Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 187 Martes, 26 de setembro de 2000 Páx. 13.434

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO

CÉDULA do 1 de setembro de 2000 pola que se lles notifica ós interesados as resolucións acordadas nos expedientes de desafiuzamento que se citan (expediente C 82010, conta 91 e PO 83530, conta 75), das provincias da Coruña e Pontevedra.

De conformidade co disposto nos artigos 59.4º e 60 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime

xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, intentada sen efecto a notificación por dúas veces no domicilio dos interesados notifícanselles ós beneficiarios de vivendas de protección oficial cos datos relacionados no anexo, as resolucións desta dirección polas que se acorda a resolución de pleno dereito dos contratos das vivendas que lles foron adxudicadas, recaída no procedemento de desafiuzamento administrativo tramitado por falta de pagamento, e o lanzamento das vivendas, que se levará a cabo polo funcionario do Instituto Galego da Vivenda e Solo que se designe e polo representante da entidade colaboradora Hnos. Alonso Garrán, S.L. que se designe, con credencial para o efecto subscrita e asinada polo director xeral do IGVS e coa preceptiva autorización xudicial para a entrada no domicilio de particulares na execución forzosa de actos da Administración incorporada ó expediente, e co auxilio das Forzas

de Seguridade do Estado, autonómicas ou locais.

Os feitos indicados constitúen causa suficiente de desafiuzamento conforme o disposto no artigo 30.1º do R.D. 2960/1976, do 12 de novembro, texto refundido da lexislación de vivendas de protección oficial, e no artigo 138.1º do regulamento, aprobado por Decreto 2114/1968, do 24 de xullo.

É competente para resolve-lo expediente o director xeral do IGVS en virtude das facultades previstas na Lei 3/1988, do 27 de abril, de creación do Instituto Galego da Vivenda e Solo e no Decreto 70/1997, de estructura orgánica.

Na tramitación do expediente observáronse as normas vixentes contidas nos artigos 138 e 144 do Regulamento de VPO, Decreto 2114/1968, do 24 de xullo, artigo 30 do texto refundido de VPO, Real decreto 2960/1976, do 12 de novembro, artigos 58, 59 e 96.3º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e procedemento administrativo común, modificada por Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, artigo 91.2º da Lei orgánica do poder xudicial, e artigo 8.5º da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa.

Advírteselles ós interesados que, de conformidade co establecido no Regulamento de VPO, poderán evita-lo lanzamento aboando o total da débeda coa recarga do 10% no prazo de quince días hábiles a partir do seguinte a aquel no que teña lugar a notificación ou publicación, e achegando xustificante de atoparse ó día coa comunidade de propietarios.

A resolución en firme do contrato comportará a prohibición para contratar coa Administración nos termos previstos no artigo 20 c) da Lei 13/1995, do 18 de maio, de contratos das administracións públicas, modificada pola Lei 53/1999, do 28 de decembro.

Contra as citadas resolucións, que non son definitivas na vía administrativa, cabe interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Política Territorial,

Obras Públicas e Vivenda no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da publicación desta cédula, conforme o que establecen os artigos 107, 114 e 115 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada por Lei 4/1999, do 13 de xaneiro.

En Santiago de Compostela o 1 de setembro de 2000.

José Antonio Redondo López

Director xeral do Instituto Galego da Vivenda e Solo

ANEXO

Expediente: C 82010, conta 91.

Réxime de adxudicación: arrendamento.

Adxudicatario: José L. Fuertes Gregorio.

Ultimo domicilio coñecido: Mestre López Dafonte, P-I, 3º esquerda.

Polígono de Esteiro-Ferrol.

Data da resolución: 13-7-2000.

Débeda pendente: 1.398.984 ptas.

Recibos pendentes de pagamento na data de resolución: 12/1986 a 7/2000.

Expediente: PO 83530, conta 75.

Réxime de adxudicación: arrendamento.

Adxudicatario: Ricardo Riobó Álvarez.

Ultimo domicilio coñecido: Rúa da Aguía, nº 2-3º D, Vigo.

Data da resolución: 28-6-2000.

Débeda pendente: 1.890.600 ptas.

Recibos pendentes de pagamento na data da resolución: 7/1988 a 6/2000.