Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 187 Martes, 26 de setembro de 2000 Páx. 13.413

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 6 de setembro de 2000, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se lle dá publicidade á corrección de erros nas listas reguladas no Decreto 1989/97, do 10 de abril, relativas á categoría 61 do grupo III (oficial de laboratorio e outros) (lista B) publicada por Resolución do 7 de xuño de 2000 (Diario Oficial de Galicia número 119, do 20 de xuño).

Advertidos erros materiais nas listas reguladas no Decreto 89/1997, do 10 de abril, relativas á categoría 61 do grupo III (oficial de laboratorio e outros) (lista B) publicada por Resolución do 7 de xuño de 2000 (Diario Oficial de Galicia nº 119, do 20 de xuño), esta dirección xeral, en aplicación do establecido no artigo 105.2º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común,

RESOLVE:

Publica-la rectificación dos erros materiais indicadas no sentido de:

Incluír a María Consolación Míguez Vázquez, con DNI nº 32.421.986 no ámbito xeográfico D1500 co número de orde 17, cunha puntuación de 5,750 puntos.

En consecuencia, varíase correlativamente a orde de prelación dos solicitantes posteriores na lista correspondente.

Santiago de Compostela, 6 de setembro de 2000.

Joaquín López-Rúa Soler

Director xeral da Función Pública