Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 186 Luns, 25 de setembro de 2000 Páx. 13.364

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

CÉDULA do 25 de agosto de 2000, da Delegación Provincial de Pontevedra, de notificación da resolución recaída no expediente sancionador 82.2/94, por infracción á lexislación de costas.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común e da Lei 4/1999, que modifica parcialmente a citada Lei 30/1992, notifícaselle á persoa que se relaciona no anexo a resolución do delegado desta consellería en Pontevedra, recaída no expediente sancionador, polos feitos sinalados, constitutivos dunha infracción á Lei 22/1988, do 28 de xullo, de costas (en adiante LC) e ó seu Regulamento xeral para desenvolvemento e execución da LC, aprobado polo R.D. 1471/1989, do 1 de decembro, e modificado polos R.D. 1112/1992, do 18 de setembro, e 1771/1994, do 5 de agosto, (en diante RC).

Contra a presente resolución pódese interpoñer, segundo o artigo 114 e seguintes da Lei 4/1999, de modificación da Lei 30/1992, recurso de alzada perante o conselleiro de Medio Ambiente, no prazo

dun mes, contado a partir da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Pontevedra, 25 de agosto de 2000.

José Luís Díez Yáñez

Delegado provincial de Pontevedra

ANEXO

Expediente número: 82.2/94.

Denunciado/a: José Calvo Rosendo.

Condición: promotor.

Último enderezo coñecido: Santa Cristina, nº 14-Santa Cristina de Cobres-Vilaboa.

Feitos sancionados: construcción de estructura para vivenda unifamiliar.

Lugar: Río Maior-Santa Cristina Cobres.

Concello: Vilaboa.

Preceptos infrinxidos: arts. 25.1º a) e 26.1º da LC; e arts. 45.1º a) e 48.1º do RC.

Preceptos sancionadores: arts. 90 c), 91.2º e) e 97.1º b) da LC e arts. 174 c), 175.2º e) e 183 b) do RC.

Cualificación da infracción: grave.

Sanción: 204.241 ptas.

Medidas correctoras: ó abeiro dos artigos 95.1º da LC e 179.1º do RC, o infractor estará obrigado á restitución das cousas e reposición ó seu estado anterior, debendo realizalo no prazo dun mes, desde que a resolución sexa definitiva en vía administrativa.