Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 186 Luns, 25 de setembro de 2000 Páx. 13.366

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE SAMOS

ANUNCIO.

Aprobado pola Comisión de Goberno deste concello, en sesión do día 1 de setembro do ano en curso, o prego de cláusulas administrativas particulares que rexerá na contratación por concurso das obras de iluminación pública en Portela, Parada, Romelle, A Ponte, Vilela, Paredes e Formigueiros, exponse ó público na secretaría deste concello, polo prazo de oito días, contados a partir do seguinte ó da última publicación deste anuncio no BOP ou no Diario Oficial de Galicia, para efectos de exame e reclamacións.

Simultaneamente, anúnciase a contratación da dita obra, se ben no suposto de presentaren reclamacións contra o prego de cláusulas, o concurso aprazarase cando resulte necesario, ata que sexan resoltas pola propia corporación.

1. Entidade adxudicadora.

a) Concello de Samos.

b) Dependencia que tramita o expediente: secretaría.

2. Obxecto do contrato.

a) Iluminación pública en Portela, Parada, Romelle, A Ponte, Vilela, Paredes e Formigueiros.

b) Lugar de execución: Municipio de Samos.

c) Prazo de execución: dous meses.

3. Orzamento base de licitación, importe total: 5.000.000 de pesetas, IVE incluído.

4. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

5. Garantías.

a) Provisional: 100.000 ptas.

b) Definitiva: 4% do importe de adxudicación.

6. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Concello de Samos.

b) Domicilio: praza de España, nº 1.

c) Localidade e código postal: Samos 27620.

d) Teléfono: 982 54 60 02.

7. Requisitos específicos do contratista.

Clasificación: grupo I, subgrupo 9, categoría c.

8. Presentación de ofertas.

a) Fecha límite de presentación: trece días naturais, contados a partir do seguinte ó da publicación do anuncio no BOP e no Diario Oficial de Galicia, tomando como día para o comezo do prazo o seguinte ó da última publicación.

b) Documentación que hai que presentar: a esixida na cláusula 9 do prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación: Concello de Samos. Praza de España nº 1.

9. Apertura de ofertas: no salón de sesións deste concello, ás doce horas do primeiro día hábil seguinte ó da finalización do prazo de presentación de proposicións, agás sábado, que será o hábil seguinte.

10. Criterios de adxudicación.

-Ter executadas obras da mesma natureza para o concello contratante, acreditándose a súa boa execución mediante certificado da súa dirección facultativa, ata oito puntos.

-Unidades de obra adicional valoradas a prezos de execución material e a súa determinación fixarase pola dirección facultativa, ata seis puntos.

-Menor prazo de execución das obras, ata catro puntos.

-Menor prezo ofertado, ata dous puntos.

11. Gastos por conta do adxudicatario.

a) Os anuncios que xeren o concurso e os preparatorios e de formalización do contrato.

b) Os tributos estatais, municipais e autonómicos que deriven do contrato.

c) Asumi-lo pagamento do IVE que se entenderá incluído dentro do prezo de adxudicación.

d) Os de formalización pública do contrato de adxudicación.

e) Os honorarios da dirección facultativa da obra.

Samos, 1 de setembro de 2000.

Carlos R. Belón Ares

Alcalde