Aprobado pola Comisión de Goberno deste concello, en sesión do día 1 de setembro do ano en curso, o prego de cláusulas administrativas particulares que rexerá na contratación por concurso das obras de abastecemento de augas a San Cristovo do Real, Lusío, Renche e Lastres, exponse ó público na secretaría deste concello, polo prazo de oito días, contados a partir do seguinte ó da última publicación deste anuncio no BOP ou no Diario Oficial de Galicia, para efectos de exame e reclamacións.
Simultaneamente, anúnciase a contratación da dita obra, se ben no suposto de presentárense reclamacións contra o prego de cláusulas, o concurso se aprazará cando resulte necesario, ata que sexan resoltas pola propia corporación.
1. Entidade adxudicadora.
a) Concello de Samos.
b) Dependencia que tramita o expediente: secretaría.
2. Obxecto do contrato.
a) Abastecemento de augas a San Cristovo do Real, Lusío, Renche e Lastres.
b) Lugar de execución: Municipio de Samos.
c) Prazo de execución: dous meses.
3. Orzamento base de licitación, importe total: 5.000.000 de pesetas, IVE incluído.
4. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.
a) Tramitación: urxente.
b) Procedemento: aberto.
c) Forma: concurso.
5. Garantías.
a) Provisional: 100.000 ptas.
b) Definitiva: 4% do importe de adxudicación.
6. Obtención de documentación e información.
a) Entidade: Concello de Samos.
b) Domicilio: praza de España, nº 1.
c) Localidade e código postal: Samos 27620.
d) Teléfono: 982 54 60 02.
7. Presentación de ofertas.
a) Fecha límite de presentación: trece días naturais, contados a partir do seguinte ó da publicación do anuncio no BOP e no Diario Oficial de Galicia, tomando como día para o comezo do prazo o seguinte ó da última publicación.
b) Documentación que hai que presentar: a esixida na cláusula 9 do prego de cláusulas administrativas particulares.
c) Lugar de presentación: Concello de Samos. Praza de España nº 1.
8. Apertura de ofertas: no salón de sesións deste concello, ás doce horas do primeiro día hábil seguinte ó da finalización do prazo de presentación de proposicións, agás sábado, que será o hábil seguinte.
9. Criterios de adxudicación.
-Ter executadas obras da mesma natureza para o concello contratante, acreditándose a súa boa execución mediante certificado da súa dirección facultativa, ata oito puntos.
-Unidades de obra adicional valoradas a prezos de execución material e a súa determianción fixarase pola dirección facultativa, ata seis puntos.
-Menor prazo de execución das obras, ata catro puntos.
-Menor prezo ofertado, ata dous puntos.
10. Gastos por conta do adxudicatario.
a) Os anuncios que xeren o concurso e os preparatorios e de formalización do contrato.
b) Os tributos estatais, municipais e autonómicos que deriven do contrato.
c) Asumi-lo pago do IVE que se entenderá incluído dentro do prezo de adxudicación.
d) Os de formalización pública do contrato de adxudicación.
e) Os honorarios da dirección facultativa da obra.
Samos, 1 de setembro de 2000.
Carlos R. Belón Ares
Alcalde