Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 189 Xoves, 28 de setembro de 2000 Páx. 13.517

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 22 de setembro de 2000, da Dirección Xeral de Transportes, pola que se publica o acordo da Xunta de Galicia relativo ó Centro Loxístico de Transportes de Culleredo.

1. O Consello da Xunta adoptou, o día 21 de xullo de 2000, o seguinte acordo:

-Aprobar definitivamente como proxecto sectorial de incidencia supramunicipal o proxecto do Centro

Loxístico de Transportes de Culleredo (CLTC), declarando a utilidade pública e a urxente ocupación, para efectos de expropiación forzosa, dos bens e dereitos necesarios para a súa execución.

-As determinacións contidas no proxecto vincularán o planeamento do concello no que se asentan as súas instalacións.

-De conformidade co disposto na disposición adicional primeira da Lei 10/1995, do 23 de novembro, de ordenación do territorio de Galicia, quedan expresamente cualificadas como de marcado carácter territorial as obras necesarias para a execución do proxecto, sen prexuízo da necesidade da obtención das autorizacións e permisos sectoriais pertinentes como trámite previo á execución das obras.

2. A relación de bens e dereitos susceptibles de expropiación para a execución do dito proxecto atópase á disposición dos interesados na sede do Concello de Culleredo.

3. Contra esta resolución, que é definitiva en vía administrativa, poderá interpoñerse, se é o caso, recurso potestativo de reposición perante o Consello da Xunta de Galicia, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da súa publicación, segundo os artigos 116 e 117 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, ou ben directamente recurso contencioso-administrativo perante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade co establecido nos artigos 10 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ó da súa publicación.

Santiago de Compostela, 22 de setembro de 2000.

Juan Carlos Villarino Tejada

Director xeral de Transportes