Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 189 Xoves, 28 de setembro de 2000 Páx. 13.571

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E POLÍTICA AGROALIMENTARIA

RESOLUCIÓN do 6 de setembro de 2000, da Delegación Provincial de Ourense, de notificación de iniciación do expediente sancionador de epizootias ICA-OU-19/2000-V.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificado pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, notifícáselle á persoa que no anexo se menciona que, con esta data, resolvín publica-lo acordo de iniciación do procedemento sancionador por infracción da Lei 25/1970, do 2 de decembro, do viño, viñas e alcohois e do seu regulamento aprobado polo Decreto 835/1972, do 23 de marzo, e demais normativa complementaria, posto que, tentada a notificación, esta non puido ser efectuada polo servicio de correos.

Noméase instructora do procedemento a Mª Isabel Biempica González, funcionaria desta delegación provincial, podendo promove-la súa recusación en calquera momento da tramitación do procedemento, se concorre algunha das circunstancias previstas non artigo 29 da Lei 30/1992 citada.

A resolución será acodada polo delegado provincial desta consellería. O interesado disporá dun prazo de quince días contados a partir do seguinte ó da publicación desta notificación, para que poida examina-lo expediente na delegación provincial desta consellería, sita na rúa Florentino López Cuevillas, nº 4-6 baixo, e para achegar por escrito cantas alegacións, documentos, informacións ou propostas de probas que estime convenientes na defensa dos seus dereitos.

Conforme o establecido no artigo 13.2º do Regulamento, do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, do 4 de agosto de 1993 (BOE nº 189, do 9 de agosto), de non se efectuaren alegacións no prazo anterior, este acordo de iniciación poderá ser considerado proposta de resolución determinándose, para estes efectos, o importe da sanción.

O pagamento voluntario poderá implica-la terminación do procedemento. Para efectualo deberá emprega-los impresos normalizados que lle serán facilitados nesta delegación provincial, no enderezo indicado.

O que se lle comunica de acordo coa normativa antes citada e co establecido no Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, aprobado polo R.D. 1398/1993, do 4 de agosto.

Ourense, 6 de setembro de 2000.

José Manuel Baltar Blanco

Delegado provincial de Ourense

ANEXO

Expediente: ICA-OU-19/2000-V.

Interesado: Pazo San José, S.L.

CIF: B-32.244.527.

Último enderezo coñecido: rúa Progreso, nº 30-2º D.

Feitos denunciados: defectos de etiquetado.

Preceptos infrinxidos: infracción da Lei 25/1970, do 2 de decembro, do viño, viñas e alcohois; do seu regulamento aprobado polo Decreto 835/1972, de 23 de marzo; e normativa complementaria.

Sanción: trescentas setenta mil/370.000/pesetas.