Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 186 Luns, 25 de setembro de 2000 Páx. 13.331

I. DISPOSICIÓNS XERAIS

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E POLÍTICA AGROALIMENTARIA

CORRECCIÓN de erros.-Orde do 5 de setembro de 2000 pola que se regulan os plans de reestructuración e reconversión do viñedo en Galicia.

Advertidos erros na devandita orde, publicada no Diario Oficial de Galicia nº 175, do 8 de setembro de 2000, cómpre face-las seguintes correccións:

Na páxina 12.711, primeira columna, artigo 5, punto 3º, terceiro parágrafo, onde di: «-Reconversión varietal mediante sobreenxertos. Necesitará das operacións nº 13 e 14»; debe dicir: «-Reconversión varietal mediante sobreenxertos. Necesitará das operacións nº 13.1º e 13.2º».

Na páxina 12.712, primeira columna, no artigo 6º, punto 5, letra d), deberá engadirse o seguinte texto: «Deberase acompañar certificación bancaria da conta corrente do viticultor titular».

Na páxina 12.715, primeira columna, no anexo II omitiuse o punto 4º que queda como segue: «4. Outros custos de plantación; 40.000 (ptas./ha); 240 (euros/ha)».