Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 188 Mércores, 27 de setembro de 2000 Páx. 13.495

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO SEIS DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

CÉDULA de notificación de sentencia (108/2000).

No procedemento de referencia dictouse a resolución do teor literal seguinte:

Sentencia.

Procedemento: separación contenciosa 108/2000.

En Santiago de Compostela, cinco de setembro de dous mil.

José Gómez Rey, maxistrado-xuíz de primeira instancia número seis de Santiago de Compostela e o seu partido, vistos estes autos de separación contenciosa 108/2000, seguidos neste xulgado, entre partes, dunha, como demandante, Marina-María Pérez Treviño, co procurador Raniero Fernández Pérez e doutra, como demandado, Francisco Valeiras Sánchez.

Resolución.

Decreto a separación xudicial dos cónxuxes litigantes Marina María Pérez Treviño e Francisco Valeiras Sánchez, coas consecuencias legais inherentes a este pronunciamento. Atribúeselle á esposa o uso do domicilio conxugal, sito na rúa León de Caracas nº 8, piso 4º esquerda, de Santiago de Compostela. Non procede recoñecer a prol da esposa o seu dereito a percibir unha pensión compensatoria.

Todo isto sen facer expresa imposición das custas procesuais.

En canto sexa firme esta resolución, comuníquese de oficio ó Rexistro Civil de Santiago de Compostela, onde consta inscrito o matrimonio dos litigantes e o nacemento dos fillos.

Notifíqueselles esta resolución en forma legal ás partes, ás que se lles advirte de que contra ela cabe interpor recurso de apelación para ante a audiencia provincial, dentro dos cinco días seguintes ó da súa notificación.

Así, por esta miña sentencia, xulgando definitivamente na instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo.

E, como consecuencia do ignorado paradoiro de Francisco Valeiras Sánchez, esténdese esta cédula para que sirva de notificación.

Santiago de Compostela, 5 de setembro de 2000.

O/A secretario/a

Rubricado