Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 188 Mércores, 27 de setembro de 2000 Páx. 13.493

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 6 de setembro de 2000 pola que se resolve o concurso de méritos para cubrir postos de asesores e/ou asesoras especialistas no Servicio de Formación do Profesorado.

Por Orde do 27 de marzo de 2000 (DOG do 4 de abril) convocábase concurso de méritos para cubrir postos de asesores e/ou asesoras especialistas no Servicio de Formación do Profesorado. Unha vez cumpridos os requisitos legais e transcorridos os prazos establecidos pola resolución provisional para reclamacións, e de acordo coa proposta efectuada pola comisión de selección prevista no punto 1º do artigo 6 da citada orde, a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria

DISPÓN:

Primeiro.-Nomear, en réxime de comisión de servicios, para cubri-las prazas indicadas, os funcionarios e funcionarias docentes que se relacionan no anexo I desta orde.

Segundo.-Esta comisión de servicios será polo período que se especifica no artigo 11, punto 2º, da orde de convocatoria.

Terceiro.-Declarar vacantes as prazas que figuran no anexo II.

Cuarto.-Os funcionarios e funcionarias docentes seleccionados por esta orde quedarán adscritos ós postos adxudicados a partir do 1 de setembro de 2000.

Quinto.-Contra esta orde, que esgota a vía administrativa, os interesados poderán interpoñer recurso potestativo de reposición perante o conselleiro de Educación e Ordenación Univesritaria no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ó da súa publicación no DOG, segundo o disposto nos artigos 116 e 117 da Lei 4/1999 (BOE do 14 de xaneiro) de modificación da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, ou ben directamente o recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses, perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

Santiago de Compostela, 6 de setembro de 2000.

Celso Currás Fernández

Conselleiro de Educación e Ordenación

Universitaria

ANEXO I

Postos de asesores e/ou asesoras especialistas

no Servicio de Formación do Profesorado

Concursante seleccionadoAsesoría adxudicada

Yürss Arruga, Juan CarlosBioloxía e xeoloxía

Ónega Carrera, José-VíctorEducación física

Taboada Fernández, LourdesEducación infantil

Feáns Landeira, JoséLatín, grego e cultura clásica

Valcárcel López, XesúsLingua e literatura galega

Concursante seleccionadoAsesoría adxudicada

Ares Fandiño, Mª LuzLingua inglesa

Dopico Rodríguez, Mª JoséLingua inglesa

Álvarez Agudo, DomingoOrientación

García Villasenín, Manuel-J.Relixión

ANEXO II

Vacantes de asesores e/ou asesoras especialistas

no Servicio de Formación do Profesorado

Asesoría deNº prazas

Debuxo e educación plástica e visual1

Educación primaria1

Filosofía1

Ciencias sociais, xeografía e historia1

Física e química1

Lingua castelá e literatura1

Lingua francesa1

Matemáticas1

Música e danza1

Tecnoloxía1