Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 188 Mércores, 27 de setembro de 2000 Páx. 13.511

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE SADA

ANUNCIO de alleamento, mediante poxa, con procedemento aberto, dun predio municipal.

Por decreto da alcaldía do 30 de agosto de 2000 acordouse o alleamento da parcela Z-6 destinada a equipamento social, resultante do proxecto de compensación da unidade de execución A do Plan parcial do sector residencial de alta densidade en contaco coas Brañas, da que as súas características aparecen determinadas no prego de condicións que conste na secretaría do concello.

Proposicións. Prazo. As proposicións para tomar parte na poxa presentaranse, segundo o modelo que se xunta a este anuncio, en sobre pechado durante o prazo de quince días hábiles, contados a partir do día seguinte ó da publicación do presente anuncio no BOP da Coruña ou DOG téndose en conta para efectos do cómputo a última publicación. No exterior do sobre figurará a inscrición poxa da parcela Z-6 do Plan parcial do sector residencial de alta densidade en contacto coas Brañas.

Garantía provisional. Aval bancario por importe de 600.028 pesetas.

Garantía definitiva. Aval bancario por importe de 1.200.057 pesetas.

Apertura de proposicións. O segundo día hábil seguinte ó da finalización do prazo de presentación, excluídos os sábados, ás doce horas.

A totalidade da documentación relativa ó expediente, incluído o prego de condicións, está á disposición dos interesados na secretaría do concello.

Prezo de saída: 30.001.422 pesetas, máis IVE.

Modelo de proposición.

Don/a....., maior de idade, con DNI número...., con domicilio en....., no seu propio nome (ou en representación de.....), mediante este escrito manifesta:

1. Que desexa participar na poxa para o alleamento dos predios convocado polo Concello de Sada, segundo anuncio publicado no DOG, número....., de data.....

2. Que para tal finalidade, xunta documento acreditativo de ter constituído fianza provisional, por importe de 600.028 pesetas.

3. Que declara baixo xuramento non estar incurso en ningunha causa de incapacidade ou incompatibilidade para contratar, das establecidas na lexislación vixente.

4. Que coñece e acepta na súa integridade o contido do prego de condicións aprobado polo Concello de Sada para rexe-la poxa de que se trata, asumindo expresamente a totalidade das obrigas e compromisos recollidos nese prego.

5. Que ofrece para a adquisición da parcela Z-6, destinada a equipamento social do Plan parcial do

sector residencial de alta densidade en contacto coas Brañas, a cantidade de..... (en letra e número) pesetas.

Sada, 7 de agosto de 2000.

O alcalde

Rubricado