Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 188 Mércores, 27 de setembro de 2000 Páx. 13.511

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VERÍN

RESOLUCIÓN do 13 de setembro de 2000 referente á convocatoria de oposición libre para prover un posto de garda da policía local.

Por resolución da alcaldía deste concello, con data do 30-8-2000, aprobouse o sistema de selección, bases e convocatoria para a provisión co carácter definitivo dos seguintes postos de traballo vacantes (oferta de emprego para 2000):

Persoal funcionario.

Posto: un da escala de Administración especial, subescala de servicios especiais. Clase: garda de policía local.

Publicación íntegra das bases e da convocatoria: BOP de Ourense nº 206, do día 7 de setembro de 2000 (inclúense temario e modelo de instancia).

Prazo de presentación de instancias: os vinte días naturais seguintes ó da publicación do extracto da convocatoria no Boletín Oficial del Estado.

Sistema de selección: oposición libre.

Os sucesivos anuncios desta convocatoria publicaranse no BOP e no taboleiro de edictos deste concello.

Verín, 13 de setembro de 2000.

Juan Manuel Jiménez Morán

Alcalde