Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 187 Martes, 26 de setembro de 2000 Páx. 13.429

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

RESOLUCIÓN do 7 de setembro de 2000, da Secretaría Xeral da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, pola que se emprazan as partes interesadas no recurso procedemento abreviado número 64/2000 interposto por Juan Ángel Probaos Barral.

Recibida na Consellería de Educación e Ordenación Universitaria do Xulgado do Contencioso-Administrativo número 2 da Coruña a providencia pola que se admite o recurso procedemento abreviado nº 64/2000, interposto por Juan Ángel Probaos Barral, contra resolución do conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria.

En consecuencia, esta secretaría xeral acordou nesta data e de conformidade co disposto no artigo 64 da Lei do 27 de decembro de 1956, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa, modificada pola Lei 10/1992, do 30 de abril, a remisión do correspondente expediente administrativo ó referido xulgado, o que se notifica para xeral coñece

mento a tódalas persoas interesadas no procedemento, e son emprazadas para que poidan comparecer como demandados no recurso no prazo de nove días.

Santiago de Compostela, 7 de setembro de 2000.

Máximo García Serrano

Secretario xeral da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria