Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 187 Martes, 26 de setembro de 2000 Páx. 13.433

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO

CÉDULA do 30 de agosto de 2000 pola que se lle notifica a Josefa Méndez Pereira a resolución do director xeral do Instituto Galego da Vivenda e Solo pola que se acorda a resolución de pleno dereito do contrato da súa vivenda (expediente C 82010, conta 5).

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico

das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, intentada a notificación no domicilio da interesada (Fonte do Piñeiro, portal D, 3º esquerda do polígono de Esteiro de Ferrol), sen que se puidese practicar, notifícaselle a Josefa Méndez Pereira a resolución do director xeral do IGVS do 20 de xuño de 2000, pola que se acorda a resolución de pleno dereito do contrato relativo á vivenda de protección oficial da que é adxudicatario, recaída no procedemento de desafiuzamento administrativo por falta de pagamento.

Contra a citada resolución que non é definitiva na vía administrativa cabe interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da presente notificación, conforme o que establecen os artigos 107, 114 e 115 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada por Lei 4/1999, do 13 de xaneiro.

De conformidade co disposto no artigo 58.2º da Lei 30/1992, modificada por Lei 4/1999, transcríbese o texto íntegro da dita resolución:

«Expediente de desafiuzamento administrativo.

Resolución.

Visto o expediente de desafiuzamento administrativo seguido contra Josefa Méndez Pereira, beneficiaria da vivenda obxecto da presente resolución, situada na rúa Fonte do Piñeiro, portal D, 3º esquerda, no polígono de Esteiro, en Ferrol (A Coruña) correspondente ó:

Expediente: C 82010, conta 5, por incumprimento do contrato en canto á falta de pagamento das cotas, con infracción do réxime que regula as vivendas de protección oficial de promoción pública.

Tendo en conta os seguintes feitos:

1. Que a entidade colaboradora na xestión e recadación de vivendas da Xunta de Galicia emite certificado no que se comproba a falta de pagamento dos recibos pendentes por un importe total que ascende a 984.101 ptas., a data 29 de xaneiro de 1999.

2. Que requirida por carta certificada con xustificante de recepción, que se atopa incorporada ó expediente, para que no prazo de dez días efectuase o pagamento das cantidades debidas nesa data; o dito requirimento non foi recibido, polo que se procedeu á súa notificación conforme o establecido no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, non sendo atendido.

3. O 6 de xuño de 2000, a débeda ascende a 1.108.915 ptas., por non-pagamento dos recibos de aluguer da vivenda referenciada, correspondentes ós meses de decembro de 1996 a xuño de 2000.

Fundamentos de dereito.

1. É competente para a resolución do presente expediente o director xeral do Instituto Galego da Vivenda e Solo, de acordo co disposto no Decreto 70/1997, de estructura orgánica deste organismo, modificado por Decreto 258/1999, do 17 de setembro.

2. Os feitos denunciados constitúen causa legal suficiente de resolución de contrato, desafiuzamento e lanzamento da vivenda.

3. Na tramitación do expediente observáronse as normas vixentes contidas nos artigos 138 a 144 do Regulamento de VPO, Decreto 2114/1968, do 24

de xullo, artigo 30 do texto refundido de VPO, Real decreto 2960/1976, do 12 de novembro, artigos 58, 59 e 96.3º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, artigo 91.2º da Lei orgánica do poder xudicial, e artigo 8.5º da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa.

Vistos os preceptos legais invocados e demais normas de aplicación xeral,

RESOLVO:

1. Acorda-la resolución de pleno dereito do contrato e o lanzamento da vivenda, que levará a cabo o funcionario do IGVS que se designe e o representante da entidade colaboradora Hnos. Alonso Garrán, S.L. que se designe, con credencial para o efecto subscrita e asinada polo director xeral do Instituto Galego da Vivenda e Solo e coa preceptiva autorización xudicial para a entrada no domicilio de particulares na execución forzosa de actos da administración, incorporada ó expediente e co auxilio das Forzas de Seguridade do Estado, autonómicas ou locais.

Advírteselle á interesada, que de conformidade co establecido no Regulamento de VPO, poderá evita-lo lanzamento aboando o total da débeda coa recarga do 10% no prazo de quince días hábiles a partir do seguinte a aquel en que teña lugar a notificación ou publicación, e achegando xustificante de atoparse ó corrente coa comunidade de propietarios.

2. A resolución en firme do contrato comportará a prohibición para contratar coa Administración nos termos previstos no artigo 20 c) da Lei 13/1995, do 18 de maio, de contratos das administracións públicas, modificada pola Lei 53/1999, do 28 de decembro.

Notifíqueselle-la presente resolución ós interesados con expresión dos recursos legais que procedan.

En Santiago de Compostela, o 20 de xuño de 2000. Asdo.: José Antonio Redondo López, director xeral do IGVS».

Santiago de Compostela, 30 de agosto de 2000.

José Antonio Redondo López

Director xeral do Instituto Galego da Vivenda

e Solo