Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 188 Mércores, 27 de setembro de 2000 Páx. 13.494

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO DOUS DE CORCUBIÓN

EDICTO (209/1998).

José Furelos León, secretario do Xulgado de Primeira Instancia número dous dos de Corcubión e o seu partido, fai saber que neste xulgado e co número 209/1998, se tramita procedemento xudicial sumario que regula o artigo 131 da Lei hipotecaria, promovido por AVC Trust, sucursal en España, representado polo procurador Sr. Leis Rial, contra Manuel Sendón Vigo e Teresa García Rodríguez, para a efectividade dun préstamo con garantía hipotecaria, e por resolución desta data se acordou proceder á poxa do predio hipotecado, sinalándose para o dito acto, que terá lugar na sala de audiencia deste xulgado, o día vinte de novembro ás once horas, previndo os licitadores:

1. Que servirá de tipo o valor asignado na escritura de hipoteca, que é de 31.800.000 pesetas (trinta e un millóns oitocentas mil pesetas), non admitíndose ofertas inferiores.

2. Que deberán consignar unha cantidade non inferior ó 20% dese tipo, requisito sen o cal non serán admitidas as súas ofertas.

3. Que poderán facerse en calidade de cederlle-lo remate a un terceiro.

4. E que os autos e a certificación do rexistro a que se contrae a regra 4ª, están de manifesto na secretaría, que se entenderá que todo licitador acepta como bastante a titulación, e que as cargas e gravames anteriores e os preferentes, se os houber, ó crédito do demandante, continuarán subsistentes, e entenderase que o rematante os acepta e que queda subrogado na súa responsabilidade, sen destinarse á súa extinción o prezo do remate. Faise saber igualmente que, desde o momento do anuncio da poxa ata a súa realización, se poderan facer ofertas por escrito en prego pechado, depositando na mesa do xulgado, xunto a aquel, o importe da consignación ou xuntando o xustificante de telo feito no establecemento destinado para o efecto.

5. En prevención de que non houbese ofertantes para a primeira poxa e sen prexuízo do dereito do acredor de pedir dentro do termo legal a adxudicación en pagamento do seu crédito, acórdase sinalar segunda poxa para a que servirá de tipo o 75% da primeira, polo termo de vinte días e para a cal se sinala o día vinte de decembro ás once horas, no mesmo lugar e coas mesmas prevencións sinaladas anteriormente, e para o suposto de que non houbese ofertantes para a segunda, acórdase sinalar para terceira poxa, sen suxeición a tipo, polo termo de vinte días e iguais prevencións cás anteriores, o día vintedous de xaneiro de 2001, ás once horas, no mesmo lugar.

6. En prevención de que, por causas de forza maior non puidesen realizarse as poxas no día e horas indicados, entenderanse prorrogados estes sinalamentos para a mesma hora do seguinte día hábil.

7. Faise constar que, en calquera caso, este edicto servirá de notificación á parte executada, en cumprimento do disposto no último parágrafo da regra 7ª do artigo 131 da Lei hipotecaria.

Predio obxeto da poxa.

Predio número trescentos sesenta do plan xeral de concentración parcelaria do Val de San Xoán de Sardiñeiro, concello de Fisterra, terreo dedicado a labradío e prado, no lugar de Hortas de Cancela, que linda: norte, zona excluída e camiño; sur, camiño; leste, Ricardo Canosa Traba; e oeste, camiño.

Superficie: noventa e oito áreas.

Na parte norte hai un lavadeiro público, tal e como se reflicte no plano de parcelaria. Neste predio hai unha casa destinada a vivenda unifamliar, composta de planta baixa libre, duns cento vinte metros cadrados, debido ós aleiros e aproveitamento baixo cuberta, dunha superficie de oitenta e cinco metros cadrados. Linda esta edificación, por tódolos seus ventos, co predio na que está situada. Referencia catastral: 001402700 MH75 F0001 GD.

Inscrito no Rexistro da Propiedade de Corcubión, no tomo 697, libro 76, folio 157, predio 7720.

E para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia, para os efectos establecidos, expídese este edicto en Corcubión o trinta e un de xullo de dous mil.

Rubricado