Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 188 Mércores, 27 de setembro de 2000 Páx. 13.509

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE CULLEREDO

ANUNCIO.

O Pleno Municipal, en sesión do día 26 de xullo de 2000, adoptou o seguinte acordo: aprobada inicialmente polo pleno municipal, en sesión do día 8 de xuño de 1999, unha modificación do Plan parcial do polígono industrial de Alvedro, a reserva da corrección de determinadas deficiencias, e sometido o documento a información pública sen que se presentase ningunha alegación.

Corrixidas as deficiencias sinaladas no acordo de aprobación inicial e solicitados os informes sectorais preceptivos de acordo coa Lei de estradas do Estado e a do patrimonio cultural de Galicia introducíndose no documento unha modificación derivada do primeiro dos informes indicados.

Emitido pola Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda en sentido favorable o informe previsto no art. 42.5º da Lei do solo de Galicia.

O pleno municipal, por proposta da Comisión Informativa de Urbanismo, acorda:

1. Aprobar con carácter definitivo unha modificación do Plan parcial da área 9 de SUNP (polígono industrial de Alvedro), promovida por Xestur Coruña, S.A. como concesionaria do IGVS para a xestión e execución deste e redactada polo arquitecto Ángel Luis Monteoliva Díaz, que afecta os seguintes aspectos:

-Rectificación do ámbito co obxecto de corrixir unha inexactitude gráfica no documento aprobado.

-Estructura viaria.

-Estructura parcelaria.

-Área de servicios.

-Zonificación.

-Ordenanzas reguladoras.

2. Establecer expresamente a obrigatoriedade de que calquera actuación nas áreas de protección do Castro de Alvedro será obxecto de control arqueolóxico, segundo o informe da Dirección Xeral do Patrimonio Cultural da Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo.

3. Proceder á publicación deste acordo no DOG e no BOP, así como neste último do texto modificado da normativa e ordenanzas.

4. Comunica-la aprobación á Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda e darlle traslado dunha copia autenticada do expediente administrativo completo e de dous exemplares do documento aprobado definitivamente dilixenciados pola secretaría do concello.

5. O presente acordo esgota a vía administrativa e contra el poderá interpoñerse, potestativamente recurso de reposición perante o mesmo órgano que o adoptou no prazo dun mes ou impugnarse directamente ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses, computados, ámbolos dous prazos, a partir da súa publicación.

A interposición do recurso de reposición impide a impugnación en vía contencioso-administrativa mentres non se dicte resolución, que deberá notificarse no prazo dun mes desde a súa interposición. Neste caso, o prazo de interposición do recurso contencioso-administrativo será de dous meses ou de seis meses, respectivamente, contados desde o día seguinte ó da notificación da resolución expresa do recurso de reposición ou desde que este deba entenderse presuntamente desestimado.

Todo iso de conformidade cos arts. 116 e 117 da Lei 30/1992, de RXAP e PAC, modificada pola Lei 4/1999 e art. 46.1º e 3º da Lei da XCA.

Culleredo, 28 de xullo de 2000.

Julio Sacristán de Diego

Alcalde