Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 188 Mércores, 27 de setembro de 2000 Páx. 13.493

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 6 de setembro de 2000 pola que se resolve o concurso de méritos para cubrir postos de directores ou directoras dos centros de formación e recursos.

Por Orde do 27 de marzo de 2000 (DOG do 4 de abril) convocábase concurso de méritos para cubrir postos de directores ou directoras dos centros de formación e recursos. Unha vez cumpridos os requisitos legais e transcorridos os prazos establecidos pola resolución provisional para reclamacións, e de acordo coa proposta efectuada pola comisión de selección prevista no punto 1º do artigo 6 da citada orde, a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria

DISPÓN:

Primeiro.-Nomear, en réxime de comisión de servicios e polo período de tres anos para cubri-los postos indicados na devandita orde de convocatoria, os funcionarios docentes que se relacionan no anexo desta orde.

Segundo.-Os funcionarios docentes seleccionados por esta orde quedarán adscritos ós postos adxudicados a partir do 1 de setembro de 2000.

Terceiro.-De conformidade co punto 2º do artigo 10 do Decreto 245/1999, do 29 de xullo (DOG do 1 de setembro), o director ou directora do centro de formación e recursos poderá cesar nas súas funcións por calquera das causas alí sinaladas.

Cuarto.-Contra esta orde, que esgota a vía administrativa, os interesados poderán interpoñer recurso potestativo de reposición perante o conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ó da súa publicación no DOG, segundo o disposto nos artigos 116 e 117 da Lei 4/1999 (BOE do 14 de xaneiro) de modificación da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, ou ben directamente o recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses, perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

Santiago de Compostela, 6 de setembro de 2000.

Celso Currás Fernández

Conselleiro de Educación e Ordenación

Universitaria

ANEXO

Postos de directores ou directoras dos centros

de formación e recursos

CentroNome e apelidos

A CoruñaCelestino Pérez Recarey
FerrolXosé Ramos Rodríguez
Santiago de CompostelaGonzalo Anaya García
LugoÁngel Rodríguez Sánchez
OurenseJosé Lage Rodríguez
PontevedraFrancisco Lozano Varela
VigoMargarita Pérez Froiz