Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 186 Luns, 25 de setembro de 2000 Páx. 13.367

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE LUGO

ANUNCIO de contratación.

Por medio da presente resolución convócase concurso para a contratación das seguintes obras e conforme as características que se sinalan a seguir:

ObraOrzamento da contrataPrazo de execuciónClasific.

esixida

Nº 24/P.O.L. 2000, Palas de Rei. Abastecemento de auga á parte alta da vila de Palas de Rei 10.500.0006 mesesNon se esixe

Nº 25/P.O.L. 2000, Páramo. Abastecemento de auga a San Vicente Adai 10.000.0006 mesesNon se esixe

Nº 30/P.O.L. 2000, Ribadeo. Abastecemento de auga a Piñeiro 11.679.5646 mesesNon se esixe

Nº 61/P.O.L. 2000, Quiroga. Dotación de saneamento, depuración e abastecemento ós núcleos de Lamas, Quiroga, Hospital, Ermida 10.000.0006 mesesNon se esixe

ObraOrzamento da contrataPrazo de execuciónClasific.

esixida

Nº 62/P.O.L. 2000, Riotorto. Saneamento, depuración en Teixeiro, Muxueira, Meilán, Santalla, Cima de Vila 10.000.0006 mesesNon se esixe

Nº 69/P.O.L. 2000, Muras. Renovación do contorno da área recreativa de Muras 10.000.0003 mesesNon se esixe

Características:

1. Entidade adxudicadora.

a) Deputación de Lugo.

b) Dependencia: Servicio de Plans e Contratación.

2. Obxecto do contrato.

A execución das obras sinaladas ó comezo do anuncio.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Orzamento base de licitación.

O que se sinala ó comezo do anuncio.

5. Garantías.

a) Provisional: o 2% sobre o orzamento do contrato.

b) Definitiva: o 4% sobre o mesmo orzamento.

Ámbalas dúas fianzas deberán constituírse na Tesourería provincial.

6. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Deputación de Lugo.

b) Domicilio: r/ San Marcos, s/n.

c) Localidade e código postal: Lugo, 27001.

d) Teléfono: 982 25 10 42.

e) Fax: 982 25 10 42.

f) Data límite de obtención da documentación: ata o día anterior ó remate do prazo de presentación.

7. Requisitos específicos do contratista.

Clasificación: a que se indica no encabezado (de ser esixible).

8. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación.

a) Data límite de presentación: 13 días naturais contados desde o día seguinte ó da publicación do presente edicto no Diario Oficial de Galicia; se o último día coincide en domingo ou festivo, o día seguinte.

b) Documentación que hai que presentar: a sinalada no prego de condicións baixo a rúbrica: «Contido de proposicións».

c) Lugar de presentación: rexistro xeral, de 10 a 14 horas.

-Entidade: deputación.

-Domicilio: r/ San Marcos, s/n.

-Localidade e código postal: Lugo, 27001.

d) Prazo durante o cal o licitador está obrigado a mante-la súa oferta: 3 meses.

e) Non se admiten variantes ó proxecto aprobado, agás no prazo de execución. Esixirase rigorosamente o cumprimento do prazo de execución ofertado polo contratista e o seu incumprimento dará lugar á resolución do contrato.

f) A verificación de poderes farase especificamente para o presente concurso.

9. Apertura de ofertas.

a) Entidade: deputación provincial.

b) Domicilio: r/ San Marcos, s/n.

c) Localidade: Lugo.

d) Data: o cuarto día hábil seguinte ó do remate do prazo de presentación, agás os sábados.

e) Hora: ás 12 horas.

10. Outras informacións.

Nos teléfonos indicados.

11. Gastos de anuncios.

Correrán por conta dos adxudicatarios.

Lugo, 18 de setembro de 2000.

Francisco Cacharro Pardo

Presidente da Deputación Provincial de Lugo

Faustino Martínez Fernández

Secretario da Deputación Provincial de Lugo