Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 189 Xoves, 28 de setembro de 2000 Páx. 13.573

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E POLÍTICA AGROALIMENTARIA

RESOLUCIÓN do 21 de setembro de 2000 pola que se emprazan as partes interesadas no recurso contencioso-administrativo 03/0007995/2000 E.M., interposto por Manuel Bouzas Barbazán en calidade de representante legal de FEPLAC, contra a Orde do 4 de maio de 2000, da Consellería de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria, pola que se convocan axudas para melloras estructurais e modernización das explotacións agrarias.

A Consellería de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria recibiu da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia providencia pola que se admite a trámite o recurso contencioso-administrativo 03/0007995/2000, E.M., interposto por Manuel Bouzas Barbazán en calidade de representante legal de FEPLAC, contra a Orde do 4 de maio de 2000 da Consellería de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria, pola que se convocan axudas para melloras estructurais e modernización das explotacións agrarias.

En consecuencia, esta secretaría xeral acordou nesta data e de conformidade co disposto no artigo 49 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa, a remisión do correspondente expediente á referida sala, o que se notifica para xeral coñecemento de tódalas persoas interesadas no procedemento, e emprázanse para que poidan comparecer como parte nos autos na Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de 9 (nove) días, contados desde o seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 21 de setembro de 2000.

Ángel Bernardo Tahoces

Secretario xeral da Consellería de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria