Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 188 Mércores, 27 de setembro de 2000 Páx. 13.508

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

CÉDULA do 4 de setembro de 2000, da Xerencia do Complexo Hospitalario Juan Canalejo-Marítimo Oza da Coruña, pola que se lles notifica ás persoas relacionadas os prazos de ingreso en período voluntario e executivo, por servicios sanitarios prestados neste centro.

Por esta cédula, e debido a que os debedores comprendidos na relación que se insire a continuación non puideron ser atopados nos domicilios que figuran nos rexistros deste centro ou se alegaron distintas causas para non recibi-las notificacións polas persoas que a lexislación autoriza para facerse cargo delas, comunícase que:

Deberán ingresa-lo importe da débeda na conta bancaria 00460101610040119748 do Banco Gallego, sucursal 0101, rúa Concepción Arenal nº 19, da Coruña, nos prazos sinalados no artigo 20 do Real decreto 1684/1990, do 20 de decembro, polo que se aproba o Regulamento xeral de recadación (RXR).

Se se realiza o ingreso unha vez transcorridos os prazos establecidos no dito artigo 20 do RXR, esixiranse os correspondentes xuros de demora (artigo 21 de la Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia).

Transcorridos 6 meses desde a finalización sen que se producise o cobramento, iniciarase o período executivo.

Contra esta liquidación poderán interpoñer, no prazo de 15 días desde o seguinte ó desta notifi

cación, recurso de reposición perante o órgano emisor, ou reclamación económico-administrativa ante o Tribunal Económico-Administrativo da Comunidade Autónoma.

Para que conste e lle sirva de notificación ó interesado e en cumprimento do disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, de réxime xurídico das adminis

tracións públicas e do procedemento administrativo común, expido, asino e selo esta cédula.

A Coruña, 4 de setembro de 2000.

Jesús Caramés Bouzán

Director xerente do Complexo Hospitalario

Juan Canalejo-Marítimo Oza da Coruña

Suxeito pasivoDNI/NIFConceptoPeríodoDébeda

Veiga de Munno, Gisele263702 nº pasaporteAsistencia sanitaria16-5-200035.840
Veiga de Munno, Gisele263702 nº pasaporteAsistencia sanitaria22-2-200024.840
Canadas, Josephine035211525 nº pasaporteAsistencia sanitaria11-3-200035.840
Panozzo, Roberto2284247 nº pasaporteAsistencia sanitaria5-2-200024.840
Holyn Arenas, Paula Andrea25173851 nº pasaporteAsistencia sanitaria29-3-200035.840
Contreras de Moxa, Alba18813346 nº pasaporteAsistencia sanitaria16/17-2-200075.452
Lineros Cotarelo, Feliciano76410079Asistencia sanitaria1998-2000109.849
Barreto Becerra, Luis Miguel9606951 nº pasaporteAsistencia sanitaria22-2-200024.840