Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 189 Xoves, 28 de setembro de 2000 Páx. 13.570

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 14 de setembro de 2000, da Dirección Xeral de Industria, pola que se autoriza administrativamente, se declara de utilidade pública e se aproba o proxecto de execución da liña aérea de transporte de enerxía eléctrica a 132 kV subestación Bustelo-subestación Pena da Loba, no termo municipal das Pontes de García Rodríguez (A Coruña). (Expediente 77/2000).

Examinado o expediente instruído a pedimento da empresa Parque Eólico Bustelo, S.A., con enderezo para efectos de notificación na rúa do Castiñeiriño nº 12-3º, 15702 Santiago de Compostela (A Coruña), resultan os seguintes

Antecedentes de feito:

Primeiro.-Con data do 10 de marzo de 2000, a citada empresa solicita a autorización administrativa, aprobación do proxecto de execución e a declaración de utilidade pública da citada instalación; presentando o preceptivo proxecto de instalacións a que fan referencia os artigos 8 e 12 do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas e a relación concreta e individualizada de bens e dereitos afectados pola instalación que determina o artigo 53 da Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico.

As características técnicas básicas da instalación son as seguintes:

Liña de alta tensión aérea a 132 kV, sobre torres metálicas de celosía, conductor LA-280, un só circuíto e cable de fibra óptica/terra OPGW para comunicacións, de 4.938 m de lonxitude, con orixe na subestación de Bustelo e final na futura subestación de Pena da Loba, concello das Pontes de García Rodríguez.

Segundo.-A delegación provincial da Consellería de Industria e Comercio da Coruña someteu o citado proxecto de instalacións, xunto coa relación de bens e dereitos afectados, a trámite de información pública mediante Resolución do 24 de marzo de 2000, publicada no DOG do 5 de abril, no BOE do 8 de abril, BOP da Coruña do 25 de abril e no diario El Ideal Gallego do 7 de abril, no taboleiro de anuncios do Concello das Pontes de García Rodríguez e na Delegación Provincial da Coruña; así mesmo, a delegación provincial notificou individualmente a mencionada solicitude a cada un dos interesados que figuran na dita relación.

Separadamente presentáronse aquelas partes do proxecto que afectan a bens, instalacións, obras ou servicios, centros ou zonas dependentes doutros organismos públicos ou corporacións, co fin de que, de se-lo caso, establecesen o condicionado procedente.

Terceiro.-Durante o período en que se someteu a trámite de información pública, formuláronse as seguintes alegacións:

1. O Concello das Pontes de García Rodríguez solicita que se rectifique na relación de bens e dereitos os bens municipais afectados.

2. Juan Ramil Barja manifesta desconformidade coa oferta económica realizada pola empresa promotora.

3. Robustiano Ramil García, predio nº 21, manifesta que se teñan en conta tódalas actuacións realizadas na propiedade á hora de proceder á indemnización.

4. Francisco Romero Cao, predios nº 9 e nº 17, solicita que se valore o arboredo de piñeiros e na repoboación forestal que se está levando a cabo nos citados predios á hora da expropiación.

5. Julio Seoane Pernas, en representación da comunidade hereditaria de Esperanza Castro Sueiro e outros, predios nº 4 e nº 5, solicita ser recoñecido como propietario en pro indiviso xunto con outros (herdeiros de Vicente Ramil, José Rodríguez, Roque Cabaleiro e Pilar Seoane).

6. Cándida Sueiro Rodríguez, predios nº 3 e nº 6, manifesta que hai erros na relación de bens e dereitos polo que roga que se lle notifique de novo coa debida corrección de erros.

7. Pura Ramil Prieto manifesta que é titular de tres predios afectados pola citada liña e que non aparece na relación de afectados, e solicita ser parte afectada no procedemento expropiatorio.

As alegacións foron remitidas á empresa beneficiaria para a súa contestación, facilitando esta as informacións adicionais.

Cuarto.-A solicitude obxecto deste expediente está informada favorablemente pola Delegación Provincial da Coruña, comprobándose mediante inspección sobre o terreo seguindo o trazado proposto para a instalación desta liña, que nos bens afectados, sobre os que se solicitan os beneficios de expropiación, para os efectos da servidume de paso, non se dan as prohibicións nin limitacións previstas no artigo 57 da Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico e nos artigos 25 e 26 do Regulamento da Lei 10/1966, do 18 de marzo, sobre expropiación forzosa e sancións en materia de instalacións eléctricas, aprobado polo Decreto 2619/1966, do 20 de outubro.

Fundamentos de dereito:

Primeiro.-A Dirección Xeral de Industria é a competente para resolver este expediente con fundamento no Estatuto de autonomía de Galicia, o Real decreto 2563/1982, do 24 de xullo, o Decreto 132/1982, do 4 de novembro, o Decreto 99/1998, do 26 de marzo, polo que se establece a estructura orgánica

da Consellería de Industria e Comercio, modificado polo Decreto 181/1999, do 21 de xuño, en relación co Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, o Decreto 2619/1966, do 20 de outubro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 10/1966, do 18 de marzo, sobre expropiación forzosa e sancións en materia de instalacións eléctricas e a Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico.

Segundo.-O proxecto cumpre o disposto no Decreto 3151/1968, do 28 de novembro, polo que se aproba o Regulamento de liñas eléctricas de alta tensión e, en concreto, nos seus artigos 5 e 6.

Terceiro.-Á vista das alegacións presentadas, da contestación a estas por parte da empresa promotora e o resto da documentación que figura no expediente, queda de manifesto que:

1. Non se toman en consideración as alegacións referidas á valoración da afección das parcelas, por non seren obxecto desta fase do expediente. Esta valoración corresponde á fase do prezo xusto.

2. Con respecto ás alegacións referidas a posibles erros na determinación de servidumes así como na natureza dos terreos afectados, estas tomaranse en consideración cando se proceda ó levantamento de actas de ocupación e incluiranse na correspondente folla de aprecio.

3. En relación ós cambios de titularidade nas parcelas, a empresa beneficiaria tomará razón delas e procederase á tramitación do expediente cos alegantes. Non obstante, durante a fase do levantamento de actas previas á ocupación, á que serán convenientemente notificados, deberán presenta-la documentación acreditativa da dita titularidade.

Cuarto.-No expediente instruído para o efecto cumpríronse os trámites regulamentarios.

Esta dirección xeral, de acordo co que antecede e no exercicio das competencias que ten atribuídas,

RESOLVE:

1. Autoriza-la liña aérea de transporte de enerxía eléctrica a 132 kV subestación Bustelo-subestación Pena da Loba, no termo municipal das Pontes de García Rodríguez (A Coruña).

2. Aproba-lo proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita.

3. Declara-la utilidade pública, en concreto, da instalación eléctrica, o que implica a necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados e implica a urxente ocupación para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa.

Contra a presente resolución, que non é definitiva en vía administrativa, cabe interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Industria e Comercio no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da notificación desta resolución, sen prexuízo de

que os interesados poidan interpoñer calquera outro recurso que estimen pertinente.

Santiago de Compostela, 14 de setembro de 2000.

Ramón Ordás Badía

Director xeral de Industria