Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 189 Xoves, 28 de setembro de 2000 Páx. 13.517

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE SANIDADE E SERVICIOS SOCIAIS

ORDE do 22 de setembro de 2000 pola que se dictan normas para garanti-los servicios esenciais referentes á folga convocada polos traballadores do servicio de cociña da empresa concesionaria do Sanatorio de Oza do Complexo Hospitalario Juan Canalejo da Coruña, para os días 29 e 30 de setembro de 2000.

O artigo 28.2º da Constitución española recoñece como dereito fundamental da persoa o dereito á folga.

O exercicio deste dereito na Administración e nas empresas, entidades e institucións públicas ou privadas, que presten servicios públicos ou de recoñecida e inaprazable necesidade, no ámbito e com

petencias da Comunidade Autónoma de Galicia, está condicionado ó mantemento dos servicios esenciais fixados no artigo 2 do Decreto 155/1988, do 9 de xuño (DOG nº 116, do 20 de xuño), entre os que se atopa a sanidade.

O exercicio público da prestación da asistencia sanitaria non se pode ver afectado gravemente polo lexítimo dereito do exercicio de folga, xa que aquel é considerado e recoñecido prioritariamente en relación a este.

O artigo 3 do citado decreto faculta os conselleiros competentes, por razón dos servicios esenciais afectados, para que, mediante orde, e ante cada situación de folga, decidan o mínimo de actividade necesaria para asegura-lo mantemento de tales servicios, así como para determina-lo persoal necesario para a súa prestación.

Convocada folga que afecta ós traballadores do servicio de cociña do Sanatorio de Oza do Complexo Hospitalario Juan Canalejo da Coruña, que se levará a efecto desde as 00 horas do día 29 ás 24 horas do día 30 de setembro de 2000, logo de audiencia ó comité de folga,

DISPOÑO:

Artigo 1º

A folga convocada, que se levará a efecto os días 29 e 30 de setembro, que afecta ós traballadores do servicio de cociña da empresa concesionaria do Sanatorio de Oza, enténdese condicionada ó mantemento dos servicios mínimos necesarios en adecuada correspondencia cos criterios rectores que se explicitan neste artigo.

Os servicios mínimos que se fixan supoñen o 50% do cadro de persoal, suprimíndose a quenda de reforzo, resultando totalmente imprescindibles para mante-la adecuada cobertura do servicio de cociña do citado hospital, para evitar que se produzan graves prexuízos ós usuarios.

Tales mínimos responden á necesidade de compatibiliza-lo respecto ineludible ó exercicio do dereito á folga coa atención ós usuarios que, baixo ningún concepto, poden quedar desasistidos, polas características do servicio dispensado.

Establécense os seguintes servicios mínimos:

-Quenda de tarde: 1 cociñeiro e 2 pinches.

-Quenda de tarde: 1 cociñeiro e 2 pinches.

Artigo 2º

A designación nominal, con carácter rotatorio, do persoal que deberá cubri-lo servicio será determinada pola dirección da empresa concesionaria, procedéndose á súa publicación nos taboleiros de anuncios do centro de traballo.

Artigo 3º

Os prazos e as alteracións no traballo por parte do persoal necesario para o mantemento dos servicios mínimos serán considerados ilegais para os efectos do establecido no artigo 16.1º do Real decreto lei 17/1977, do 4 de marzo (BOE nº 58, do 9 de marzo).

Artigo 4º

O disposto nos artigos anteriores non significará ningún tipo de limitación dos dereitos que a normativa reguladora da folga lle recoñece ó persoal nesta situación, nin tampouco sobre a tramitación e os efectos das peticións que a motiven.

Artigo 5º

Sen prexuízo do que establecen os artigos anteriores, deberanse observa-las normas legais e regulamentarias vixentes en materia de garantías dos usuarios dos centros sanitarios.

Disposición derradeira

Esta orde entrará en vigor o mesmo día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 22 de setembro de 2000.

José Mª Hernández Cochón

Conselleiro de Sanidade e Servicios Sociais