Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 187 Martes, 26 de setembro de 2000 Páx. 13.429

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 8 de setembro de 2000, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se notifica a presentación do permiso de investigación Rosende, nos concellos de Silleda e Lalín, da provincia de Pontevedra, por parte de Hormigones Galicia, S.A.

A Delegación Provincial da Consellería de Industria e Comercio de Pontevedra, fai saber que Hormigones de Galicia, S.A., con domicilio en r/ Argüelles, Oviedo, presentou nesta delegación provincial, o día 25 de abril de 2000, instancia-solicitude do permiso de investigación Rosende, de 9 cuadrículas mineiras para recursos de sección C), que se sitúa nos termos municipais de Silleda e Lalín, da provincia de Pontevedra, e que lle correspondeu o nº 2854, da provincia de Pontevedra.

A designación do terreo é a seguinte:

VérticeLonxitudeLatitude

18º12'20''42º43'20''

28º12'20''42º42'20''

38º13'20''42º42'20''

48º13'20''42º43'20''

A solicitude foi admitida definitivamente, salvo mellor dereito e sen prexuízo de terceiros.

O que se fai público para que calquera que se considere interesado, interpoña a súa reclamación no prazo de quince días hábiles, ante esta delegación provincial; pasado o dito prazo non se admitirá oposición ningunha.

Pontevedra, 8 de setembro de 2000.

P.D. (Resolución 27-2-2000)

Mª del Carmen Girón Daviña

Delegada provincial de Pontevedra