Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 187 Martes, 26 de setembro de 2000 Páx. 13.413

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 7 de setembro de 2000, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se lle dá publicidade á modificación das listas para a cobertura con carácter temporal de postos de traballo reservados a persoal laboral, publicadas por Resolución do 7 de xuño de 2000, correspondentes á categoría 27 (coordinador/a de actividades externas) (lista B) do grupo I.

O conselleiro da Presidencia e Administración Pública dictou con data do 7 de setembro de 2000 resolución estimatoria do recurso formulado por Gema Baños Rodríguez, contra a Resolución do 7 de xuño de 2000, pola que se fan públicas as listas definitivas para a cobertura con carácter temporal de postos de traballo reservados a persoal laboral, reguladas no Decreto 89/1997, do 10 de abril, correspondentes á categoría 27 (coordinador/a de actividades externas) (lista B) do grupo I.

Dado que o carácter das resolucións é estimatorio da petición do interesados, procede dárlle-la debida publicidade ás modificacións provocadas por estas, nas listas publicadas por Resolución do 7 de xuño

de 2000, no sentido de que deben figurar na lista para a cobertura con carácter temporal de postos correspondentes á categoría 27 (coordinador/a de actividades externas) (lista B) do grupo I, cos datos seguintes:

Gema Baños Rodríguez, DNI: 34.943.284, lista B, puntuación: 3.15 puntos.

No posto número 2 para o ámbito U0000

En consecuencia, varíase correlativamente a orde de prelación dos solicitantes posteriores incluídos na lista correspondente.

A presente resolución non afecta ás modificacións e/ou exclusións producidas como consecuencia da propia xestión das listas.

Contra a presente resolución, que pon fin á vía administrativa, os interesados poderán interpoñer, con carácter potestativo, recurso de reposición ante o conselleiro da Presidencia e Administración Pública no prazo dun mes contado desde o día seguinte ó da publicación da presente resolución, ou, directamente, o recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ó da súa publicación, perante o Xulgado do Contencioso-Administrativo da Coruña, conforme ó artigo 14.2º da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 7 de setembro de 2000.

Joaquín López-Rúa Soler

Director xeral da Función Pública