Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 187 Martes, 26 de setembro de 2000 Páx. 13.428

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 13 de setembro de 2000 pola que somete a información pública o proxecto de construcción e o estudio de efectos ambientais da nova ponte sobre o río Umia en Baión (Vilanova de Arousa e Meis). (Clave PO/00/80.3).

Aprobado por resolución da Dirección Xeral de Obras Públicas da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, da Xunta de Galicia, de data 7 de xullo de 2000, o proxecto de construcción da nova ponte sobre o río Umia en Baión (Vilanova de Arousa e Meis). Clave: PO/00/80.3, sométese ó trámite de información pública, durante un período de trinta días hábiles, a partir da publicación deste

anuncio no Boletín Oficial del Estado, para o fin de que as persoas que o estimen oportuno poidan formular por escrito ante o Servicio Provincial de Estradas de Pontevedra as observacións que crean convenientes, de acordo co establecido no artigo 15.1º da Lei 4/1994, do 14 de setembro, de estradas de Galicia, sinalándose que o citado proxecto de construcción se pode examinar durante o dito período, en horas hábiles de oficina, na Dirección Xeral de Obras Públicas, no Servicio Provincial de Estradas de Pontevedra e nos concellos afectados.

Así mesmo, sométese ó trámite de información pública o estudio de efectos ambientais do mencionado proxecto de construcción durante o período de vinte días hábiles, a partir da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, segundo o disposto na Lei 1/1995, do 2 de xaneiro, de protección

ambiental de Galicia e no Decreto 327/1991, do 4 de outubro, de sometemento a declaración de efectos ambientais; estando a exposición ó público para este efecto na Delegación Provincial da Consellería de Medio Ambiente de Pontevedra e nos concellos afectados.

Santiago de Compostela, 13 de setembro de 2000.

Gerardo Pallares Sánchez

Subdirector xeral de Estradas