Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 187 Martes, 26 de setembro de 2000 Páx. 13.429

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

ANUNCIO do 20 de setembro de 2000, da Dirección Xeral de Urbanismo, polo que se somete a información pública o estudio do impacto ambiental do proxecto sectorial do observatorio astronómico en Monte Faro.

En cumprimento do disposto no artigo 5 do Decreto 442/1990, do 13 de setembro, de avaliación do impacto ambiental (DOG nº 188, do 25 de setembro), sométese a información pública o estudio do impacto ambiental do proxecto sectorial do observatorio astronómico en Monte Faro polo prazo de 30 días contados a partir do día seguinte ó de publicación deste anuncio, durante o que poderá ser examinado en horario de oficina nas dependencias da Dirección Xeral de Urbanismo (sita no edificio administrativo de San Caetano, en Santiago de Compostela), podendo presentar calquera persoa, no prazo indicado, os escritos de alegacións que estimen oportunos.

Santiago de Compostela, 20 de setembro de 2000.

José Jesús Cudeiro Mazaira

Director xeral de Urbanismo