Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 186 Luns, 25 de setembro de 2000 Páx. 13.363

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

RESOLUCIÓN do 19 de setembro de 2000, da Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, pola que se somete a información pública a declaración do proxecto de planta de transferencia en San Cibrao das Viñas (Ourense) promovido por Sogama, S.A., como proxecto sectorial de incidencia supramunicipal, e o seu estudio de efectos ambientais.

Unha vez que o Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do día 21 de xullo de 2000, acordou declara-la incidencia supramunicipal do proxecto de planta de transferencia en San Cibrao das Viñas, así como a determinación da Consellería de Medio Ambiente, como órgano competente por razón da materia, para a tramitación do expediente, procede remiti-lo referido proxecto ó trámite de información pública en cumprimento do disposto no artigo 25.3º da Lei 10/1995, do 23 de novembro, de ordenación do territorio de Galicia, e no artigo 13.2º do Decreto 80/2000, do 23 de marzo, polo que se regulan os plans e proxectos sectoriais de incidencia supramunicipal.

Ademais, en cumprimento do disposto no artigo 2º, punto 4, do Decreto 327/1991, do 4 de outubro, de avaliación de efectos ambientais para Galicia (DOG nº 199, do 15 de outubro), o órgano ambiental someterá o estudio de efectos ambientais ó trámite

de información pública mediante anuncio no Diario Oficial de Galicia, polo que:

RESOLVO:

1. Someter a información pública o proxecto de incidencia supramunicial e o estudio de efectos ambientais da planta de transferencia en San Cibrao das Viñas (Ourense), durante o prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, para que calquera persoa poida examinalos e presenta-las alegacións que considere oportunas dentro do citado prazo.

2. Un exemplar do referido proxecto de incidencia supramunicipal e do estudio de efectos ambientais da planta de transferencia en San Cibrao das Viñas (Ourense) estarán á disposición dos cidadáns durante o horario de atención ó público, nas seguintes dependencias:

*Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, rúa dos Feáns, nº7 portal C, de Santiago de Compostela (A Coruña).

*Delegación Provincial da Consellería de Medio Ambiente da provincia de Ourense.

*Concello de San Cibrao das Viñas.

Santiago de Compostela, 19 de setembro de 2000.

Francisco Pan-Montojo González

Director xeral de Calidade e Avaliación Ambiental