Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 188 Mércores, 27 de setembro de 2000 Páx. 13.509

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE BERGONDO

ANUNCIO.

O Pleno da Corporación, en sesión do día 1 de agosto de 2000, acordou aprobar definitivamente o estudio de detalle para a fixación de novas aliñacións e rasantes e ordenaciónde volume, dun predio sito na estrada Ferrol-Senra, parroquia de Bergondo, promovido por Antonio García Varela, en representación de García Bujía, S.L.

Contra este acordo, que pon fin á vía administrativa, poderá interpoñer recurso contencioso-administrativo perante o Xulgado ou Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia; de conformidade cos artigos 8, 9 e 10 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ó da publicación deste acordo. Previa e potestativamente, poderase interpoñer recurso de reposición ante o órgano que dictou o acordo, de conformidade co artigo 116 de Lei 30/1992, no prazo dun mes, contado desde o día seguinte ó da devandita publicación.

Tamén poderá interpoñe-lo recurso extraordinario de revisión cando concorra algunha das circunstancias previstas no artigo 118 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, pola que se aproba o réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, nos prazos establecidos no punto 2º do mesmo artigo 118. Todo isto, sen prexuízo do dereito dos interesados a formula-la solicitude e a instancia a que se refiren os artigos 102.1º e 102.2º da devandita lei.

Bergondo, 10 de agosto de 2000.

José Fernández Ramos

Alcalde-presidente