) Número de unidades que se van entregar: as que se especifican no prego de prescricións técnicas.
c) Lugar de execución: o que se especifica no prego de prescricións técnicas.
d) Prazo de execución: desde a sinatura do contrato ata o 31 de decembro.
3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.
a) Tramitación: ordinaria.
b) Procedemento: aberto.
c) Forma: concurso público.
4. Orzamento base de licitación.
Importe total: cento doce millóns novecentas trinta e sete mil cento oitenta e catro pesetas (112.937.184 ptas., 678.766 euros).
5. Garantías.
Provisional: 2% do lote.
Definitiva: o 4 % do orzamento de adxudicación.
6. Obtención de documentación e información.
a) Entidade: Dirección Xeral de Producción Agropecuaria (Subdirección Xeral de Sanidade e Producción Animal). Consellería de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria.
b) Domicilio: edificios administrativos San Caetano, s/n.
c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15771.
d) Teléfono: 981 54 57 33.
e) Telefax: 981 54 57 35.
f) Data límite de obtención de documentos e información: ata a data límite de presentación das solicitudes de participación, tódolos días laborables, agás sábados, desde as 9 ás 14 horas.
Tamén se poderán obte-los pregos relativos a esta contratación a través de Internet nos enderezos: http://www.xunta.es/conselle/ag/servicios/contra/ ou http://www.xunta.es/contratación/.
7. Requisitos específicos do contratista.
Clasificación: non é necesaria.
8. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación.
a) Data límite de presentación: o prazo de presentación rematará ás catorce horas do día 25 de outubro de 2000.
b) Documentación que hai que presentar: a indicada no prego de cláusulas administrativas particulares.
c) Lugar de presentación: rexistro xeral da Consellería de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria (edificios administrativos San Caetano, s/n, Santiago de Compostela, 15771) ou en calquera das vías admitidas polo artigo 38 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, na súa redacción dada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro.
d) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta: tres (3) meses contados desde a data de apertura das proposicións.
9. Posibilidade de variantes.
Non se admiten.
10. Apertura das ofertas.
a) Entidade: sala de xuntas da Secretaría Xeral da Consellería de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria.
b) Domicilio: edificios administrativos San Caetano, s/n.
c) Localidade: Santiago de Compostela, 15771.
d) Data: 31 de outubro de 2000.
e) Hora: 13 horas.
11. Gastos de anuncios.
O importe do anuncio será por conta do adxudicatario.
Santiago de Compostela, 19 de setembro de 2000.
P.D. (Orde 15-12-1997, DOG nº 243,
do 17 de decembro)
Ángel Bernardo Tahoces
Secretario xeral da Consellería de Agricultura,
Gandería e Política Agroalimentaria