Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 188 Mércores, 27 de setembro de 2000 Páx. 13.511

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VIGO

ANUNCIO da aprobación definitiva do estudio de detalle da parcela entre a avenida de Martínez Garrido e a rúa Portela (expediente 5453/411).

O Pleno do Concello de Vigo, en sesión do día 28 de xullo de 2000, adoptou o seguinte acordo:

Primeiro.-Aprobar definitivamente o estudio de detalle na avda. Martínez Garrido e rúa Portela (expte. 5453/411), presentado por Carmen Rodríguez Fuentes e redactado polo arquitecto José Manuel Quinteiro Crespo, visado COAG con datas do 16 de setembro de 1999 e 28 de xaneiro de 2000.

Segundo.-Someter este acordo á publicación no DOG e BOP con notificación persoal ós interesados segundo o establecido na vixente lexislación urbanística.

Contra o devandito acordo, que pon fin á vía administrativa, poderá interpoñerse recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ó da publicación deste anuncio.

Así mesmo, este anuncio servirá de notificación nos termos previstos no artigo 59 da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común para todos aqueles propietarios que sexan descoñecidos se ignore o lugar de notificación ou, intentada esta, non se puidese practicar.

Vigo, 14 de setembro de 2000.

Lois Pérez Castrillo

Alcalde-presidente da Xerencia Municipal

de Urbanismo