Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 187 Martes, 26 de setembro de 2000 Páx. 13.412

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

INSTITUTO GALEGO DE PROMOCIÓN ECONÓMICA

CORRECCIÓN de erros.-Resolución do 19 de xullo de 2000 pola que se publicitan as bases da convocatoria de axudas para a mellora da competitividade das empresas galegas (Pimega), aprobadas por acordo do Consello de Dirección do Instituto Galego de Promoción Económica e se convocan para o ano 2000.

Advertidos erros no texto da citada resolución, publicada no DOG nº 159, do 17 de agosto de 2000, cómpre efectua-las seguintes correccións:

-Na páxina 12.008, base cuarta, punto 2, letra B), deberá engadirse ó final do dito parágrafo o seguinte texto:

«...; así como a memoria da implantación, parcial ou total, sobre a que se solicita a subvención, con expresión dos criterios de adxudicación contidos na base quinta número 2. e desagregación de custos e gastos sobre os que se solicita a axuda».

-Na páxina 12.012, ANEXO I, Información descritiva preliminar proxecto Pimega, débese eliminar todo o contido del.

-Na páxina 12.013, onde di: «ANEXO I (continuación)», debe dicir: «ANEXO I».