Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 187 Martes, 26 de setembro de 2000 Páx. 13.413

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 6 de setembro de 2000, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se lle dá publicidade á corrección de erros nas listas reguladas no Decreto 89/1997, do 10 de abril, relativas á categoría 6 do grupo III (xefe/a de servicios técnicos) (lista B) publicada por Resolución do 14 de xullo de 2000 (Diario Oficial de Galicia número 143, do 24 de xullo) e á categoría 60 do grupo III (auxiliar técnico/a de obras e outros) (lista B) publicada por Resolución do 21 de xullo de 2000 (Diario Oficial de Galicia número 151, do 4 de agosto).

Advertidos erros materiais nas listas reguladas no Decreto 89/1997, do 10 de abril, relativas á categoría 6 do grupo III (xefe/a de servicios técnicos) (lista B) publicada por resolución do 14 de xullo de 2000 (Diario Oficial de Galicia nº 143, do 24 de xullo) e á categoría 60 do grupo III (auxiliar técnico/a de obras e outros) (lista B) publicada por Resolución do 21 de xullo de 2000 (Diario Oficial de Galicia nº 151, do 4 de agosto), esta dirección xeral en aplicación do establecido no artigo 105.2º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

RESOLVE:

Publica-la rectificación dos erros materiais indicadas no sentido de:

Incluír a David Rodríguez Mosquera, con DNI nº 34.398.788 no ámbito xeográfico D0000 co número de orde 29 e no ámbito xeográfico D1500 co número de orde 27, en todos eles cunha puntuación de 0,750 puntos, na categoría 6 do grupo III (xefe/a de servicios técnicos).

Incluír a David Rodríguez Mosquera, con DNI nº 34.398.788 no ámbito xeográfico D1500 co número de orde 6, cunha puntuación de 1,250 puntos, na categoría 60 do grupo III (auxiliar técnico/a de obras e outros).

En consecuencia, varíase correlativamente a orde de prelación dos solicitantes posteriores na lista correspondente.

Santiago de Compostela, 6 de setembro de 2000.

Joaquín López-Rúa Soler

Director xeral da Función Pública