Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 186 Luns, 25 de setembro de 2000 Páx. 13.301

I. DISPOSICIÓNS XERAIS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

DECRETO 217/2000, do 21 de xullo, polo que se establece o currículo do ciclo formativo de grao medio correspondente ó título de técnico en acabados de construcción.

A Lei orgánica 1/1990, do 3 de outubro, de ordenación xeral do sistema educativo, dispón no seu artigo 4 que lles corresponde ás administracións educativas competentes establece-los currículos dos ciclos formativos.

En aplicación do devandito artigo, de acordo coas atribucións recollidas no Estatuto de autonomía, no Real decreto 1763/1982, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia en materia de educación, e no Real decreto 676/1993, do 7 de maio, que establece as directrices xerais sobre os títulos de formación profesional e as súas ensinanzas mínimas, díctase o Decreto 239/1995, do 28 de xullo, polo que se establece a ordenación xeral das ensinanzas de formación profesional e as directrices sobre os seus títulos na Comunidade Autónoma de Galicia, determinando os aspectos que deben cumpri-los currículos dos diferentes ciclos formativos.

O Real decreto 2211/1993, do 17 de decembro, establece o título de técnico en acabados de construcción e as súas correspondentes ensinanzas mínimas, en consonancia co devandito Real decreto 676/1993.

O Real decreto 1635/1995, do 6 de outubro, adscribe o profesorado dos corpos de profesores de ensino secundario e profesores técnicos de formación profesional ás especialidades propias da formación profesional específica.

O Real decreto 777/1998, do 30 de abril, polo que se desenvolven determinados aspectos da ordenación da formación profesional no ámbito do sistema educativo, completa a ordenación básica relativa a estas ensinanzas.

Seguindo os principios xerais que rexerán a actividade educativa, recollidos nos preceptos anteriores, o currículo dos ciclos formativos da formación profesional específica establécese de xeito que permita a adaptación da nova titulación ó eido profesional e de traballo na realidade socioeconómica galega e ás necesidades de cualificación do sector productivo da nosa economía, tendo en conta a marxe suficiente de autonomía pedagóxica que posibilite ós centros adecua-la docencia ás características do alumnado e ó contorno sociocultural do centro.

Isto require o posterior desenvolvemento nas programacións elaboradas polo equipo docente do ciclo formativo que concrete a adaptación sinalada,

tomando como referencia inmediata as capacidades profesionais que definen o perfil profesional do título. Estas permitirán realiza-lo rol do posto de traballo en actividades específicas que producen resultados concretos, dirixi-las variacións que se dan na práctica do traballo e nos procesos productivos, actuar correctamente ante anomalías, dirixi-lo conxunto do traballo e acada-los obxectivos da organización, así como establecer prioridades e actuar en coordinación con outros departamentos.

O currículo que se establece no presente decreto desenvólvese tendo en conta os obxectivos xerais que fixan as capacidades que o alumnado debe acadar ó finaliza-lo ciclo formativo, e describen o conxunto de aptitudes que configura a cualificación profesional, así como os obxectivos dos distintos módulos profesionais, expresados neste decreto como capacidades terminais elementais, que definen en termos de resultados avaliables o comportamento, saber e comprender, que se require do alumnado para acada-los logros profesionais do perfil profesional.

Estas capacidades acádanse a partir duns contidos mínimos necesarios de tipo conceptual, procedemental e actitudinal, que proporcionarán o soporte de información e destreza precisos para desenvolver comportamentos profesionais, tanto no aspecto tecnolóxico como no de valoración funcional e técnica. Estes contidos son igualmente importantes xa que todos eles levan a acada-las capacidades terminais elementais sinaladas en cada módulo. Preséntanse agrupados en bloques que non constitúen un temario nin son unidades compartimentadas que teñan por si mesmas sentido, a súa estructura responde a aquilo que deberá ter en conta o profesorado á hora de elabora-las programacións de aula e a orde na que se presentan non implica secuencia.

A inclusión do módulo de formación en centros de traballo (FCT) posibilita que o alumnado complete a competencia profesional acadada no centro educativo, mediante a realización dun conxunto de actividades productivas e/ou de servicios -contidosdo centro de traballo. Estas actividades de referencia poden ser modificadas ou substituídas por outras que, adaptándose mellor ó proceso productivo ou de servicios do centro de traballo, conduzan á adquisición das capacidades terminais deste módulo.

Os centros educativos disporán dun determinado número de horas que lles permitirán realiza-lo desenvolvemento curricular establecendo os obxectivos, contidos, criterios de avaliación, secuencia e metodoloxía que respondan ás características do alumnado e ás posibilidades de formación que ofrece o seu contorno.

Por todo isto, por proposta do conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria, co informe do Consello Galego de Formación Profesional e do Consello Escolar de Galicia, e logo de deliberación do

Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día vinteún de xullo de dous mil,

DISPOÑO:

I. Título, perfil e currículo

Artigo 1º.-Identificación do título.

1. Este decreto establece o currículo que será de aplicación na Comunidade Autónoma galega para as ensinanzas de formación profesional relativa ó título de técnico en acabados de construcción, regulado polo Real decreto 2211/1993, do 17 de decembro, polo que se aproban as ensinanzas mínimas.

2. A denominación, nivel de formación profesional e duración do ciclo formativo son as que se establecen no número 1 do anexo deste decreto.

Artigo 2º.-Perfil profesional.

A competencia xeral, capacidades profesionais, unidades de competencia, realizacións e criterios de realización, dominio profesional, así como a evolución da competencia e a posición no proceso productivo que definen o perfil profesional do título son as que se establecen no número 2 do anexo deste decreto.

Artigo 3º.-Currículo do ciclo formativo.

O currículo do ciclo formativo é o que se establece no número 3 do anexo deste decreto, sendo as capacidades terminais elementais os resultados avaliables de cada módulo.

II. Ordenación académica e impartición

Artigo 4º.-Profesorado.

1. As especialidades do profesorado con atribución docente nos módulos que compoñen este título son as que se expresan no punto 4.1.1 do anexo deste decreto.

2. As materias de bacharelato que poden ser impartidas polo profesorado das especialidades relacionadas no presente título, son as que se expresan no punto 4.1.2 do anexo deste decreto.

3. As titulacións declaradas equivalentes para efectos de docencia, son as que se expresan no punto 4.1.3 do anexo deste decreto.

Artigo 5º.-Espacios e instalacións.

Os requisitos de espacios e instalacións que deben reuni-los centros educativos para a impartición do presente ciclo formativo son os que se determinan no punto 4.2 do anexo deste decreto.

Artigo 6º.-Validacións e correspondencias.

1. Os módulos susceptibles de validación por estudios de formación profesional ocupacional ou correspondencia coa práctica laboral son os que se especifican, respectivamente, nos puntos 4.3.1 e 4.3.2 do anexo deste decreto.

2. Sen prexuízo do anterior, por proposta dos ministerios de Educación e Cultura e de Traballo e Asuntos Sociais, poderanse incluír, se é o caso, outros módu

los susceptibles de validación e correspondencia coa formación profesional ocupacional e a práctica laboral.

3. As persoas que estean en posesión do título de técnico, por ter superada a formación profesional específica de grao medio, teñen acceso directo ás distintas modalidades de bacharelato.

Artigo 7º.-Distribución horaria.

1. Os módulos profesionais deste ciclo formativo organizaranse segundo se establece no punto 4.4 do anexo deste decreto.

2. As horas de libre disposición que se inclúen neste punto serán utilizadas polos centros educativos para reforzar, nos módulos asociados a unidades de competencia, as capacidades de formación profesional de base ou de formación profesional específica, para lles dar resposta ás características dos alumnos, e ter en conta as necesidades de desenvolvemento económico, social e de recursos humanos do seu contorno socioproductivo.

Disposición adicional

Única.-A Consellería de Educación e Ordenación Universitaria poderá adecua-las ensinanzas deste ciclo formativo ás peculiares características da educación a distancia e da educación de persoas adultas, así como ás características dos alumnos con necesidades educativas especiais.

Disposicións derradeiras

Primeira.-Autorízase o conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria para dictar cantas disposicións sexan precisas, no ámbito das súas competencias, para a execución e desenvolvemento do disposto no presente decreto.

Segunda.-O presente decreto entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, vinteún de xullo de dous mil.

Manuel Fraga Iribarne

Presidente

Celso Currás Fernández

Conselleiro de Educación e Ordenación

Universitaria

ANEXO

1. Identificación do título.

-Denominación: acabados de construcción.

-Nivel: formación profesional de grao medio.

-Duración: 2.000 horas.

2. Perfil profesional.

2.1. Competencia xeral:

Organizar e realiza-los traballos de obras de revestimentos continuos, en placas e/ou en láminas, e

a montaxe e fixación de paneis prefabricados en condicións de seguridade e calidade establecidas, comprobando e dispondo os medios de seguridade da obra.

2.2. Capacidades profesionais:

2.2.1. Capacidades técnicas:

* Interpretar e comprende-la información e, en xeral, toda a linguaxe simbólica asociada ás operacións e control de traballos de acabados de construcción.

* Executar operacións de revestimento continuo e os seus traballos preparatorios; preparar e mante-las ferramentas, equipos e materiais; dispo-las medidas de seguridade necesarias e consegui-la calidade establecida.

* Levar a cabo operacións de pavimentación e colocación de azulexo e os seus traballos preparatorios; preparar e mante-las ferramentas, os equipos e os materiais; dispo-las medidas de seguridade necesarias e consegui-la calidade establecida.

* Executar revestimentos en láminas e os seus traballos preparatorios; preparar e mante-las ferramentas, equipos e materiais; dispo-las medidas de seguridade necesarias e consegui-la calidade establecida.

* Levar a cabo operacións de pintura e vernizado e os seus traballos preparatorios; preparar e mante-las ferramentas, equipos e materiais; dispo-las medidas de seguridade necesarias e consegui-la calidade establecida.

* Executar operacións de montaxe e fixación de paneis prefabricados, e os seus traballos preparatorios; preparar e mante-las ferramentas, equipos e materiais; dispo-las medidas de seguridade necesarias e consegui-la calidade establecida.

* Realizar operacións de montaxe e desmontaxe de medios auxiliares e de seguridade e comproba-la súa correcta instalación.

* Administrar e xestionar unha pequena empresa ou taller de construcción, e comercializa-los productos, coñecendo e cumprindo as obrigas legais que lle afecten.

2.2.2. Capacidades para afrontar continxencias:

* Resolver problemas e tomar decisións individuais, seguindo normas establecidas ou precedentes, definidos dentro do ámbito da súa competencia e consultando as devanditas decisións cando as súas repercusións económicas ou de seguridade sexan importantes.

* Determinar procedementos e métodos especiais de reparación e preparación de soportes e superficies cando presentan estados irreparables, cos medios normais previstos.

* Modifica-lo replanteo, no caso de que as medidas dos planos non coincidiren coas da obra.

* Establecer medidas especiais de subministración cando as cantidades e as medidas previstas non coincidan coas reais.

2.2.3. Capacidades para a dirección de tarefas:

* Organiza-los traballos e os medios auxiliares e realiza-las operacións de revestimentos continuos, en placas e/ou en láminas e a montaxe e fixación de paneis prefabricados; realiza-la súa distribución e control; rexistra-los datos da producción e informar das incidencias ou anomalías no traballo.

* Asigna-las persoas ós postos de traballo, coa pertinente redistribución segundo a marcha da obra.

* Segui-las especificacións do plan de seguridade.

* Colaborar na realización dos ensaios de obra e obter e custodia-las mostras dos materiais, de acordo co plan de calidade.

* Valorar adecuadamente traballos subcontratados a partir do contido do proxecto, así como face-las medicións de obra que sexan necesarias.

* Administrar e xestionar unha pequena empresa ou taller de construcción e comercializa-los productos, coñecendo e cumprindo as obrigas legais que lle afecten.

* Posuír unha visión de conxunto e coordinada das fases do proceso productivo no que está involucrado.

* Manter relacións fluídas cos membros do grupo funcional no que estea integrado, colaborando na consecución dos obxectivos asignados ó grupo, respectando o traballo dos demais, participando activamente na organización e desenvolvemento de tarefas colectivas, e cooperando na superación das dificultades que se presenten cunha actitude tolerante cara ás ideas dos compañeiros e subordinados.

* Manter comunicacións efectivas no desenvolvemento do seu traballo e, en especial, en operacións que esixan un elevado grao de coordinación entre os membros do equipo que as acomete, interpretando ordes e información, xerando instruccións claras con rapidez e informando e solicitando axuda ós membros que proceda do equipo cando se produzan continxencias na operación.

2.2.4. Capacidades para adaptarse ó medio:

* Adaptarse a novas situacións laborais xeradas como consecuencia dos cambios producidos nas técnicas relacionadas coa súa profesión.

* Executar un conxunto de accións, de contido politécnico e/ou polifuncional, de forma autónoma no marco das técnicas propias da súa profesión, baixo métodos establecidos.

* Modifica-los programas de traballo co fin de os adecuar a alteracións producidas por outros industriais.

* Determinar cambios de replanteos para adecua-las pezas cortadas ós límites dos paramentos e para aproveitar ó máximo o material de revestimento.

2.3. Responsabilidade e autonomía nas situacións de traballo.

O técnico en acabados de construcción integrarase previsiblemente nun equipo de traballo do seu mesmo nivel de cualificación (formado por técnicos de obras de albanelería) ou ben poderá traballar integrado nun equipo de pavimentadores, pintores, etc., aínda que, debido á súa polivalencia tecnolóxica e á súa formación, poderá desempeña-la coordinación ou dirección destes traballos, baixo a dirección dun mando intermedio que, pola súa banda, depende do responsable da execución (xefe de obra) dos que dependerá organicamente.

Este técnico é autónomo nas seguintes funcións ou actividades:

* Disposición e instalación de medios auxiliares normalizados.

* Comprobación e disposición dos medios de seguridade previstos no plan.

* Execución dos traballos programados e segundo os planos de obra.

* Elaboración de partes de traballo.

* Preparación e mantemento de ferramentas e operacións de fin de xornada.

Pode ser asistido en:

* Definición dos métodos para a execución.

* Interpretación da documentación gráfica.

* Toma de mostras para control de calidade.

* Preparación dos equipos e instalacións.

* Resolución de continxencias ou detalles non previstos na documentación gráfica.

Debe ser asistido en:

* Comprobación de replanteos.

* Disposición e instalación de medios auxiliares especiais.

* Supervisión da seguridade.

* Supervisión da calidade lograda.

* Situación e organización dos talleres de obra.

* Secuenciación e temporalización dos procesos.

2.4. Unidades de competencia:

1. Organiza-los traballos de acabados de construcción.

2. Realizar revestimentos continuos conglomerados.

3. Pavimentar e colocar azulexos.

4. Realizar revestimentos en láminas.

5. Aplicar pinturas e vernices.

6. Montar e fixar paneis prefabricados.

7. Comproba-los medios de seguridade previstos no plan.

8. Realiza-la administración, xestión e comercialización nunha pequena empresa ou taller.

2.5. Realizacións e dominios profesionais:

2.5.1. Unidade de competencia 1: organiza-los traballos de acabados de construcción:

RealizaciónsCriterios de realización

1.1.Materializar convenientemente os replanteos de obra da súa competencia e marca-los traballos diarios de acordo con eles.* Os elementos de apoio para materializa-lo replanteo están convenientemente afianzados e suficientemente arredados da área de traballo e das zonas de abasto para permiti-la circulación, manobras e operacións do persoal de obra e da maquinaria.
* As indicacións gráficas resultado do replanteo son claras, lexibles e estables.
* O replanteo axustouse ás medidas do plano coa precisión requirida.
* Os replanteos complementarios refírense sempre ós fundamentais, co obxecto de minimiza-los erros.

1.2.Acondiciona-las zonas de traballo, organizando a súa situación e sinalando zonas de abasto de acordo co plan de seguridade da obra, de forma que se facilite o traballo e se optimicen espacios percorridos.* A sinalización dos traballos está convenientemente afianzada, é suficientemente visible, mesmo de noite, acouta toda a área de posibles riscos e permanece operativa o tempo necesario.

* Materialízase o valado coa antelación prevista; está axustado ó especificado; rodea totalmente o predio; ten a altura mínima esixida e dispón de entradas independentes para maquinaria e persoal de obra.

* Detectáronse, sinalizáronse e acoutáronse tódalas instalacións existentes e, de ser necesario desvialas ou anulalas, fíxose no tempo e na forma adecuados.
* Contivéronse, esteáronse ou estabilizáronse eficazmente os terreos ou construccións lindantes.
* Dispuxéronse as medidas de protección colectiva, tales como redes ou viseiras, coa antelación suficiente á execución dos traballos; permiten o seu desenvolvemento e están axustadas ás especificacións do Plan de seguridade da obra.
* As zonas de traballo están suficientemente iluminadas e ventiladas e dispoñen nas súas inmediacións de zonas de provisión de materiais apropiadas, seguras e abastecibles.
* Instaláronse e dispuxéronse correctamente para a súa utilización os medios auxiliares necesarios, tales como estadas, plataformas, escadas ou elevadores.
* Dispuxéronse e mantéñense en tempo e forma as instalacións provisionais da obra segundo se especifica no plan de seguridade.
* Comunicáronse coa prontitude necesaria os traballos de acondicionamento e as continxencias acaecidas, para posibilita-la súa supervisión, resolución ou obtención de licencias e permisos preceptivos.

1.3.Adaptar, establecer ou modifica-la producción, segundo a magnitude da obra, adecuando o ritmo dos traballos e o abasto de materiais á marcha xeral da obra.* Determináronse correctamente as características dos equipos e cuadrillas necesarios para consegui-lo rendemento esperado.

* A planificación a curto prazo tivo en conta os parámetros específicos de cada traballo (puntos de parada e inspección obrigatoria, tempos de espera, de fragua, de seca, elaboración de xuntas...), os equipos, as cuadrillas e os medios auxiliares precisos; optimizou a utilización dos recursos e minimizou os tempos mortos de espera.

* De haber alteracións na marcha dos traballos, procuráronse alternativas razoables e/ou intercambios de recursos.
* Evitouse a falta de subministracións e controláronse as provisións para permiti-la súa prevención.

1.4.Distribuír diariamente as cargas de traballo ás cuadrillas de acabados, documentándoas sobre o traballo que se vai realizar e instruíndoas sobre os riscos inherentes a el e a súa prevención.* Distribuíronse adecuadamente os equipos nas zonas de traballo, supervisándose os medios e abastos necesarios.

* Incrementáronse ou diminuíronse os equipos en función das necesidades de producción especificadas na planificación dos traballos.

* Comunicáronse in situ clara e concisamente as ordes de traballo, especificando o método proposto, os procedementos adecuados e as características cualitativas e cuantitativas da producción que se pretende lograr, mediante planos de obra e planos de detalle.

RealizaciónsCriterios de realización

* Extraéronse do plan de seguridade da obra os riscos previstos inherentes ó traballo específico que se debe realizar, completándoos, de se-lo caso, e comunicándollelos oportunamente ós operarios.

1.5.Controlar e comunicar diariamente a producción acadada polas cuadrillas de acabados, resumindo os partes de traballo, contrastándoos cos rendementos esperados e informando o responsable do seguimento da planificación de obra.* Controlouse coa periodicidade necesaria o rendemento real dos equipos en obra axustándose, de se-lo caso, a producción ó establecido.

* Os resumos dos partes de traballo conteñen a información suficiente para identifica-los equipos empregados, a unidade de obra acometida, a parte executada e a producción prevista.

* Comunicáronselle oportunamente as desviacións na execución ó responsable do seguimento da planificación, indicando as posibles causas e propondo alternativas razoables para corrixilas.

* Propuxéronse, de se-lo caso, sistemas de execución alternativos para optimizar recursos e mellora-la producción, indicándose os procedementos que se deben empregar, os medios necesarios e unha primeira análise de custos.
* Supervisáronse as operacións de principio e fin de xornada, compilando para a súa tramitación os partes de incidencias e de petición de materiais, equipos ou repostos.
* Detectáronse os remates necesarios e comunicáronselles ás cuadrillas pertinentes para a súa execución, realizándose o seu seguimento e control.

1.6.Colaborar na realización dos ensaios de obra e obter ou custodiar mostras de materiais, de acordo co especificado no plan de calidade.* Obtivéronse as mostras ou probetas polos procedementos especificados e/ou normalizados; identificáronse convenientemente; almacenáronse e entregáronse para o seu control, de acordo cos plans de mostraxe.
* Comunicáronse oportunamente os resultados dos ensaios de obra e probas de carga e, de se-lo caso, suspendéronse cautelarmente os traballos e rexeitáronse as partidas pertinentes.
* Comprobouse que os selos de homologación dos productos ou materiais recepcionados cumpren as especificacións esixidas no plan de calidade de obra; arquiváronse e transmitíronselle ó responsable da execución, rexeitándose as partidas non conformes.

1.7.Valorar adecuadamente traballos obxecto de subcontrata a partir das especificacións do proxecto, realizando as medicións de obra precisas.* O conxunto de unidades de obra recolle os traballos que hai que realizar.

* Ordenáronse adecuadamente as unidades de obra en capítulos e expresáronse de forma clara e concisa, contendo o criterio de medición oportuno, conforme as especificacións.

* As medicións obtidas sobre os planos ou na obra foron claramente reflectidas no documento correspondente e situadas na unidade medida, permitindo a súa comparación.
* Os prezos descompostos axustáronse ós rendementos establecidos e ás especificacións da unidade de obra medida.
* Atopáronse os capítulos de obra e o cadro resumo de capítulos debidamente totalizados.

Dominio profesional

-Medios de producción:

Útiles, ferramentas e instrumentos simples para replanteos. Aparellos sinxelos para ensaios de obra e probas de carga. Medios de protección individual e colectiva. Medios auxiliares. Instalacións provisionais. Talleres de obra. Máquinas e ferramentas específicas.

-Materiais e productos intermedios:

Replanteos de obra. Acondicionamento das zonas de traballo. Planificación a curto prazo.

-Principais resultados do traballo:

Distribución de cargas de traballo e recursos. Control da producción. Valoración dos traballos que se deben subcontratar. Informes periódicos. Organización dos remates.

-Procesos, métodos e procedementos:

Procedementos de replanteo. Normas para a recepción de materiais. Normas para a realización de ensaios de obra e probas de carga. Interpretación de proxectos. Dosificación de masas. Mesturas.

-Información, natureza, tipo e soporte:

Planos de obra. Planificación de obra. Plan de seguridade de obra. Plan de calidade de obra.

2.5.2. Unidade de competencia 2: realizar revestimentos continuos conglomerados:

RealizaciónsCriterios de realización

2.1.Preparar e manter ferramentas, equipos, materiais e medios auxiliares, dispondo as medidas e medios de seguridade necesarios e realizando as operacións de fin de xornada.* As ordes verbais ou escritas e a documentación gráfica foron correctamente interpretadas e os partes de traballo foron redactados de maneira clara e concisa.

* As ferramentas, materiais e medios auxiliares foron os adecuados e, unha vez rematado o traballo, recolléronse e almacenáronse correctamente.

* As medidas de seguridade aplicadas correspondéronse coas estipuladas no plan de seguridade.
* Respectáronse as normas de seguridade persoal e colectiva, mantendo libre de riscos a zona de traballo, e colaborouse con outros oficios sen entorpece-lo seu labor.

2.2.Preparar superficies garantindo o agarre dos revestimentos, en condicións de seguridade.* Humectouse e limpouse convenientemente a superficie do soporte.

* Reparáronse os danos existentes e comprobouse que a superficie resultante era plana.

* De se-lo caso, os elementos para facilita-lo agarre do revestimento continuo, como teas metálicas ou similares, foron ben fixados ó soporte.
* Colocáronse e achumbáronse correctamente os gardavivos previstos.
* Os cercos e ganchos de fixación están ben recibidos.
* Identificáronse e aplicáronse as medidas de seguridade correspondentes.

2.3.Confeccionar masas segundo as normas en condicións adecuadas para revocar, lucir, gornecer ou revestir superficies.* A cantidade de masa elaborada é exclusivamente a que se vai utilizar.

* Elaborouse a masa no momento de usala.

* A temperatura da auga de amasado é a especificada.

* A dosificación e plasticidade da masa son as especificadas.

2.4.Aplica-la masa, conseguindo o revestimento especificado coa calidade requirida e en condicións de seguridade.* O procedemento de aplicación é o adecuado ó tipo de soporte e masa.

* Cubríronse as irregularidades co mesmo tipo de masa.

* As regras, caso de seren necesarias, están separadas á distancia especificada, son suficientes e garanten o grao de planitude requirido.
* O revestimento final ten o grosor especificado e a planitude requirida.
* Identificáronse e aplicáronse as medidas de seguridade correspondentes.

2.5.Acaba-la superficie do revestimento segundo as especificacións e en condicións de seguridade.* Respectáronse as xuntas estructurais.

* O sistema e ferramentas para o acabado responde á natureza e tipo do revestimento.

* Identificáronse e aplicáronse as medidas de seguridade correspondentes.

Dominio profesional

-Medios de producción:

Proxector, compresor e mesturadora. Paleta, paletiña de punta, llana para xeso e llana. Regras, niveis, pisóns e vibradores. Medios auxiliares como estadas normalizadas. Medios de protección individual como máscaras, cinto de seguridade, casco e lentes. Medios de protección colectiva como escaleiras de acceso, redes e viseiras de protección.

-Materiais e productos intermedios:

Xeso, cemento, cal, area, grava, escaiola, auga e tea metálica, resinas sintéticas. Masas e pastas.

-Principais resultados do traballo: productos e/ou servicios:

Recebos de masa de cemento, cal ou mixtos. Gornecidos e revestimentos con masa de xeso. Revocadura de masa de cemento, cal ou resinas sintéticas.

-Procesos, métodos e procedementos:

Replanteo, abasto e preparación de materiais, preparación da masa.

-Información: natureza, tipo e soportes:

Documentación gráfica. Partes de traballo e de incidencias.

2.5.3. Unidade de competencia 3: pavimentar e colocar azulexos:

RealizaciónsCriterios de realización

3.1.Preparar e manter ferramentas, equipos, materiais e medios auxiliares, dispondo as medidas e medios de seguridade necesarios e realizando as operacións de fin de xornada.* Interpretáronse correctamente as ordes verbais ou escritas e a documentación gráfica, e redactouse de maneira clara e concisa os partes de traballo.

* As ferramentas, materiais e medios auxiliares son os adecuados e, unha vez rematado o traballo, recóllense e almacénanse correctamente.

* As medidas de seguridade aplicadas correspóndense coas recollidas no plan de seguridade.
* Respectáronse as normas de seguridade persoal e colectiva, mantendo libre de riscos a zona de traballo, e colaborouse con outros oficios sen entorpece-lo seu labor.

3.2.Prepara-lo soporte limpándoo, nivelándoo e aplanándoo, en condicións de seguridade.* O paramento está exento de graxa, aceite e po.

* Os compoñentes da masa ou capa nivelante foron ben dosificados.

* A planitude e a horizontalidade do paramento é a suficiente segundo a normativa.

* Os paramentos verticais están achumbados.
* A humidade do paramento non supera a admitida polas normas.
* Identificáronse e aplicáronse as medidas de seguridade correspondentes.

3.3.Prepara-lo material de agarre segundo as especificacións e en condicións de seguridade.* Elixíronse adecuadamente os compoñentes do material de agarre de acordo coa normativa.

* A dosificación dos compoñentes do material de agarre é a preceptiva.

* O material de agarre fabricouse coa antelación suficiente segundo a súa natureza.
* A consistencia da masa é a adecuada para o tipo de revestimento.
* Identificáronse e aplicáronse as medidas de seguridade correspondentes.

3.4.Coloca-lo revestimento en pezas ou láminas para paramentos horizontais e en condicións de seguridade.* O grosor da capa de masa de agarre é o especificado.

* A planitude e pendente da capa de alisado ou nivelación non supera a tolerancia especificada.

* Non existen cellas nin bolsas á terminación da colocación.
* As xuntas son paralelas e as súas separacións son as especificadas.
* Identificáronse e aplicáronse as medidas de seguridade correspondentes.

3.5.Coloca-lo revestimento en pezas para paramentos verticais e en condicións de seguridade.* Comezouse a coloca-lo azulexo a partir do nivel superior do pavimento e antes de que este fora colocado.

* Repartiuse adecuadamente sobre a peza a masa de agarre no grosor especificado.

* A planitude do azulexo está dentro das tolerancias que indican as normas.
* As xuntas son paralelas e as súas separacións son as especificadas.
* Realizáronse coa maquinaria específica os cortes e trades feitos sobre as pezas, e as súas dimensións son as especificadas.
* Identificáronse e aplicáronse as medidas de seguridade correspondentes.

RealizaciónsCriterios de realización

3.6.Realiza-las operacións de acabado do revestimento para terminar de fixa-las pezas entre si e dárlle-lo aspecto adecuado, en condicións de seguridade.* A calea ten a consistencia adecuada á natureza do revestimento.

* As características do material de rexuntado son similares ás do revestimento fluído e a profundidade é a adecuada.

* Elimináronse rebarbas e desprendementos das xuntas.

* Axustáronse e fixáronse en toda a súa lonxitude as cobrexuntas, de maneira adecuada á natureza do revestimento.
* Compactouse o revestimento segundo as especificacións.
* Identificáronse e aplicáronse as medidas de seguridade correspondentes.

Dominio profesional

-Medios de producción ou tratamento da información:

Trade, cortadora, compresor, proxector, formigoneira e vibrador. Paleta, paletiña de punta, regra, nivel e escuadra de albanel. Chumbada e cinta métrica. Medios auxiliares con escadas normalizadas. Medios de protección individual como máscaras, lentes e casco. Medios de protección colectiva como escadas de acceso.

-Materiais e productos intermedios:

Cemento, cal, area de río e de miga. Azulexos, placas de pedra natural, baldosas, rodapés e chanzos de cemento hidráulico, pedra artificial, cerámica e gres. Masa. Formigón.

-Principais resultados do traballo: productos e/ou servicios:

Azulexados. Chapados. Embaldosados. Pavimentos industriais.

-Procesos, métodos e procedementos:

Replanteo, abasto e preparación do material. Preparación da masa de agarre.

-Información: natureza, tipo e soportes:

Documentación gráfica. Partes de traballo e de incidencias.

2.5.4. Unidade de competencia 4: realizar revestimentos en láminas:

RealizaciónsCriterios de realización

4.1.Preparar e manter ferramentas, equipos, materiais e medios auxiliares, dispondo as medidas e medios de seguridade necesarios e realizando as operacións de fin de xornada.* Interpretáronse correctamente as ordes verbais ou escritas e a documentación gráfica, e redactouse de meneira clara e concisa os partes de traballo.

* As ferramentas, materiais e medios auxiliares foron os axeitados e, unha vez rematado o traballo, recolléronse e almacenáronse correctamente.

* As medidas de seguridade aplicadas correspóndense coas recollidas no plan de seguridade.
* Respectáronse as normas de seguridade persoal e colectiva, mantendo libre de riscos a zona de traballo, e colaborouse con outros oficios sen entorpece-lo seu labor.

4.2.Repo-lo soporte eliminando axeitadamente o revestimento anterior e en condicións de seguridade.* O procedemento elixido é o axeitado para o tipo de acabado previo.

* Eliminouse por completo calquera resto do acabado existente.

* Non quedou alterada a natureza do soporte.

RealizaciónsCriterios de realización

* A operación non supuxo deterioración nos elementos próximos.
* Identificáronse e aplicáronse as medidas de seguridade correspondentes.

4.3.Prepara-lo soporte imprimándoo, aplanándoo ou recibindo a estructura auxiliar base do revestimento, en condicións de seguridade.* O procedemento elixido é o axeitado á natureza do revestimento que se vai colocar.

* O soporte preparado non presenta irregularidades, humidades nin outras imperfeccións que impidan ou deterioren a colocación do revestimento.

* A operación non supuxo deterioración nos elementos próximos.
* A consistencia do paramento é a adecuada.
* Identificáronse e aplicáronse as medidas de seguridade correspondentes.

4.4.Planea-los paramentos que hai que revestir cortando placas, pranchas ou tiras de revestimento.* Tivéronse en conta as vetas ou debuxos do revestimento final para facelos casar ó colocalos no paramento.

* Foron previstos os ocos de ventilación ou paso para prepara-lo material.

4.5.Aplica-lo revestimento sobre o soporte, fixándoo convenientemente e acabándoo coa calidade requirida e en condicións de seguridade.* As xuntas entre pezas quedaron dispostas de acordo co especificado.

* Non hai roturas, pregamentos nin bolsas no revestimento terminado.

* Casáronse vetas e debuxos das pezas.

* Identificáronse e aplicáronse as medidas de seguridade correspondentes.

Dominio profesional

-Medios de producción ou tratamento da información:

Paleta, paletiña de punta, llana, rasqueta, espátula e cinta métrica. Regras, cepillo. Cortadora para revestimentos flexibles e para revestimentos lixeiros. Medios auxiliares como andamios normalizados. Medios de protección individual como máscaras, casco, lentes e luvas. Medios de protección colectiva como escadas e varandas.

-Materiais e productos intermedios:

Adhesivo, papel lavable ou vinílico, micromadeira, microcortiza, plástico flexible, pranchas de cortiza, perfís de aluminio e de PVC, placas ríxidas de PVC, aluminio ou aceiro, tecidos téxtiles e moquetas, muletón e tapagrampas.

-Principais resultados do traballo (productos e/ou servicios):

Revestimentos flexibles de papel, plástico, micromadeira ou microcortiza. Revestimentos lixeiros con prancha ríxida de cortiza, táboa, taboleiro de aceiro inoxidable ou PVC e perfil metálico ou plástico. Revestimentos con tecidos de material téxtil ou moquetas naturais, artificiais ou sintéticas.

-Procesos, métodos e procedementos:

Replanteo, abasto e preparación do material.

-Información (natureza, tipo e soportes):

Documentación gráfica. Partes de traballo e de incidencias.

2.5.5. Unidade de competencia 5: aplicar pinturas e vernices.

RealizaciónsCriterios de realización

5.1.Preparar e manter ferramentas, equipos, materiais e medios auxiliares, dispondo as medidas e medios de seguridade necesarias e realizando as operacións de fin de xornada.* Interpretáronse correctamente as ordes verbais ou escritas e a documentación gráfica, e redactouse de maneira clara e concisa os partes de traballo.

* As ferramentas, materiais e medios auxiliares son os adecuados e, unha vez rematado o traballo, recolléronse e almacenáronse correctamente.

RealizaciónsCriterios de realización

* As medidas de seguridade aplicadas correspóndense coas recollidas no plan de seguridade.
* Respectáronse as normas de seguridade persoal e colectiva, mantendo libre de riscos a zona de traballo, e colaborouse con outros oficios sen entorpece-lo seu labor.

5.2.Repo-lo soporte eliminando adecuadamente o revestimento anterior e en condicións de seguridade.* O procedemento elixido é o axeitado ó tipo de acabado previo.

* Eliminouse por completo calquera resto do acabado existente.

* Non quedou alterada a natureza do soporte.

* A operación non supuxo deterioración nos elementos próximos.
* Identificáronse e aplicáronse as medidas de seguridade correspondentes.

5.3.Prepara-la superficie do soporte eliminando manchas, eflorescencias e poros, dándolle a textura especificada e imprimándoa debidamente, en condicións de seguridade.* O procedemento elixido é o adecuado á natureza do soporte.

* Elimináronse por completo as manchas de balor e/ou óxido e as eflorescencias salinas, polo que a superficie se presenta completamente limpa e desengraxada.

* Realizouse a imprimación seladora, a man de fondo ou o emplastecido e lixado de acordo coa natureza do soporte.

* A textura dada correspóndese coa especificada, é uniforme e estable.
* A operación non supuxo deterioración nos elementos próximos.
* Identificáronse e aplicáronse as medidas de seguridade correspondentes.

5.4.Mestura-los compoñentes da pintura e/ou verniz, obtendo a cor, resistencia e consistencia especificada.* Os compoñentes que se van mesturar son os adecuados e compatibles entre si.

* A dosificación dos compoñentes é a especificada.

* O mesturado garante a homoxeneidade da mestura.
* O tempo de mesturado e de uso é o preciso.

5.5.Aplicarlle a pintura ou o verniz ó soporte, obtendo o acabado especificado da superficie, coa calidade requirida e en condicións de seguridade.* A cor é a especificada.

* Non quedaron na superficie terminada descascaduras, fendeduras, descolgamentos nin bolsas.

* A superficie resultou uniforme e homoxénea.

* A aplicación non supuxo deterioración nos elementos próximos.

* Identificáronse e aplicáronse as medidas de seguridade correspondentes.

Dominio profesional

-Medios de producción ou tratamento da información:

Proxector de pasta, pistola, compresor e mesturadora. Cepillos, brochas, rodos, pinceis, monecas, paleta e llana. Regra e cinta métrica. Medios auxiliares como andamios normalizados. Medios de protección individual como máscara, casco, lentes e luvas. Medios de protección colectiva como aparellos de ventilación, escadas e varandas.

-Materiais e productos intermedios:

Auga, disolvente e decapante. Pinturas, esmaltes, lacas e vernices. Imprimador para metal e madeira. Imprimador selante para xeso e cemento.

-Principais resultados do traballo (productos e/ou servicios):

Revestimentos con pintura. Revestimentos con verniz. Revestimentos con laca.

-Información: natureza, tipo e soportes:

Documentación gráfica. Partes de traballo e de incidencias.

2.5.6. Unidade de competencia 6: montar e fixar paneis prefabricados:

RealizaciónsCriterios de realización

6.1.Preparar e manter ferramentas, equipos, materiais e medios auxiliares, dispondo as medidas e medios de seguridade necesarias e realizando as operacións de fin de xornada.* Interpretáronse correctamente as ordes verbais ou escritas e a documentación gráfica, e redactáronse de maneira clara e concisa os partes de traballo.

* As ferramentas, materiais e medios auxiliares foron os adecuados e, unha vez rematado o traballo, recolléronse e almacenáronse correctamente.

* As medidas de seguridade aplicadas correspóndense coas recollidas no plan de seguridade.
* Respectáronse as normas de seguridade persoal e colectiva, mantendo libre de riscos a zona de traballo, e colaborouse con outros oficios sen entorpece-lo seu labor.

6.2.Montar prefabricados para cerramentos de fachada con muros cortina ou paneis, fixándoos convenientemente e en condicións de seguridade.* Niveláronse e achumbáronse, de se-lo caso, os elementos da estructura auxiliar.

* A fixación dos elementos do cerramento foi a indicada nas especificacións técnicas.

* O largo e a disposición de xuntas é a especificada.

* O selado é continuo, non ten rebarbas nin desprendementos e correspóndese co especificado.
* Os elementos metálicos da estructura auxiliar de suxeición están debidamente protexidos contra a corrosión.
* Identificáronse e aplicáronse as medidas de seguridade correspondentes.

6.3.Montar particións prefabricadas, ensamblando e fixando paneis e en condicións de seguridade.* O replanteo axústase ó plano en canto a medidas e situación dos pasos ou ocos.

* O perfil é continuo, do tipo especificado, e foi nivelado e achumbado.

* A presión do tensor é a suficiente.
* O empanelado é continuo e a súa fixación ó perfil axeitada.
* Os tapaxuntas son do tipo especificado e foron colocados debidamente no lugar previsto.
* Identificáronse e aplicáronse as medidas de seguridade correspondentes.

6.4.Montar teitos suspendidos e solos técnicos, fixándoos convenientemente, en condicións de seguridade.* O nivel dos perfís de suxeición é o adecuado e está referido ó nivel xeral da planta.

* A separación e tipo dos perfís de suxeición correspóndense co plano e as especificacións técnicas.

* O sistema de suxeición de perfís e placas é o especificado.
* Os ocos previstos correspóndense cos indicados nos planos e teñen as medidas adecuadas.
* Identificáronse e aplicáronse as medidas de seguridade correspondentes.

6.5.Montar prefabricados de vidro, fixándoos e selándoos adecuadamente ós ocos, en condicións de seguridade.* O tipo de vidro, o seu grosor, a cor e o tamaño correspóndese coas especificacións técnicas.

* As dimensións do perfil e do vidro correspóndense entre si e están de acordo co consignado nos planos.

* O selado é continuo, non está fendido e está totalmente adherido ó vidro.
* Colocáronse correctamente os calzos, e o seu número e tipo son os especificados.
* Identificáronse e aplicáronse as medidas de seguridade correspondentes.

6.6.Montar prefabricados en forma de placas ou pranchas para cerramentos e cubertas, fixándoos segundo especificacións e en condicións de seguridade.* Respectáronse os solapos especificados segundo a natureza e situación do material.

* O sentido de colocación das placas ou pranchas impide as filtracións de auga.

* A suxeición das pezas é a especificada en canto a tipo, número e situación dos accesorios de fixación, posibilitando a eventual dilatación ou contracción das pezas.

* O illamento é o adecuado.
* As xuntas ou empalmes garanten a estanquidade do conxunto.
* Identificáronse e aplicáronse as medidas de seguridade correspondentes.

Dominio profesional

-Medios de producción ou tratamento da información:

Trade, cortadora, paleta, paletiña de punta, regra, nivel e escuadra de albanel, aparafusado manual e automático, chumbada e cinta métrica. Medios auxi

liares como estadas normalizadas. Medios de protección individual como casco, botas antiesvarantes, luvas e cinto de seguridade. Medios de protección colectiva como escadas de acceso, redes e viseiras de protección.

-Materiais e productos intermedios:

Láminas bituminosas antihumidade, ancoraxes, xuntas de estanquidade, paneis alixeirados, macizos ou compostos de formigón, selantes, vidro sinxelo, dobre, de seguridade e lúa, montantes e traveseiros de aluminio e aceiro, fibrocemento, zinc, aliaxes lixeiras e PVC, escaiola.

-Principais resultados do traballo (productos e/ou servicios):

Fábrica de vidro. Muros cortina ou muros de paneis. Particións prefabricadas. Tellados de fibrocementos, galvanizados, de zinc, sintéticos e de aliaxes lixeiras. Acristalamentos. Teitos continuos. Teitos en placas.

-Procesos, métodos e procedementos:

Abasto e preparación do material.

-Información (natureza, tipo e soportes):

Documentación gráfica. Partes de traballo e de incidencias.

2.5.7. Unidade de competencia 7: comproba-los medios de seguridade previstos no plan:

RealizaciónsCriterios de realización

7.1.Preparar e manter ferramentas, equipos, materiais e medios auxiliares, dispondo as medidas de seguridade necesarias e realizando as operacións de fin de xornada.* Interpretáronse correctamente as ordes verbais ou escritas e a documentación gráfica, e redactáronse de maneira clara e concisa os partes de traballo.

* As ferramentas, materiais e medios auxiliares foron os adecuados e, unha vez rematado o traballo, recolléronse e almacenáronse correctamente.

* As medidas de seguridade aplicadas correspóndense coas recollidas no plan de seguridade.
* Respectáronse as normas de seguridade persoal e colectiva mantendo libre de riscos a zona de traballo; e colaborouse con outros oficios sen entorpece-lo seu labor.

7.2.Comproba-la seguridade das instalacións provisionais de obra, dispondo as medidas recollidas no plan.* Comprobouse que os locais se axustan ás normas segundo a súa distribución, iluminación, dimensións, estado de conservación, limpeza, ventilación, temperatura e dotación de servicios hixiénicos.
* Comprobouse que a instalación eléctrica está sectorizada e que os cadros de distribución son regulamentarios, así como a existencia e bo funcionamento dos dispositivos de toma de terra das masas e dos de corte por intensidade de defecto.
* Comprobouse o bo estado dos materiais e conexións antes do seu uso e a sinalización de perigo en caso de avaría, deixando sen tensión o elemento estragado.
* O lugar e a cantidade dos abastos correspóndense coas especificacións previamente establecidas.
* O persoal que utiliza esas instalacións foi debidamente instruído sobre o seu manexo e leva en cada momento os medios de protección necesarios.

7.3.Comprobar periodicamente o estado de conservación e disposición dos medios auxiliares e de protección colectiva de acordo co plan de seguridade de obra.* Realizáronse correctamente as operacións de rutina diaria segundo o manual de mantemento, comunicando as posibles anomalías e corrixindo as da súa competencia.

* Comprobouse que as proteccións colectivas son as recollidas no plan, cumpren a normativa, impiden a caída do operario durante tódalas fases do traballo e superaron as probas de carga regulamentarias.

* Comprobouse que a instalación foi realizada por persoal competente de acordo coas normas do fabricante, se é o caso, ou canto á estabilidade e dispositivos de protección e seguridade.

RealizaciónsCriterios de realización

* O persoal que manexa cada un dos medios auxiliares foi debidamente instruído sobre o seu manexo e leva en cada momento os medios de protección individual necesarios.

7.4.Comprobar periodicamente a seguridade da maquinaria, dispondo as medidas recollidas no plan.* Comprobouse o correcto funcionamento dos indicadores de manobra visuais e acústicos, coa periodicidade que indica a norma.

* As zonas de posible atrapamento están debidamente sinalizadas e protexidas.

* Comprobouse que os operadores das máquinas recibiron instruccións sobre os riscos do traballo que se debe realizar e as normas de comportamento para previlos, eliminalos ou minimizalos.
* Comprobouse que na zona de actuación das máquinas non circulan persoas a pé e que está debidamente sinalizada.

7.5.Comproba-la seguridade nas zonas de traballo na obra, verificando o correcto emprego dos medios de seguridade previstos no plan.* O operador leva a roupa de protección persoal normalizadas e está instruído sobre riscos do traballo e comportamento en caso de accidente.

* A zona de traballo está convenientemente acoutada e permanentemente sinalizada, mesmo á noite, e non se permite que traballe ningunha persoa de forma illada nin en lugares recónditos.

* Comprobouse a correcta iluminación e ventilación das zonas de traballo, así como a non existencia de gases nocivos.
* Comprobouse que o tipo de protección colectiva é forte e seguro, que impedirá a caída do operario en tódalas fases do traballo, que cubrirá tódolos ocos, que foi instalada por persoal competente e que evitará o derrubamento ou caída dos materiais.
* Comprobouse que as subministracións de materiais á zona de traballo se fan de forma correcta e observando tódalas medidas de seguridade.

Dominio profesional

-Medios de producción:

Medios de protección colectiva como varandas, redes, escadas de acceso e viseiras de protección. Medios de protección individual como casco, botas, luvas, lentes e cinto de seguridade. Medios auxiliares como andamios normalizados, plataformas de traballo, escadas, valos e sinais. Equipos de medida como óhmetros, amperímetros e telurómetros. Maquinaria de obra e as súas proteccións.

-Principais resultados do traballo (productos e/ou servicios):

Zonas de traballo coas súas proteccións colectivas instaladas. Zonas de paso e de traballo limpas e ordenadas. Operarios que usan o equipo de protección persoal necesario. Máquinas que traballan cos seus equipos e sinais de seguridade montados. Informes sobre causas de eventuais accidentes. Partes de traballo e de incidencias. Accesos limpos, protexidos e sinalizados. Instalación, seguimento e control de elementos e medios de protección. Uso e bo estado de conservación dos equipos individuais.

-Procesos, métodos e procedementos:

Normativa sobre seguridade e hixiene na construcción. Plan de seguridade da obra. Métodos de mantemento.

-Información (natureza, tipo e soportes):

Documentación gráfica. Partes de traballo e de incidencias. Libro de incidencias. Estatística sobre accidentes.

2.5.8. Unidade de competencia 8: realiza-la administración, xestión e comercialización nunha pequena empresa ou taller.

RealizaciónsCriterios de realización

8.1.Avalia-la posibilidade de implantación dunha pequena empresa ou taller en función da súa actividade, volume de negocio e obxectivos.* Seleccionouse a forma xurídica de empresa máis axeitada ós recursos dispoñibles, ós obxectivos e ás características da actividade.

* Realizouse a análise previa á implantación, valorando:

-A estructura organizativa adecuada ós obxectivos.
-A situación física e ámbito de actuación (distancia clientes/provedores, canles de distribución, prezos do sector inmobiliario de zona, elementos de prospectiva).
-A previsión de recursos humanos.
-A demanda potencial, previsión de gastos e ingresos.
-A estructura e composición do inmobilizado.
-As necesidades de financiamento e a súa forma máis rendible.
-A rendibilidade do proxecto.
-A posibilidade de subvencións e/ou axudas á empresa ou á actividade, ofrecidas polas diferentes administracións públicas.
* Determinouse adecuadamente a composición dos recursos humanos necesarios, segundo as funcións e procesos propios da actividade da empresa e dos obxectivos establecidos, atendendo á formación, experiencia e condicións actitudinais, se procede.

8.2.Determina-las formas de contratación máis idóneas en función do tamaño, actividade e obxectivos dunha pequena empresa.* Identificáronse as formas de contratación vixentes, determinando as súas vantaxes e inconvenientes e establecendo as máis habituais no sector.

* Seleccionáronse as formas de contrato óptimas, segundo os obxectivos e as características da actividade da empresa.

8.3.Elaborar, xestionar e organiza-la documentación necesaria para a constitución dunha pequena empresa e a xerada polo desenvolvemento da súa actividade económica.* Estableceuse un sistema de organización da información adecuado que proporcione información actualizada sobre a situación económico-financeira da empresa.

* Realizouse a tramitación oportuna ante os organismos públicos para a iniciación da actividade de acordo cos rexistros legais.

* Os documentos xerados (facturas, albarás, notas de pedido, letras de cambio, cheques e recibos) foron elaborados no formato establecido pola empresa cos datos necesarios en cada caso e de acordo coa lexislación vixente.
* Identificouse a documentación necesaria para a constitución da empresa (escritura, rexistros, imposto de actividades económicas,...).

8.4.Promove-la venda de productos ou servicios mediante os medios ou relacións axeitadas, en función da actividade comercial requirida.* No plan de promoción, tívose en conta a capacidade productiva da empresa e o tipo de clientela potencial dos seus productos e servicios.

* Seleccionouse o tipo de promoción que fai óptima a relación entre o incremento das vendas e o custo da promoción.

* A participación en feiras e exposicións permitiu establece-las canles de distribución dos diversos productos ou servicios.

8.5.Negociar con provedores e clientes, buscando as condicións máis vantaxosas nas operacións comerciais.* Tivéronse en conta, na negociación cos provedores:-Prezos do mercado.-Prazos de entrega.-Calidades.
-Condicións de pagamento.
-Transportes, se procede.
-Descontos.
-Volume de pedido.
-Liquidez actual da empresa.
-Servicio posvenda do provedor.
* Nas condicións de venda propostas ós clientes tivéronse en conta:
-Marxes de beneficios.
-Prezo de custo.
-Tipos de clientes.
-Volume de venda.
-Condicións de cobramento.
-Descontos.
-Prazos de entrega.
-Transporte, se procede.
-Garantía.
-Atención posvenda.

8.6.Crear, desenvolver e manter boas relacións con clientes reais ou potenciais.* Transmitiuse en todo momento a imaxe desexada da empresa.

* Os clientes son atendidos cun trato dilixente e cortés e na marxe de tempo prevista.

* Respondeuse satisfactoriamente á súa demanda, resolvendo as súas reclamacións con dilixencia e prontitude e promovendo as futuras relacións.

RealizaciónsCriterios de realización

* Comunicóuselles ós clientes calquera modificación ou innovación da empresa, que lles poida interesar.

8.7.Identificar, en tempo e forma, as accións derivadas das obrigas legais dunha empresa.* Identificouse a documentación esixida pola normativa vixente.

* Identificouse o calendario fiscal correspondente á actividade económica desenvolvida.

* Identificáronse as obrigas legais laborais.
-Altas e baixas laborais.
-Nóminas.
-Seguros sociais.

Dominio profesional

-Información que manexa:

Documentación administrativa: facturas, albarás, notas de pedido, letras de cambio, cheques.

-Documentación cos distintos organismos oficiais:

Permisos de apertura do local, permiso de obras, etc. Nóminas TC1, TC2. Alta no IAE. Libros contables oficiais e libros auxiliares. Arquivos de clientes e provedores.

-Tratamento da información:

Terá que coñece-los trámites administrativos e as obrigas cos distintos organismos oficiais, xa sexa para realizalos o propio interesado ou para contrata-la súa realización a persoas ou empresas especializadas.

O soporte da información pode estar informatizado utilizando paquetes de xestión moi básicos existentes no mercado.

-Persoas coas que se relaciona:

Provedores e clientes. Ó ser unha pequena empresa ou taller, en xeral, tratará con clientes con pedidos ou servicios que darán lugar a pequenas ou medianas operacións comerciais. Xestorías.

2.6. Evolución da competencia profesional:

2.6.1. Cambios nos factores tecnolóxicos, organizativos e económicos:

Menciónase a continuación unha serie de cambios previsibles no sector que, en maior ou menor medida, poden influír na competencia desta figura:

* Prevese unha maior diversificación das actividades empresariais, ampliándose a gama de servicios ofrecidos, e un maior desenvolvemento das empresas especializadas en subministración de servicios, sendo as dedicadas a instalación as que terán especial peso, co conseguinte aumento das subcontratacións. Tamén se incrementarán as actividades de rehabilitación e mantemento, o que solucionará parcialmente as restriccións de solo e as actividades en materia de obra civil.

* Aumento do tamaño empresarial, medido en volume de capital, o que favorecerá a competitividade empresarial, en especial de cara ós mercados inter

nacionais. Como consecuencia da liberalización dos contratos públicos, favorecerase a asociación con empresas europeas para a realización de obras no mercado europeo, o que repercutirá positivamente nas estructuras empresariais. Darase tamén un aumento da participación de empresas europeas na nosa estructura empresarial nacional, que permitirá operar con maior facilidade.

* Utilización de materiais e elementos de maior calidade ante a presión exercida pola Unión Europea en materia de certificación de productos. Prevese tamén un aumento dos niveis de calidade esixidos en execución de obras.

* Penetración de novos sistemas de construcción, pavimentos confortables, menos ruidosos, sistemas de prevención de contaminación dos edificios, ante a presión por cuestións de protección do medio ambiente.

* Desenvolvemento da normativa de seguridade e prevención e maior esixencia na súa aplicación.

2.6.2. Cambios nas actividades profesionais:

* O aumento dos niveis de calidade esixidos nas unidades de obra determinará unha actividade máis rigorosa para o seu control, baseada na comprensión e adecuada aplicación do plan de calidade específica. Algo similar ocorrerá co plan de seguridade do que a súa aplicación e control sistemático debe constituír unha actividade de importancia crecente.

* Daranse tamén cambios específicos na actividade deste profesional derivados da utilización de novos materiais e equipos.

2.6.3. Cambios na formación:

* A súa formación en calidade débese enfocar a conseguir unha concepción global dela no proceso da obra e uns coñecementos en materiais, unidades de obra e medios de control que lle permitan actuar neste campo sistematicamente e pórse ó día.

* Deberá coñece-la utilidade e instalación dos distintos medios de proteccións e ter unha visión global da seguridade na obra e un coñecemento da súa normativa e documentación específica que o leve a ter en conta de forma permanente este aspecto, en tódalas súas actuacións.

* Outras necesidades de formación que se poderían deducir dos cambios previsibles no sector, como poden se-los coñecementos de materiais e técnicas aplicables á rehabilitación, operacións con novos materiais, utilización de novos equipos, así como a súa influencia na organización das tarefas na obra, non parecen xeneralizables e poderían ser atendidos mediante formación ocupacional ou de posto de traballo.

2.7. Posición no proceso productivo:

2.7.1. Contorno profesional e de traballo:

Esta figura exercerá a súa actividade no sector da construcción, na área de execución.

Os principais subsectores nos que pode desenvolve-la súa actividade son:

* Edificación: edificios industriais, edificios comerciais e de servicios, edificios singulares, vivendas e rehabilitación.

* Obra civil: aeroportos, estradas, obras marítimas, obras subterráneas, ferrocarrís, conduccións lineais e obras especiais.

* Noutros sectores productivos onde se realicen traballos de pintura e decoración.

En xeral grandes, medianas e pequenas empresas constructoras. Eventualmente de forma autónoma como subcontratista.

2.7.2. Contorno funcional e tecnolóxico:

Esta figura profesional sitúase fundamentalmente nas funcións ou subfuncións de producción e execución, seguridade e calidade e toma de mostras e ensaios de obra.

As técnicas e coñecementos tecnolóxicos abranguen o campo da execución de revestimentos continuos, en placas e en láminas e a montaxe e fixación de prefabricados.

Están ligadas directamente a:

* Proceso de execución: conxunto de equipos para a elaboración de masas, para a mestura de pinturas e vernices, para a preparación de superficies, para o revestimento e acabado de paramentos, para a montaxe e fixación de prefabricados e acristalamentos e para a instalación de medios auxiliares e de seguridade, así como técnicas e procedementos para a súa realización.

* Coñecemento das características e propiedades dos materiais de construcción (aglomerantes, áridos, aditivos, masas preparadas, pintura, vernices, revestimento en chapas e láminas, prefabricados, vidro) para a súa correcta manipulación e colocación en obra e coñecemento do plan de seguridade da obra para a disposición e comprobación dos medios necesarios.

2.7.3. Ocupacións, postos de traballo tipo máis relevantes:

Con fins de orientación profesional enuméranse a continuación as ocupacións e postos de traballo que poderían ser desempeñados adquirindo a competencia profesional definida no perfil do título:

* Sollador, colocador de azulexo, pavimentador, lucidor-escaiolista-revocador, pintor, empapelador, enteador, enmoquetador, instalador de solos industriais, instalador de pavimentos sintéticos, teitador en materiais sintéticos e en metal, cristaleiro, instalador de solos técnicos, instalador de placas en teitos e montador de andamios.

3. Currículo.

3.1. Obxectivos xerais do ciclo formativo:

* Comprender e/ou aplica-la terminoloxía, instrumentos, ferramentas, equipos e métodos necesarios

para a organización e execución dos traballos de revestimento continuo conglomerado, pavimentación e colocación de azulexo, revestimento en láminas, aplicación de pinturas e vernices, e montaxe e fixación de paneis prefabricados.

* Interpretar e comprende-la información xeral e, en xeral, toda a linguaxe simbólica asociada ás operacións e control de traballos de acabados de construcción.

* Interpreta-los procesos de execución e efectua-los traballos de revestimento continuo conglomerado, pavimentación e colocación de azulexo, revestimento en láminas, aplicación de pinturas e vernices, e montaxe e fixación de paneis prefabricados.

* Analiza-los procesos de execución de construcción de revestimentos continuos conglomerados, pavimentación e colocación de azulexo, revestimentos en láminas, aplicación de pinturas e vernices, e montaxe e fixación de paneis prefabricados, comprendendo a interrelación e secuenciación lóxica das fases dos traballos e observando a correspondencia entre as ditas fases e os materiais, os equipos, os recursos humanos, medios auxiliares e de seguridade que interveñen en cada un deles.

* Planifica-los traballos de obra, identificando as características dos recursos humanos e materiais dispoñibles e necesarios, determinando a composición das cuadrillas, o acondicionamento dos postos de traballo e os medios auxiliares e de seguridade necesarios, seleccionando os métodos de traballo e as medidas de seguridade e protección, e distribuíndo as cargas, os tipos e as secuencias de traballo das cuadrillas e as axudas, para organizar con eficacia a preparación da obra.

* Realiza-lo replanteo de obras, interpretando as especificacións dos planos, identificando o tipo e características dos útiles e as condicións de replanteo, e aplicando as técnicas con precisión, estabilidade, claridade e seguridade, co fin de preparar e establecer referencias dos traballos que se vaian realizar.

* Acondicionar paramentos, solos, soportes e superficies de obras, detectando irregularidades, defectos, elementos estraños e revestimentos anteriores, interpretando as especificacións técnicas dos traballos que se realicen, identificando os productos, materiais, ferramentas e operacións de preparación e reparación de soportes e superficies, aplicando técnicas de acondicionamento, eliminando elementos estraños, tratando as superficies e situando os elementos auxiliares que posibiliten a realización dos traballos.

* Preparar masas e materiais de fixación e pinturas adecuados ó tipo de unión e uso, interpretando as especificacións e características dos equipos, os útiles e as condicións de realización, dosificando e mesturando os compoñentes e comprobando os resultados canto a homoxeneidade e consistencia, para

determina-las cantidades necesarias coa antelación suficiente.

* Realiza-los revestimentos continuos conglomerados, pavimentación, colocación de azulexos, revestimentos en láminas, aplicación de pinturas e vernices, montaxe e fixación de paneis prefabricados, interpretando as especificacións técnicas dos traballos que se realicen, e identificando os productos, materiais, ferramentas e operacións necesarias para consegui-la calidade requirida, coa suficiente destreza e seguridade.

* Verifica-la producción dos traballos de acabado comprobando as condicións técnicas de realización, a toma de mostras, as unidades de obra executadas e os niveis de producción conseguidos respecto das especificacións do plan e proxecto de obra, elaborando a documentación de control, relacionando as desviacións coas súas causas e determinando accións correctoras e posibles solucións alternativas.

* Coordinar un equipo de traballo de xeito eficiente, analizando as actividades que realizan e a integración dos diferentes postos de traballo, avaliando a interrelación de funcións e as relacións humanas no traballo, informando e instruíndo o persoal da obra, e propondo as modificacións que se consideren necesarias para optimiza-la actuación profesional e as relacións persoais.

* Controla-las medidas e os requisitos de seguridade das obras de acabado canto a instalacións provisionais, medios auxiliares e de protección tanto colectiva como individual, maquinaria e condicións de traballo xerais da obra e de cada posto concreto, determinando as medidas e accións correctoras necesarias.

* Sensibilizarse respecto dos efectos que as condicións de traballo poden producir sobre a saúde persoal, colectiva e ambiental, co fin de mellora-las condicións de realización do traballo, utilizando medidas correctivas e protección adecuadas.

* Comprende-lo marco legal, económico e organizativo que regula e condiciona a actividade industrial, identificando os dereitos e as obrigas que se derivan das relacións laborais, adquirindo a capacidade de segui-los procedementos establecidos e de actuar con eficacia nas anomalías que poden presentarse neles.

* Utilizar e procurar vías de información e formación relacionadas co exercicio da profesión, que lle posibiliten o coñecemento e a inserción no sector da construcción e a evolución e adaptación das súas capacidades profesionais ós cambios tecnolóxicos e organizativos do sector.

3.2. Módulos profesionais asociados a unha unidade de competencia:

3.2.1. Módulo profesional 1: organización dos traballos de acabados de construcción:

Asociado á unidade de competencia 1: organiza-los traballos de acabados de construcción.

Capacidades terminais elementais

* Interpretar correctamente os documentos relativos a un proxecto, no que se refire a modos de execución, materiais e dimensións, e relacionalos adecuadamente entre si.

* Interpretar debidamente o plan de seguridade da obra e describi-las medidas e medios necesarios para o seu cumprimento.

* Describi-las normas de recepción dos materiais para utilizar na obra.

* Describi-los métodos de control de calidade para os materiais, a elaboración, o transporte, a colocación, a posta en obra, as terminacións.

* Seleccionar do proxecto os documentos informativos necesarios para cada un dos lugares da obra: revestimentos continuos conglomerados, pavimentacións, colocación de azulexos e aplacados, pinturas e vernices, revestimentos de láminas, montaxe de paneis prefabricados, en cubertas, fachadas e paramentos interiores.

* Relacionar correctamente os planos de conxunto e de detalle que especifican unha mesma unidade de obra, e interpretar correctamente as vistas e seccións que os definen.

* Determina-las medidas de seguridade, as instalacións provisionais, clase de maquinaria e a súa localización, zonas de provisión de materiais, zonas de paso, ventilación e iluminación.

* Determina-las fases de realización da obra, a partir da documentación do proxecto ou da inspección dos lugares de obra.

* Determina-los recursos humanos e materiais, equipos e medios auxiliares e de seguridade necesarios en cada fase de obra.

* Realizar esbozos de obra con indicación de cotas, tomando as medidas cos instrumentos axeitados.

* Definir claramente o plan diario de traballo, en función dos recursos, data de entrega, tamaño da obra e ritmo necesario segundo o calendario previsto.

* Organiza-los lugares de obra distribuíndo as cargas e os recursos, medios auxiliares, instalacións provisionais, espacios e percorridos, adoptando as correspondentes medidas de seguridade segundo o plan previsto.

* Reparti-los traballos diarios previstos para cada cuadrilla no planning previsto segundo os datos do proxecto.

* Controla-los traballos realizados diariamente, detectando as posibles desviacións entre o previsto e o realizado.

* Calcula-las cubicacións de obra executada para un suposto punto de control.

* Corrixi-lo plan de traballo en función das desviacións ou posibles continxencias xurdidas, inten

tando mellora-lo rendemento e aproveitar optimamente os recursos.

* Realizar informes periódicos dos partes de traballo, identificando a unidade de obra acometida, os equipos empregados, a parte executada e a producción que estaba prevista.

* Comunicar oportunamente as desviacións detectadas no punto anterior ó responsable do seguimento da planificación, así como as posibles causas e as propostas de corrección.

* Detectar e definir, levando a cabo o debido seguimento e control, os detalles conflictivos que cumpra realizar, para llos comunicar adecuada e oportunamente ás cuadrillas implicadas na súa execución.

* Verifica-lo cumprimento das normas de seguridade individuais ou colectivas de cada lugar da obra.

* Realiza-la toma de mostras daqueles materiais que haxa que analizar no laboratorio, seguindo os procesos especificados e/ou normalizados; identificalas, almacenalas e entregalas para o seu control.

* Planifica-las axudas a outros oficios, optimizando sempre o aproveitamento dos recursos.

* Realizar medicións das diferentes unidades de obra, sobre plano e/ou sobre obra real, de acordo cos criterios establecidos.

* Detectar erros e desviacións na medición das diferentes unidades de obra, entre o establecido no proxecto e a medición realizada na obra.

* Valorar unidades de obra partindo de medicións correctas e aplicando prezos debidamente actualizados.

* Realizar orzamentos de traballos que poidan ser obxecto de subcontrata.

Contidos (duración 320 horas)

Contidos procedementais

Representación gráfica:

* Identificación das formas e dimensións do elemento que se vai representar.

* Elaboración do bosquexo.

* Determinación das técnicas de expresión gráfica que se van empregar.

* Selección de útiles, soporte, formato e escalas máis adecuadas para a realización dos planos.

* Selección e aplicación da simboloxía máis adecuada.

* Acotación do plano.

Realización de medicións e valoracións:

* Elección da unidade de medida máis axeitada para realiza-la medición.

* Realización de medicións sobre o plano.

* Realización de medicións na obra.

* Elaboración de prezos unitarios.

* Determinación de custos da man de obra das cuadrillas de operarios.

* Realización de actualizacións de prezos.

* Valoración de partidas alzadas.

* Elaboración do orzamento de execución material.

* Elaboración do orzamento de contrata.

* Elaboración do orzamento de liquidación.

Realización de replanteos:

* Interpretación correcta dos planos.

* Elección dos útiles e instrumentos máis idóneos para materializa-lo replanteo.

* Elección do método de replanteo máis apropiado ó caso concreto.

* Realización de replanteos.

* Comprobación do traballo realizado.

Organización, seguimento e control da obra:

* Identificación das características dos traballos a partir dos planos, memorias e prego de condicións do proxecto.

* Determinación dos recursos humanos e materiais necesarios.

* Distribución dos recursos materiais e humanos e os medios de seguridade.

* Organización do procedemento de traballo en cada lugar de traballo na obra.

* Organización das operacións de acabados, establecendo a orde de prioridades.

* Reaxuste do proceso de execución da obra, tendo en conta as modificacións ou cambios que se poidan producir.

* Interpretación e contraste do plan de traballo e dos partes de avance da obra para detecta-las posibles desviacións e as súas causas realizando as oportunas correccións.

Toma de mostras na obra:

* Obtención das mostras ou probetas polos procedementos especificados ou normalizados.

* Etiquetaxe das mostras ou probetas.

* Almacenamento e custodia das probetas na obra.

* Interpretación dos resultados enviados polos laboratorios.

Contidos conceptuais

Tipoloxía de obras de construcción cos seus correspondentes acabados:

* Edificación pública:

-Edificios industriais e comerciais.

-Edificios culturais e pedagóxicos.

-Edificios de organismos oficiais.

-Edificios relixiosos.

-Edificios deportivos.

* Edificación privada:

-Edificios de vivendas: unifamiliar e plurifamiliar.

* Obra civil: estradas, pontes, ferrocarrís, túneles e obras de urbanización.

Documentos que integran o proxecto:

* Memoria.

* Planos.

* Prego de condicións.

* Orzamento.

Representación gráfica:

* Útiles e materiais de debuxo.

* Unidades de medida.

* Sistemas de representación.

* Escalas: gráfica e numérica.

* Formatos.

* Criterios e técnicas de representación.

* Bosquexos: proceso, proporción e acotación.

* Normalización.

* Simboloxía.

Medicións e valoracións:

* Instrumentos de medida.

* Criterios e formas de medición.

* Unidades de medición.

* Modos de medición na obra e sobre o plano.

* Unidades de obra.

* Capítulos.

* Prezos elementais simples e compostos.

* Prezos auxiliares.

* Orzamentos de execución material, contrata e liquidación.

* Actualizacións de prezos. Revisións.

* Beneficio industrial, gastos xerais, IVE.

Replanteos:

* Plano de replanteo.

* Instrumentos de replanteo.

* Características dun bo replanteo.

* Métodos de replanteo.

Organización e control dos traballos e dos recursos:

* Instalacións provisionais.

* Ferramentas e máquinas empregadas na construcción.

* Elementos auxiliares e de seguridade.

* Plan de calidade.

* Medios de seguridade individuais e colectivos.

* Plan de seguridade. Normas de seguridade e hixiene.

* Recursos humanos.

* Traballos previos, fases, operacións e recursos dos procesos de traballo nas diferentes obras de acabado.

* Modos de elaboración do plan de traballo.

* Gráficos.

Recepción e control de calidade dos materiais empregados nos acabados:

* Recepción e almacenamento de materiais.

* Probas dos materiais, na obra e no laboratorio.

* Criterios de toma de mostras.

* Métodos e técnicas de preparación das mostras.

* Ferramentas para a toma de mostras.

* Ensaios de laboratorio.

* Certificados e selos de calidade.

Contidos actitudinais

* Antelación na organización do traballo, co fin de evitar posibles imprevistos.

* Rapidez e sensatez na toma de decisións.

* Actitude crítica ante os traballos realizados de cara a posibles melloras.

* Preocupación polo mantemento dos útiles, instrumentos e ferramentas.

* Preocupación polo uso correcto das ferramentas.

* Hábito de aplicación das normas de seguridade.

* Interese pola toma de medidas coa precisión requirida.

* Hábito de limpeza no posto de traballo.

* Interese pola fluidez nas relacións mantidas cos membros do equipo.

3.2.2. Módulo profesional 2: revestimentos continuos conglomerados:

Asociado á unidade de competencia 2: realizar revestimentos continuos conglomerados.

Capacidades terminais elementais

* Analizar e interpreta-la documentación gráfica e escrita do proxecto relativa ós revestimentos continuos conglomerados, distinguindo as vistas, seccións e detalles de cada tipo de obra.

* Analizar e interpreta-la normativa de uso obrigatorio e optativo para aplicar a cada caso concreto.

* Selecciona-lo método de execución máis adecuado, canto á orde e secuencia de traballos, para cada caso concreto.

* Selecciona-las máquinas, métodos e medios de seguridade e protección de acordo co tipo de traballo que se realice e o plan de seguridade establecido.

* Establece-las ordes de traballo canto á participación de recursos humanos e materiais, a partir da documentación do proxecto e dos partes de obra.

* Identifica-los puntos críticos de realización de revestimentos que inflúen no desenvolvemento da obra.

* Relaciona-las propiedades físicas, químicas e mecánicas das masas máis empregadas, para utiliza-la máis axeitada en cada caso.

* Planifica-las existencias e ordenación do material tanto no lugar da obra coma no almacén, en función do tempo e do momento de utilización.

* Prepara-las mesturas das masas en función da dosificación, homoxeneidade, consistencia e aditivos previstos para cada unha.

* Replantea-las mestras, observando as especificacións e a distribución de elementos prevista no proxecto.

* Prepara-lo soporte cos materiais adecuados ata restablece-las condicións orixinais, así como imprimilo e illalo con precisión e pulcritude.

* Respecta-las xuntas de dilatación, pasos, rexistros, buracos e ancoraxes, a partir do proxecto e dos criterios de realización.

* Revestir paramentos (horizontais, verticais, inclinados, interiores e exteriores) mediante calquera tipo de revestimento continuo conglomerado, conseguindo a calidade especificada no proxecto.

* Revisa-la obra executada, identificando os defectos e as súas posibles causas, e reparalos con precisión, pulcritude, rapidez e seguridade, en función das ordes de traballo e das posibilidades técnicas, de tempo ou de orzamento.

* Mante-las ferramentas, utensilios, máquinas e medios auxiliares en estado operativo, observando os manuais de uso e conservación.

* Montar e desmonta-los medios auxiliares e os elementos de protección colectiva necesarios para realiza-los traballos, de forma precisa e segura.

* Describi-los procedementos e métodos de conservación e mantemento dos medios auxiliares.

* Coordinarse coas profesións que afecten o desenvolvemento dos traballos de revestimentos continuos conglomerados, axustando os tempos e a forma de traballo.

* Identifica-los medios de protección colectivos instalados no lugar da obra e das máquinas ferramentas, describilos e relacionalos cos perigos dos que protexen.

Contidos (duración 200 horas)

Contidos procedementais

Preparación das mesturas:

* Interpretación da normativa e instruccións de fabricación canto a materiais e execución.

* Determinación dos compoñentes (tipo e medida): áridos, aglomerantes e aditivos.

* Aprovisionamento dos materiais.

* Disposición da ferramenta e maquinaria.

* Dosificación e temporalización da mestura.

* Planificación da cadencia e volume das amasadas.

Manexo de útiles, ferramentas e maquinaria:

* Selección e análise da información técnica.

* Selección e axuste de ferramentas e máquinas para empregar para cada traballo.

* Determinación das medidas de seguridade necesarias para cada traballo.

* Utilización de maquinaria específica para os revestimentos continuos.

* Detección de disfuncións da maquinaria.

* Limpeza e lubricación da maquinaria.

* Montaxe e desmontaxe de medios auxiliares.

Realización de revestimentos:

* Montaxe de estadas.

* Distribución do material no lugar da obra.

* Reparación e/ou preparación do soporte, e eliminación do revestimento antigo en caso necesario en condicións de seguridade.

* Replanteo de mestras.

* Construcción de arestas.

* Construcción de xuntas de dilatación.

* Imprimacións e/ou aplanados dos soportes.

* Aplicación do revestimento coa técnica e acabado previsto.

* Colocación de elementos de remate ou acabado.

* Comprobación e reparación de defectos.

Contidos conceptuais

Materiais de revestimentos conglomerados continuos:

* Características e compoñentes das masas: aglomerante, auga, area e aditivos.

* Tipos de masas: de cemento, de cal, mixtas, con resinas sintéticas e de xeso.

* Dosificación de masas.

* Métodos de fabricación de masas.

* Consistencia de masas.

* Productos preparados.

* Normativas de uso obrigatorio e optativo relativas ás masas.

Tipos de revestimentos e a súa execución:

* Revocadura.

* Gornecidura.

* Enxesadura.

* Lucidura.

* Técnicas de revestimento: revocado previo, a boa vista e mestreado.

* Técnicas de acabado: alisadura, salpicadura e lucidura.

* Masas monocapa.

* A execución sobre muros: horizontais, verticais, inclinados, interiores e exteriores.

* Patoloxías propias destes revestimentos.

* Normativa de uso obrigatorio e optativo relacionada coa execución destes revestimentos.

Ferramentas, máquinas e medios auxiliares:

* Instalacións e medios auxiliares.

* Instrumentos de replanteo.

* Máquinas e ferramentas de obra (proxector, compresor, mesturadora, vibrador e pisón): tipos, características, funcionamento e aplicacións.

* Ferramentas persoais (paleta, paletiña de punta, llana de xeso, llana, regra, nivel, chumbada, cinta métrica, etc.) e medios de protección persoal: tipos, características, funcionamento e aplicacións.

* Aparellos e útiles de seguridade na obra.

* Normas de utilización, de seguridade, de mantemento e de conservación das ferramentas, máquinas e medios auxiliares.

Contidos actitudinais

* Hábito de planificación dos recursos necesarios para a realización dos traballos coa suficiente antelación.

* Interese pola ordenación racional das operacións que se realicen en cada traballo.

* Hábito de manter en orde o posto de traballo, dispondo as ferramentas nos lugares máis adecuados.

* Valoración da importancia da coordinación das tarefas co resto dos compoñentes do equipo.

* Claridade e precisión nos replanteos.

* Hábito de conservación e mantemento sistemático de ferramentas e maquinaria.

* Costume de manter limpo o posto de traballo e vertido do entullo nos lugares habilitados para este mester.

* Actitude crítica ante os métodos empregados para intentar mellora-los factores de calidade, e do tempo empregado, co fin de diminuí-los tempos empregados, así como os riscos e a fatiga física.

* Interese por comunica-las ordes con claridade e precisión.

* Valoración da importancia da toma de decisións con rapidez.

* Respecto escrupuloso ás medidas de seguridade e protección.

* Autosuficiencia e seguridade na execución dos traballos individuais.

* Pulcritude no acabado dos traballos.

3.2.3. Módulo profesional 3: pavimentación e colocación de azulexos:

Asociado á unidade de competencia 3: pavimentar e colocar azulexos.

Capacidades terminais elementais

* Interpreta-la normativa obrigatoria e recomendable relacionada cos traballos de pavimentación e colocación de azulexo.

* Analiza-la información técnica do proxecto para identifica-las características técnicas e constructivas, os procedementos, a técnica, e os materiais e recursos para empregar nos diversos traballos de pavimentación e colocación de azulexo.

* Explica-los diferentes métodos de traballo, identificando o tipo de material e os útiles, ferramentas e máquinas apropiadas.

* Establece-las fases de execución do traballo de pavimentación e colocación de azulexo, determinando os puntos críticos que poden influír no desenvolvemento da obra.

* Elixi-los materiais de fixación que se vai empregar en función das propiedades que se requiran e do tipo de pavimentación ou colocación de azulexo que se realice.

* Establece-los recursos humanos e materiais necesarios para os traballos de pavimentación e colocación de azulexo, así como os medios auxiliares e de seguridade, decidindo a súa localización no lugar da obra.

* Planifica-las existencias e provisións de material para toda a obra de pavimentación e colocación de azulexo, e para cada lugar da obra, tendo en conta o tempo e o momento da súa utilización.

* Determina-la planificación do traballo diario de pavimentación e colocación de azulexo.

* Materializa-los replanteos de mestras.

* Prepara-los soportes en función dos materiais de fixación e dos materiais que se empreguen nas pavimentacións e na colocación de azulexos.

* Prepara-los materiais de fixación, reparación e acabado, en función da dosificación, homoxeneidade, consistencia e aditivos previstos para cada mestura, con precisión e con respecto ás condicións de seguridade e saúde laboral, segundo a normativa e os procedementos establecidos.

* Detectar posibles defectos no muro, identifica-las súas causas e reparalos debidamente.

* Pavimentar e colocar azulexos nos chans e paramentos con pezas de materiais cerámicos, de pedra e industriais, con calidade, pulcritude, precisión e criterios estéticos, respectando as condicións de seguridade e saúde laboral, segundo as especifica

cións do plan de traballo e do proxecto de execución de obra.

* Remata-los traballos de pavimentación e colocación de azulexo, tapando as xuntas do xeito máis conveniente, e secando e limpando o paramento a continuación.

* Revisa-los traballos para detectar posibles defectos, identifica-las súas causas e reparalos con dilixencia e pulcritude.

* Revisar e controla-los plans de obra que atinxen a traballos de pavimentación e colocación de azulexo, para detectar desviacións, identificando as causas, axustando os tempos e/ou recursos, e establecendo as oportunas medidas para evitar que ocorra novamente.

* Identifica-los medios de seguridade que acompañarán as máquinas e os operarios.

* Identifica-los elementos de protección colectiva propios do lugar de traballo na obra.

* Colocar, montar e desmonta-los elementos técnicos, medios auxiliares e elementos de protección colectiva.

* Identifica-los elementos de protección das máquinas-ferramenta empregadas na pavimentación e colocación de azulexos.

* Manexar, limpar e conserva-las ferramentas e maquinaria segundo as especificacións establecidas nos manuais de uso e conservación facilitados polos fabricantes.

* Medir e valora-los traballos de fabricación e colocación de azulexo.

Contidos (duración 345 horas)

Contidos procedementais

Organización do lugar de traballo:

* Interpretación do proxecto.

* Determinación dos postos de traballo.

* Identificación do tipo e características dos chans e paramentos.

* Determinación da superficie para revestir.

* Interpretación do plan que se vai seguir.

* Selección de ferramentas e recursos materiais.

* Cálculo do número de pezas.

* Asignación de recursos humanos.

* Previsión do tempo que se empregará.

Preparación do soporte:

* Interpretación das especificacións técnicas.

* Identificación visual dos defectos.

* Comprobación da planitude, verticalidade, horizontalidade e/ou limpeza da superficie sobre a que se vai traballar.

* Determinación do grao de humidade do soporte.

* Determinación das operacións que se van realizar.

* Selección dos medios e materiais.

* Nivelación, limpeza, aplanamento, eliminación de materiais estraños, reparación de defectos e acondicionamento da superficie.

Replanteo:

* Interpretación dos planos.

* Selección dos útiles de replanteo.

* Trazado de liñas mestras e niveis.

* Determinación do criterio de distribución de pezas.

* Comprobación de resultados.

Preparación do material de fixación e acabado:

* Identificación dos compoñentes.

* Cálculo das proporcións, dosificación e mestura dos materiais.

* Comprobación organoléptica.

Pavimentacións:

* Interpretación dos planos de execución e da normativa.

* Identificación das xuntas de construcción e de dilatación.

* Cálculo das superficies de traballo.

* Provisión e organización das pezas do pavimento.

* Determinación e organización dos materiais, ferramentas, medios auxiliares e de seguridade.

* Preparación do chan.

* Replanteo da obra.

* Colocación dos medios auxiliares e de seguridade.

* Preparación do material de fixación.

* Colocación do material de fixación.

* Colocación dos elementos de ancoraxe (en caso necesario).

* Corte das pezas do contorno.

* Colocación das pezas cortadas.

* Comprobación de resultados e corrección de defectos.

* Acabado da pavimentación.

* Comprobacións finais.

* Desmontaxe de medios auxiliares e de seguridade.

* Mantemento e conservación de ferramentas e medios.

* Aplicación das normas de seguridade.

Colocación de azulexos:

* Interpretación dos planos de execución e da normativa.

* Identificación das xuntas de construcción e de dilatación.

* Cálculo das superficies de traballo.

* Provisión e organización das pezas.

* Determinación e organización dos materiais, ferramentas, medios auxiliares e de seguridae.

* Preparación do paramento.

* Replanteo da obra.

* Montaxe dos medios auxiliares e de seguridade.

* Preparación do material de fixación.

* Colocación do material de fixación.

* Colocación das baldosas no paramento.

* Colocación das pezas sobre o paramento.

* Corte das pezas do contorno.

* Colocación das pezas cortadas.

* Comprobación de resultados e corrección de defectos.

* Acabado da colocación do azulexo.

* Comprobacións finais.

* Desmontaxe de medios auxiliares e de seguridade.

* Mantemento e conservación de ferramentas e medios.

* Aplicación das normas de seguridade.

Acabados:

* Determinación dos materiais de acabado.

* Preparación dos compoñentes.

* Selección da cor que se vai empregar.

* Mestura dos compoñentes.

* Reparto do material nas xuntas.

* Seca e limpeza.

* Comprobación de resultados.

Mantemento de ferramentas e útiles:

* Selección e análise da información técnica.

* Selección e axuste de ferramenta e maquinaria.

* Determinación das medidas de seguridade e protección.

* Detección de disfunción.

* Limpeza e lubricación.

Contidos conceptuais

Materiais:

* Características e propiedades.

-Compoñentes e proporcións.

-Aplicacións.

-Técnicas de fabricación e preparación.

-Análises organolépticas de control.

-Recursos auxiliares.

* Materiais.

-Para pavimentación e colocación de azulexos en paramentos, chans e chanzos de escaleira.

-Materiais cerámicos.

-Para enlousados e chapados: materiais pétreos naturais e artificiais.

-Materiais conglomerados para revestimentos continuos de chans.

* Materiais de agarre e rexuntado: masa de cemento, pasta de cemento cola, pastas especiais, resinas pegamentos e colorantes.

Equipos, ferramentas, materiais e recursos:

* Características técnicas, funcionais e operativas de equipos:

-Para mesturar e amasar.

-Para replantea-lo traballo.

-Para cortar pezas.

-Para fixalas e colocalas.

-Para achumbalas e nivelalas.

-Para rexuntalas.

* Requisitos de mantemento e conservación.

* Normas e medidas de seguridade e saúde laboral.

* Aplicacións.

Medios auxiliares e de seguridade:

* Características técnicas, funcionais, operativas e de montaxe.

-Elementos de protección e seguridade individual.

-Elementos de protección e seguridade colectiva.

-Normas de seguridade e saúde laboral.

-Andamios e escaleiras.

Chans e paramentos interiores e exteriores:

* Tipos e disposicións constructivas.

* Requisitos e comprobacións.

* Irregularidades e defectos máis comúns.

* Operacións e técnicas de preparación e reparación.

* Ferramentas, equipos e materiais que se van empregar.

Execución dos traballos de pavimentación e colocación de azulexos e lousas:

* A fixación das mestras. O reparto de pezas.

* Técnicas de corte de pezas.

* Técnicas de colocación de pezas.

* Técnicas de fixación.

* Elementos de apoio e ancoraxe.

* Xuntas de construcción e de dilatación.

* Operacións de acabado.

* Defectos máis habituais e técnicas de reparación.

* Normativa obrigatoria e recomendable.

Contidos actitudinais

* Preocupación pola execución correcta dos distintos traballos de pavimentación e colocación de azulexo.

* Interese por ordenar racionalmente as operacións que cómpre realizar para a fixación do material e a colocación das pezas.

* Hábito de distribuír ordenadamente o material, ferramentas, útiles e instrumentos na proximidade do posto de traballo.

* Preocupación polo aproveitamento dos materiais de fixación e pezas que se van cortar.

* Rigor no replanteo da obra.

* Interese pola selección da ferramenta máis adecuada para cada traballo.

* Pulcritude e limpeza na realización e no acabado das pavimentacións e da colocación de azulexos.

3.2.4. Módulo profesional 4: revestimentos en láminas:

Asociado á unidade de competencia 4: realizar revestimentos en láminas.

Capacidades terminais elementais

* Identifica-las características técnicas e constructivas, os procedementos, operacións, técnicas, materiais e recursos empregados nos traballos de revestimentos en láminas, a partir da información técnica e da normativa.

* Interpreta-las especificacións técnicas, os requisitos de uso e os detalles constructivos a partir do proxecto de execución, dos planos de obra e da normativa vixente.

* Describi-los traballos de revestimentos flexibles de papel, plástico, micromadeira ou microcortiza; de revestimentos lixeiros de pranchas ríxidas de cortiza, táboa, taboleiro de aceiro inoxidable ou PVC, e perfil metálico ou plástico, e de revestimentos con tecidos de material téxtil ou moquetas naturais, artificiais ou sintéticas.

* Identifica-los puntos críticos da realización dos revestimentos en láminas que poden influír no desenvolvemento da obra.

* Determina-las máquinas e medios auxiliares e de seguridade e saúde laboral, así como os recursos humanos necesarios para realiza-los traballos definidos no proxecto, segundo os tipos de revestimento, os materiais de fixación e os métodos de execución.

* Determina-la localización e distribución dos materiais que se van empregar nestes traballos, segundo as características particulares da obra.

* Planifica-las existencias e provisión de materiais, tanto de revestimento como complementarios para fixación, nos lugares de traballo de obra.

* Seleccionar e realiza-la composición dos materiais de fixación, reparación e imprimación, en función da dosificación, homoxeneidade, consistencia e aditivos previstos para cada mestura.

* Replantea-lo despezamento dos materiais de pavimentación e colocación de azulexo segundo as especificacións e a distribución prevista de elementos.

* Identificar e interpreta-los requisitos de planitude, limpeza e humidade dos soportes que se van revestir a partir da información técnica e da normativa.

* Detectar defectos, irregularidades, elementos estraños e revestimentos anteriores no soporte, e reparalo e acondicionalo cos materiais e métodos adecuados.

* Revesti-los paramentos con elementos laminares, con precisión, pulcritude e criterios estéticos, mantendo o grao de calidade especificado no proxecto.

* Comproba-los defectos e as súas causas, e reparalos con pulcritude, rapidez e seguridade, segundo as posibilidades técnicas, o tempo e o orzamento.

* Relaciona-los útiles, ferramentas e máquinas cos tipos e métodos de traballo.

* Manexar destramente os útiles, as ferramentas e as máquinas en canto a efectividade no traballo e precisión nos movementos.

* Conservar e manter ferramentas, útiles e maquinaria en estado operativo, e empregalos de forma correcta e con respecto ás normas de mantemento e conservación indicadas nos manuais respectivos.

* Relaciona-los medios auxiliares que se precisan co tipo e método de traballo.

* Montar e desmonta-los medios auxiliares que se precisan para levar a cabo o traballo.

* Describi-los procedementos e métodos de conservación e mantemento dos medios auxiliares.

* Identifica-los elementos de protección colectiva propios do lugar de traballo na obra, así como os elementos de protección das máquinas-ferramenta.

Contidos (duración 110 horas)

Contidos procedementais

Preparación do posto de traballo:

* Interpretación do proxecto para determina-los paramentos que se van revestir, o tipo de revestimento que se colocará e as súas características, os materiais empregados e o procedemento de execución e plan de seguridade que se estableza.

* Selección de ferramentas e asignación de recursos materiais e humanos.

* Instalación de medios auxiliares e de seguridade.

* Cálculo do material necesario.

* Distribución e organización dos lugares de traballo na obra.

Acondicionamento do soporte:

* Exame visual do paramento, identificando defectos e/ou restos de revestimentos anteriores, comprobando a planitude e estado de limpeza, e determinando o grao de humidade.

* Determinación das operacións que cómpre prestar para unha preparación correcta do soporte.

* Selección dos medios, ferramentas, maquinaria e materiais para levala a cabo.

* Eliminación de materias estrañas.

* Aplanamento, imprimación e acondicionamento da superficie.

Replanteo da obra:

* Interpretación dos plano para determina-los puntos críticos e as zonas por onde se debe empezar.

* Selección dos materiais, útiles e ferramentas necesarias.

* Trazado de liñas mestras e niveis, marcando os puntos críticos.

* Distribución do material e comprobación.

Corte do material:

* Identificación das zonas nas que se fai necesario o corte, a partir do replanteo.

* Trazado do corte sobre as pezas.

* Selección das ferramentas máis axeitadas a cada tipo de corte.

* Realización do corte.

* Ordenación e distribución das pezas cortadas.

Execución do revestimento con láminas:

* Preparación do material de fixación.

* Colocación do material de fixación.

* Colocación de láminas, aplicando criterios estéticos e cromáticos.

* Comprobación de resultados e corrección de defectos

* Acabado e rexuntado das pezas, en caso necesario.

Mantemento e conservación de ferramentas e máquinas:

* Selección e análise da información técnica dos fabricantes.

* Selección e axuste de ferramentas e máquinas.

* Detección de disfuncións.

* Limpeza e lubricación das máquinas.

* Almacenaxe no lugar correcto e coas condicións especificadas nos manuais.

Montaxe de medios auxiliares e de seguridade:

* Identificación dos medios auxiliares en función da envergadura da obra.

* Determinación das medidas de seguridade.

* Montaxe dos medios auxiliares e de seguridade, prestando especial interese ás unións, encaixes e fixación dos seus elementos.

* Desmontaxe e ordenación das pezas desmontadas.

* Mantemento e conservación dos compoñentes.

* Almacenaxe no lugar especialmente destinado para ese fin.

Contidos conceptuais

Materiais de revestimentos laminares:

* Características físicas e tecnolóxicas, propiedades e aplicacións dos seguintes tipos de revestimentos:

-Láminas de PVC.

-Láminas de cortiza.

-Linóleos.

-Moquetas para encolar.

-Moquetas para tensar.

-Papeis.

-Teas.

-Láminas ríxidas.

Materiais complementarios:

* Características técnicas, funcionais e operativas, aplicacións e propiedades, compoñentes, técnicas de preparación e aplicación e normas de seguridade e saúde de equipos, ferramentas e materiais para:

-Mesturar e amasa-lo material de fixación.

-Colocar e corta-lo material de revestimento.

-Reparar, achumbar e nivela-los soportes.

-Fixar colas e pastas.

-Rexuntar.

-Imprimar.

-Colocar estructuras auxiliares para fixar láminas ríxidas.

Medios auxiliares e de seguridade:

* Aplicacións e características técnicas, funcionais e operativas de:

-Andamios, escaleiras e proteccións de obra.

-Elementos de protección e seguridade persoal.

-Normas de seguridade e saúde laboral.

Soportes:

* Características, preparación e reparación:

-Tipos.

-Disposicións constructivas.

-Condicións superficiais e estructurais.

-Requisitos e especificacións técnicas.

-Condicións superficiais e estructurais.

-Operacións e medios de comprobación.

-Defectos máis comúns.

-Técnicas de preparación e reparación. Ferramentas e equipos.

-A eliminación de revestimentos anteriores, técnicas, ferramentas e equipos.

-As imprimacións, técnicas, ferramentas e equipos.

Execución de revestimentos laminares:

* Tipos de revestimentos laminares. Disposicións constructivas.

* Métodos e técnicas, operacións, ferramentas e equipos para encolar, tensar e fixar láminas ríxidas con estructuras auxiliares.

* Traballos que cómpre realizar para a fixación de liñas mestras, puntos críticos e criterios estéticos (combinación de formas e cores).

* Corte de material: métodos, instrumentos e criterios estéticos e constructivos.

* Operacións de acabado.

* Defectos máis habituais, modo de detección e técnicas de reparación.

Contidos actitudinais

* Interese por ordenar racionalmente as operacións.

* Hábito de distribuír ordenadamente os materiais, ferramentas e útiles, preto do posto de traballo.

* Preocupación polo aproveitamento dos materiais de revestimento e de fixación, realizando unha correcta distribución previa no replanteo.

* Valoración da importancia de coordina-los traballos de replanteo cos de execución do revestimento, para evitar interferencias e tempos de espera.

* Hábito de comprobar, detectar e corrixir defectos na execución.

* Valoración da importancia da toma de decisións reflexivas ante os inconvenientes que poidan xurdir ó longo da obra, argumentando convenientemente a solución adoptada.

* Interese pola colaboración con outros oficios que interveñan nos traballos de obra previos ó revestimento.

* Recoñecemento das opinións e experiencias doutros membros do equipo.

* Interese por mellora-lo proceso de traballo, para aproveitar optimamente os tempos empregados e aumenta-la calidade final dos acabados.

3.2.5. Módulo profesional 5: pinturas e vernices:

Asociado á unidade de competencia 5: aplicar pinturas e vernices.

Capacidades terminais elementais

* Interpreta-las especificacións técnicas dos documentos do proxecto para determina-los tipos de traballo de pintado ou vernizado que serán necesarios.

* Relaciona-las especificacións técnicas de materiais para empregar coas características que se esixen nestes traballos, así como a normativa obrigatoria e recomendable.

* Describi-los métodos de traballo para revestimentos con pinturas, esmaltes, vernices e lacas, identificando o tipo de material, os útiles, as ferramentas e os medios auxiliares máis apropiados.

* Selecciona-lo método de execución máis axeitado e os materiais para empregar en función do tipo de soporte e as instruccións técnicas.

* Selecciona-los materiais, equipos e medios auxiliares e de seguridade, de acordo co plan establecido.

* Selecciona-los recursos humanos necesarios para levar a cabo a execución dos traballos.

* Manexar destramente os útiles, as ferramentas e as máquinas segundo o tipo e método de traballo, describindo os procedementos e métodos de conservación e mantemento.

* Analizar visualmente os soportes sobre os que se vai traballar, determinando as súas características e detectando os seus posibles defectos ou os restos de materiais que hai que eliminar.

* Prepara-los soportes, reparando os defectos e acondicionando debidamente as superficies.

* Identifica-la tonalidade que se vai utilizar, determinando os compoñentes e proporcións, así como a consistencia e homoxeneidade necesaria, e calcula-las cantidades totais da mestura que se debe preparar en función do seu rendemento e da superficie que se vai cubrir.

* Calcula-las porcentaxes dos compoñentes das mesturas, determinando o rendemento, segundo o material e o soporte de aplicación.

* Prepara-las mesturas en función da cor, da dosificación, da consistencia, a homoxeneidade e os aditivos previstos, coas condicións de precisión e seguridade e saúde laboral fixadas pola normativa, na cantidade suficiente para o traballo que se vai desenvolver.

* Organiza-lo lugar de traballo na obra con tódolos materiais e o instrumental necesario, así como cos medios auxiliares, respectando as condicións de seguridade e saúde laboral fixadas pola normativa do sector.

* Replantear distintas zonas de cor, protexendo as superficies que xa non se teñan que retocar.

* Revestir superficies con pinturas ou vernices coas calidades especificadas no proxecto, con pulcritude e limpeza e respectando as condicións de seguridade e saúde laboral.

* Comproba-lo traballo realizado, detectar posibles fallos e corrixilos debidamente.

* Montar e desmontar equipos e medios auxiliares e de seguridade e protección.

* Realiza-las operacións necesarias para mante-las ferramentas, útiles, máquinas e medios auxiliares en bo estado de utilización e conservación.

Contidos (duración 185 horas)

Contidos procedementais

Preparación do posto de traballo:

* Interpretación das especificacións técnicas do proxecto.

* Determinación dos materiais necesarios e as cantidades.

* Selección das ferramentas e útiles.

* Determinación dos recursos humanos.

* Organización dos postos de traballo.

Preparación de superficies:

* Análise das condicións do soporte.

* Eliminación de restos doutros acabados.

* Acondicionamento da superficie: lixado, limpeza e reparación de defectos.

* Imprimación da superficie.

Preparación de materiais:

* Determinación da tonalidade.

* Selección das cores base e dos compoñentes.

* Cálculo das proporcións que se van utilizar.

* Dosificación e mestura das cores e compoñentes.

* Comprobación da coloración, consistencia e homoxeneidade da mestura.

* Determinación do rendemento.

* Cálculo das cantidades totais de material que se vai empregar.

Execución do acabado: pintado, vernizado, lacado e esmaltado

* Delimitación de zonas con distintas cores.

* Protección de superficies limítrofes.

* Determinación da técnica que se vai aplicar.

* Selección de útiles e ferramentas.

* Montaxe dos medios auxiliares e de seguridade e protección previstos.

* Aplicación da pintura:

-Determinación do número de mans necesarias.

-Seca.

-Comprobación de resultados e determinación de fallos.

-Corrección de defectos. Retoques.

-Limpeza de ferramentas e superficies lindantes, e desmontaxe dos medios auxiliares.

Contidos conceptuais

Teoría da cor:

* Características da cor:

-Tonalidade ou croma.

-Intensidade ou saturación.

-Luminosidade ou valor.

* Cores base e mesturas.

* Táboas de cores e proporcións de mesturas.

* Gamas de cor. Harmonías e contrastes.

* Sensacións producidas polas cores.

Materiais:

* Características, propiedades, aplicacións, dosificacións, formas comerciais, riscos de uso e medidas preventivas de:

-Pinturas (de auga, de cola e plásticas).

-Imprimacións.

-Tinturas.

-Vernices (de base acuosa, de impregnación, de poro aberto).

-Esmaltes.

-Lacas.

-Disolventes.

Mesturas:

* Características e propiedades: homoxeneidade e consistencia.

* As dosificacións.

* Os aditivos.

* Os rendementos.

* A elaboración da mestura.

Útiles, ferramentas e equipos:

* Características técnicas, propiedades, aplicacións, mantemento e conservación, riscos de uso, medidas preventivas e normas de seguridade e saúde laboral.

-Útiles específicos: pinceis, brochas, rodetes, monequiñas, cepillos, paletas, trollos e regras.

-Maquinaria: pistolas, compresores, proxectoras e mesturadoras.

-Medios auxiliares: estadas, escaleiras e extensibles.

-Medios de protección individual (máscaras, casco, lentes, luvas, fundas,...) e colectiva (varandas, aparellos de ventilación,...).

Técnicas de execución. Pintado e vernizado:

* Con brocha.

* Con rodete.

* Con pistola.

* O salpicado.

* Outras técnicas.

Riscos laborais específicos:

* Causas, efectos e medidas de prevención.

-A inhalación dos compoñentes.

-A inflamación dos disolventes.

* Sistemas de ventilación dos locais.

Contidos actitudinais

* Preocupación pola correcta mestura e preparación das pinturas e vernices.

* Limpeza na preparación das pinturas.

* Responsabilidade na obtención da cor acorde coas mostras.

* Pulcritude na execución do recubrimento con pintura ou verniz, evitando mancha-las zonas próximas.

* Interese pola precisión na protección dos elementos non pintados.

* Sistematización da limpeza de útiles e ferramentas despois de cada sesión de traballo.

* Respecto polo ambiente no vertido dos refugallos derivados da limpeza dos útiles.

* Valoración da importancia da observancia estricta da normativa de seguridade e saúde laboral.

3.2.6. Módulo profesional 6: paneis prefabricados:

Asociado á unidade de competencia 6: montar e fixar paneis prefabricados.

Capacidades terminais elementais

* Analiza-los planos do proxecto e a documentación gráfica subministrada polas casas comerciais, identificando as montaxes de elementos prefabricados e relacionalos coas súas características técnicas e constructivas.

* Describi-los traballos de fabricación de vidro, muros cortina ou paneis, particións prefabricadas e tellados de fibrocemento, galvanizados, de cinc, sintéticos e de aliaxes lixeiras.

* Relaciona-los útiles, ferramentas e máquinas cos distintos materiais e cos diferentes métodos de traballo.

* Identifica-los puntos críticos na realización de montaxes de elementos prefabricados.

* Relaciona-lo tipo de obra co tipo de panel que se empregue, coa súa técnica de montaxe e as estructuras e sistemas de fixación que van ser necesarias.

* Establece-las ferramentas, equipos, medios auxiliares e de seguridade que serán necesarios para as montaxes de elementos prefabricados.

* Determina-las cuadrillas de operarios que serán necesarias para as montaxes.

* Organiza-la distribución de materiais na obra para os distintos postos de traballo das diferentes cuadrillas que van participar nas montaxes.

* Replantea-las mestras segundo a distribución prevista.

* Fixa-la estructura auxiliar coas condicións requiridas de estabilidade, precisión e seguridade.

* Monta-los paneis prefabricados debidamente achumbados e nivelados, coa calidade especificada no proxecto, con precisión, pulcritude e rapidez.

* Realiza-las fixacións necesarias en función do método de unión establecido.

* Selar debidamente as xuntas que deban quedar estancas.

* Localizar na obra as ancoraxes e os pases que sexan necesarios

* Realiza-las xuntas de dilatación que sexan precisas.

* Identifica-las medidas de seguridade que deben acompaña-las máquinas e os operarios, así como as proteccións dos correspondentes lugares de traballo da obra, en función do tipo de traballo que se realice.

* Manexar destramente os útiles, ferramentas e máquinas, canto á efectividade no traballo e precisión nos movementos.

* Montar e desmonta-los medios auxiliares e de protección que sexan necesarios na obra.

* Describi-los procedementos e métodos de conservación e mantemento dos medios auxiliares.

* Mante-las ferramentas e equipos e bo estado de funcionamento e conservación.

Contidos (duración 135 horas)

Contidos procedementais

Preparación do posto de traballo:

* Identificación dos tipos de montaxes e do procedemento que se vai seguir.

* Selección de ferramentas e recursos materiais.

* Asignación de recursos humanos e determinación dos postos de traballo.

* Cálculo do material necesario.

* Interpretación do plan de seguridade.

Replanteo e montaxe da estructura auxiliar:

* Determinación do tipo de estructura auxiliar e da técnica de colocación.

* Replanteo e colocación de placas de ancoraxe. Nivelación e achumbado.

* Trazado de liñas mestras e niveis.

* Marcaxe de puntos críticos.

* Determinación do criterio de distribución dos paneis.

Mecanizado dos paneis prefabricados:

* Trazado do mecanizado.

* Selección dos instrumentos de mecanizado.

* Mecanizado do material.

* Ordenación das pezas mecanizadas.

Construccións con elementos prefabricados:

* Interpretación dos planos de execución e da normativa aplicable.

* Determinación e organización do material, ferramentas, medios auxiliares e de seguridade.

* Montaxe dos medios auxiliares e de seguridade.

* Replanteo da estructura auxiliar.

* Colocación da estructura e dos elementos de soporte e ancoraxe.

* Comprobación das medidas.

* Corte e axuste dos paneis.

* Fixación dos prefabricados.

* Revisión de ancoraxes e unións.

* Acabado e comprobacións finais.

* Desmontaxe de medios auxiliares.

* Limpeza e conservación do lugar de traballo.

* Mantemento e conservación de ferramentas e medios auxiliares.

Construcción de cerramentos con prefabricados de vidro:

* Transporte, provisión e almacenamento dos vidros.

* Corte e axuste dos vidros.

* Colocación e suxeición dos vidros.

* Seladura das xuntas.

* Acabado e comprobacións finais.

Acabados de montaxe de prefabricados:

* Interpretación das necesidades de estancamento, illamento e protección.

* Selección de materiais e compoñentes para o acabado.

* Mestura de compoñentes.

* Aplicación da pasta e do material de acabado.

* Colocación de xuntas e tapaxuntas.

Mantemento de ferramentas e máquinas:

* Análise da información técnica.

* Determinación de medidas de protección e seguridade.

* Detección de avarías.

* Limpeza, lubricación, etc.

Montaxe de medios auxiliares:

* Identificación da estada o medios auxiliares necesarios en función das dimensións e características constructivas da obra.

* Preparación de materiais e ferramentas.

* Unións, fixacións e encaixe dos compoñentes.

* Desmontaxe e ordenación das pezas.

* Mantemento e conservación.

Contidos conceptuais

Elementos prefabricados:

* Características físicas e tecnolóxicas. Propiedades e aplicacións dos prefabricados pétreos, de aglomerados, metálicos, de madeira, plásticos, de vidro e de xeso e escaiola e outros tipos de tabiques ou paredes que incorporen o gornecido e lucido.

* Aplicacións, características constructivas, funcións e requisitos de acristalamentos, muros-cortina, particións e cubertas prefabricadas, teitos continuos e de placas, solos técnicos, pechamentos, montantes e traveseiros.

Estructuras auxiliares:

* Características constructivas, propiedades mecánicas e aplicacións.

-Para soporte de prefabricados pesados.

-Para soporte de prefabricados lixeiros.

-Estructuras de soporte vistas e ocultas.

-Perfís e placas de ancoraxe auxiliares.

* Equipos e ferramentas para instala-la estructura auxiliar, monta-los prefabricados e realiza-los traballos de acabado.

* Materiais para instala-la estructura auxiliar, montar elementos e realizar traballos de acabado:

-Para achumbar e nivelar.

-Para fixa-la estructura auxiliar.

-Para fixar paneis e prefabricados.

-Para rexuntar.

-Xuntas prefabricadas.

-Pastas seladoras.

-Protectores da corrosión.

-Materiais illantes.

-Xeso e escaiola.

* Medios auxiliares e de seguridade:

-Escadas, escaleiras, redes e proteccións de obra.

-Elementos de protección e seguridade persoal.

Proceso constructivo con elementos prefabricados:

* Métodos e técnicas de fixación de estructuras auxiliares.

* Métodos e técnicas de fixación dos prefabricados: pesados, lixeiros, de vidro e de xeso.

* Operacións, ferramentas e equipos.

* Traballos previos.

-Fixación de liñas mestras.

-Puntos críticos do proceso.

* Mecanizado dos paneis. Métodos e instrumentos.

* Operacións de acabado.

Contidos actitudinais

* Constancia na revisión das ancoraxes e unións realizadas.

* Preocupación pola correcta preparación da estructura auxiliar e pola correcta montaxe e fixación dos prefabricados.

* Interese pola priorización dos traballos máis significativos.

* Valoración da precisión no axuste dos paneis e dos elementos prefabricados.

* Respecto polas normas de protección e seguridade persoal.

* Actitude crítica ante a calidade dos traballos realizados, o tempo empregado, o proceso seguido, as ferramentas empregadas, etc., para procurar un aproveitamento máis óptimo dos resultados.

* Valoración da importancia da reorganización do traballo a partir das dificultades non previstas.

* Hábito de distribuír ordenadamente os materiais e ferramentas preto do posto de traballo.

* Interese pola colaboración cos compañeiros de cuadrilla, secuenciando operacións e movementos para evitar perdas de tempo innecesarias.

3.2.7. Módulo profesional 7: seguridade na construcción:

Asociado á unidade de competencia 7: comproba-los medios de seguridade previstos no plan.

Capacidades terminais elementais

* Analiza-los riscos máis comúns do sector da construcción, os métodos de prevención e de protección e as medidas de seguridade que se deben empregar, en función da normativa e dos plans de seguridade e hixiene.

* Relaciona-los riscos do sector cos medios e medidas de prevención correspondentes, como roupa de protección individual, instalacións provisionais, almacéns e talleres de obra, medios auxiliares de

seguridade, maquinaria, lugares de traballo na obra, etc.

* Determina-los recursos materiais necesarios, individuais e colectivos, a partir da documentación técnica e gráfica do plan de seguridade da obra.

* Describir situacións de risco e perigo no desenvolvemento dos traballos, e relacionalos coas medidas de seguridade e medios de protección axeitados, tanto individuais como colectivos.

* Prepara-las ferramentas, equipos, materiais e medios auxiliares, coas medidas de seguridade necesarias.

* Describi-los modos de comproba-la seguridade das instalacións provisionais, dos almacéns, dos talleres e postos de traballo, dos medios auxiliares e da maquinaria e dos medios de protección persoal, a partir de inspeccións e observacións visuais, tendo en conta o plan de seguridade da obra.

* Describi-lo modo de executar accións de emerxencia, de evacuación e contra incendios, en diversos supostos prácticos, en función dos plans de seguridade previamente definidos.

* Determina-los sinais necesarios e a súa situación física nos lugares de traballo da obra, en función das zonas de risco, do risco específico e da simboloxía normalizada.

Contidos (duración 110 horas)

Contidos procedementais

Análise de riscos:

* Análise de situacións concretas de risco que se poden dar na obra.

* Determinación de elementos implicados nos riscos.

* Medición e valoración da incidencia dos riscos na obra.

* Selección da normativa aplicable en casos concretos.

* Proposta de actuacións de prevención e protección.

Medios e equipos de protección e seguridade:

* Selección, segundo o risco, de equipos de protección individual, medios auxiliares, maquinaria e instalacións.

* Modo de utilización dos equipos e dos medios.

* Comprobación dos distintos medios e equipos de seguridade.

Situacións de emerxencia:

* Identificación do risco e do alcance da emerxencia.

* Determinación das prioridades das accións que se realicen.

* Determinación dos obxectivos que se perseguen.

* Determinación dos recursos humanos e materiais dispoñibles.

* Asignación de funcións.

* Execución dos traballos encomendados no plan.

* Seguimento dos traballos.

* Valoración do grao de eficacia da acción levada a cabo.

* Realización de prácticas de primeiros auxilios.

Extinción de incendios:

* Identificación do tipo de lume e do seu alcance.

* Selección dos equipos de extinción e das medidas de protección persoal.

* Determinación das medidas de evacuación e de seguridade.

* Extinción.

Contidos conceptuais

Plans e normas de seguridade e hixiene:

* Normativa de seguridade e hixiene do sector da construcción.

* Normativa de limpeza e orde no posto de traballo.

* Normativa sobre hixiene persoal.

* Plan de seguridade na obra.

* A organización dos traballadores en situacións de emerxencia. Responsabilidades.

* O almacenamento de productos perigosos.

Factores e situacións de risco:

* Tipos de riscos más frecuentes no sector da construcción.

-Caídas e traumatismos.

-Por causa de aparellos mecánicos ou eléctricos.

-Derrubamentos e afundimentos.

-A manipulación de productos químicos ou explosivos.

* Axentes xeradores de riscos.

* Os incendios.

-Teoría do lume. Triángulo do lume.

-Tipos de lume.

-Métodos de detección.

-Medios de prevención.

* Mapa de riscos.

Sistemas e normas de protección:

* Persoal: casco, cinto, luvas e lentes.

* De maquinaria:

-De movemento de terras.

-De elevación.

-De tratamento de áridos.

-De fabricación e posta en obra do formigón.

-De perforación e cimentación marítima e fluvial.

* Medios auxiliares: andamios, cabaletes, plataformas, escaleiras, etc.

* Instalacións complementarias: vestiarios, comedores, aseos.

* Talleres de obra: mecánicos, eléctricos, de soldadura e de carpintería.

* Sistemas de ventilación e evacuación de residuos.

Situacións de emerxencia:

* A extinción de incendios.

* A evacuación.

* Os primeiros auxilios.

* O traslado de accidentados.

Accidentes de traballo:

* Tipos máis comúns: caídas, afundimentos, descargas eléctricas, queimaduras, incendios, inhalacións asfixiantes, explosións, etc.

* A notificación e o rexistro do accidente.

* Métodos de investigación de accidentes.

* Índice de accidentes.

Contidos actitudinais

* Preocupación pola observación das normas de seguridade e aplicación das normas de prevención e protección sinaladas.

* Valoración da iniciativa e rapidez na toma de decisións nas actuacións que se realicen en caso de accidente.

* Responsabilidade e autosuficiencia no desenvolvemento das funcións asignadas en caso de emerxencia.

* Interese na colaboración cos compañeiros nas actuacións en casos de emerxencia.

3.2.8. Módulo profesional 8: administración, xestión e comercialización nunha pequena empresa:

Asociado á unidade de competencia 8: realiza-la administración, xestión e comercialización nunha pequena empresa ou taller.

Capacidades terminais elementais

* Analiza-las diferentes formas xurídicas vixentes de constitución dunha empresa.

* Identifica-la forma xurídica máis idónea segundo os obxectivos, os recursos dispoñibles e características da actividade económica da empresa.

* Determina-la localización física, o ámbito de actuación, a demanda potencial, a estructura orga

nizativa e a rendibilidade do proxecto empresarial, segundo o estudio de mercado existente, así como as normas urbanísticas e medioambientais que regulan a actividade.

* Identifica-los trámites administrativos e os requisitos formais que se esixen para a constitución dunha empresa, segundo a forma xurídica.

* Identifica-las fontes de financiamento propias e alleas, así como as subvencións e axudas ofrecidas polas diferentes administracións públicas.

* Determina-las necesidades de formación do persoal e as formas de contratación máis adecuadas segundo as características da empresa e o tipo de actividade.

* Formaliza-la documentación necesaria para a constitución dunha empresa e a documentación básica para o desenvolvemento da súa actividade económica.

* Defini-las obrigas mercantís, fiscais e laborais esixidas a unha empresa no desenvolvemento da súa actividade.

* Identifica-los impostos indirectos, os directos e os municipais que afectan a unha empresa.

* Aplica-las técnicas básicas da negociación con clientes e provedores.

* Identifica-las ofertas de productos ou servicios máis vantaxosas con relación ó prezo de mercado, o prazo de entrega, a calidade, o transporte, o desconto, o volume de pedido, as condicións de pagamento, a garantía e a atención posvenda.

* Describi-las formas máis habituais de promoción de vendas en función do tipo de producto ou servicio.

* Elaborar un proxecto de creación dunha pequena empresa que inclúa os obxectivos, a organización, a localización, os plans de investimento, de financiamento e comercialización e a rendibilidade do proxecto.

Contidos (duración 80 horas)

Contidos procedementais

* Identificación dos distintos tipos de empresas.

* Descrición dos requisitos legais mínimos esixidos para a constitución da empresa, segundo a súa forma xurídica.

* Selección da forma xurídica máis adecuada para unha empresa, explicando vantaxes e inconvenientes, a partir duns datos supostos sobre capital dispoñible, riscos que se van asumir, tamaño da empresa e número de socios.

* Identificación dos requisitos necesarios para a constitución dunha empresa: obrigas formais, trámites administrativos, documentación legal e organismos con competencia.

* Comparación e clasificación das diferentes fontes de financiamento da empresa.

* Determinación das características básicas dos distintos tipos de contratos laborais, establecendo as súas diferencias respecto á duración do contrato, tipo de xornada, subvencións e exencións.

* A partir duns datos concretos, enchido dos seguintes documentos: factura, albará, nota de pedido, letra de cambio, cheque e recibo, explicando a finalidade de cada un deles.

* Interpretación dos diferentes documentos contables.

* Determinación da oferta máis vantaxosa de productos ou servicios existentes no mercado, en función de prezo, prazo de entrega, calidade, transporte, desconto, volume de pedido, condicións de pagamento, garantía e atención posvenda.

* Descrición dos medios máis habituais de promoción de vendas en función do tipo de producto ou servicio.

* Recoñecemento das diferentes técnicas de vendas.

* Enchido da folla de salario e de liquidación da Seguridade Social.

* Identificación dos distintos impostos que afectan a empresa.

* Definición dun proxecto de creación dunha empresa.

-Descrición dos obxectivos empresariais.

-Estudio económico do mercado.

-Selección da forma xurídica.

-Determinación das xestións de constitución.

-Xustificación da localización.

-Definición da organización e dos recursos económicos, financeiros e humanos.

-Valoración da viabilidade.

Contidos conceptuais

A empresa e o seu contorno:

* Estructura básica da empresa e as súas distintas formas de organización.

* Proceso de creación dunha empresa: localización e dimensión legal.

Formas xurídicas das empresas:

* A forma xurídica da empresa: empresario individual, as sociedades mercantís e as cooperativas.

Xestión de constitución dunha empresa:

* Financiamento da empresa: financiamento con fondos propios, financiamento con recursos alleos e subvencións. Custo da empresa.

Xestión do persoal:

* Tipos de contratos laborais.

* Réxime de autónomos.

* Retribución salarial.

* Cotizacións á Seguridade Social.

Xestión administrativa:

* Documentación mercantil: pedido, albará, factura, recibo, cheque e letra de cambio.

* Os libros contables e contas anuais.

* Cálculo do custo, beneficio e prezo de venda.

Xestión comercial:

* O producto ou servicio: características e requisitos.

* A función de compras: prezo, prazo e forma de entrega.

* A función de vendas: técnicas de vendas, política de prezos, bonificacións e descontos.

* A distribución do producto: canles e modalidades.

* A comunicación: publicidade e promoción de vendas, atención ó cliente e servicios posvenda.

Obrigas fiscais:

* O calendario fiscal.

* Os principais impostos que afectan a actividade empresarial: directos, indirectos e municipais.

* Liquidación do IVE.

* Liquidación do IRPF.

Contidos actitudinais

* Valoración e cumprimento das normas legais nos procesos de constitución e xestión da empresa.

* Argumentación sobre o tipo de empresa, recursos humanos, fontes de financiamento, investimentos e estructura organizativa e funcional.

* Rigorosidade na formalización dos documentos relacionados coa actividade empresarial.

* Autosuficiencia na busca e tratamento da información para a creación do proxecto empresarial.

* Cordialidade no trato coas persoas que se relacionan coa empresa.

* Interese polos novos métodos de traballo que se propoñen na xestión dunha empresa.

* Valoración da mentalidade emprendedora e creativa na empresa.

* Achega de solucións adecuadas na busca das formas de actuación e de organización das tarefas, así como nas accións relacionadas co proxecto de creación dunha empresa.

* Motivación no establecemento do plan de promoción da empresa e do producto ou servicio.

3.3. Módulo profesional de formación en centros de traballo:

Duración: 380 horas.

Capacidades terminais elementaisActividades formativas de referencia

1.Analizar plans de traballo diario comprobando o rendemento obtido, distribuíndo adecuadamente os recursos humanos e materiais e preparando a zona de traballo para que se poida desenvolver libremente e sen riscos.* Materializa os replanteos:-Asegura os elementos de soporte.-Marca as indicacións gráficas de forma clara, lexible e estable.-Axústase ás medidas do plano coa precisión requirida.-Marca as referencias entre os replanteos fundamentais e os complementarios.
* Acondiciona os postos de traballo.
-Sinaliza as áreas de traballo.
-Dispón as medidas de protección colectiva e de saúde e os medios auxiliares.
-Marca as zonas de provisión de materiais.
* Adapta a producción e dos traballos ó ritmo da obra e distribución diaria das cargas de traballo:
-Propón os equipos e cuadrillas necesarios.
-Planifica os traballos a curto prazo.
-Aproveita optimamente os recursos e diminúe os tempos mortos de espera.
-Prevé a subministración e prové de materiais.
-Extrae, no plan de seguridade da obra, os riscos inherentes ó traballo específico que se realice, informando oportunamente o persoal.
* Comunica e controla a producción realizada polas cuadrillas:
-Supervisa as operacións de principio e fin de xornada, e recompila os partes de incidencias para realiza-la tramitación e a petición dos materiais, equipos e reposicións.
-Informa o responsable do seguimento da planificación sobre as desviacións producidas na realización da obra, coa indicación das causas posibles, propoñendo as alternativas que se consideren necesarias.
* Recolle e custodia as mostras dos materiais:
-Comproba os selos de homologación dos materiais recibidos.
-Recolle as mostras polo procedemento establecido.
-Identifica e almacena as mostras.
-Entrega as mostras á persoa encargada de levar a cabo os ensaios.
* Valora os traballos subcontratados:
-Mide no plano ou na obra.
-Aplica os prezos descompostos.
-Totaliza os resultados.

2.Afronta-los traballos que se desenvolvan nunha empresa de construcción, realizando revestimentos continuos conglomerados, pavimentacións, colocación de azulexos, revestimentos en láminas, pinturas e montaxes de paneis prefabricados, así como a distribución dos recursos humanos e materiais en cada posto de traballo, nas condicións de seguridade e calidade establecidas e con progresiva autonomía e organización.* Organiza tarefas determinando os materiais necesarios, o seu sistema de provisión e distribución no lugar de traballo da obra, xunto coas ferramentas, máquinas e medios auxiliares e de seguridade.

* Realiza o replanteo de distribución de mestras (no caso de revestimentos continuos), de material de aplacado ou de elementos de suxeición (no caso de paneis prefabricados) e determina as correspondentes xuntas.

* Prepara e mantén materiais, ferramentas e medidas de seguridade e saúde laboral.

* Prepara as superficies.

* Prepara os materiais de unión.

* Coloca os materiais de revestimento.

* Remata e comproba os acabados.

* Recolle materiais sobrantes e limpa o posto de traballo.

3.Montar e desmonta-los medios auxiliares e de seguridade e comproba-la súa correcta utilización.* Comproba a seguridade das instalacións provisionais de obra.

* Comproba o estado de conservación e a disposición dos medios auxiliares e de protección colectiva.

* Comproba a seguridade da maquinaria.
* Comproba a seguridade dos postos de traballo.

Capacidades terminais elementaisActividades formativas de referencia

4.Adaptarse ás funcións propias dunha empresa constructora dedicada a acabados de obras, ben sexan de nova planta ou ben de reforma, rehabilitación ou reparación, de forma responsable e participativa, e valorando os traballos desempeñados pola empresa a partir dos seus intereses e aptitudes e da experiencia acumulada.* Mantén relacións fluídas cos membros do equipo en que está integrado.

* Colabora na consecución dos obxectivos asignados ó grupo.

* Adáptase ás novas técnicas empregadas na empresa.

* Participa activamente na organización e desenvolvemento de tarefas colectivas.

* Resolve problemas e toma decisións individuais, sempre que non supoñan repercusións económicas ou de seguridade importantes, que nese caso deberán ser consultadas ó responsable inmediatamente superior.

* Executa os traballos programados segundo os plans de obra.

* Prepara e mantén as ferramentas.
* Cumpre as normas de seguridade.

3.4. Módulo profesional de formación e orientación laboral:

Capacidades terminais elementais

* Analiza-las situacións de risco máis habituais no ámbito laboral que poidan afecta-la saúde.

* Aplicar, no ámbito laboral, as medidas de protección e prevención que correspondan ás situacións de riscos existentes.

* Analiza-las actuacións que hai que seguir no caso de accidentes de traballo.

* Aplica-las medidas sanitarias básicas inmediatas no lugar do accidente en situacións simuladas.

* Analiza-las formas e procedementos de inserción na realidade laboral como traballador por conta propia ou por conta allea.

* Analiza-las propias capacidades e intereses así como os itinerarios profesionais máis idóneos.

* Identifica-lo proceso para unha boa orientación e integración do traballador na empresa.

* Identifica-las ofertas de traballo no sector productivo referido ós seus intereses.

* Analiza-los dereitos e obrigas que se derivan das relacións laborais.

* Describi-lo sistema de protección social.

* Analiza-la evolución socio-económica do sector productivo na Comunidade Autónoma de Galicia.

Contidos (duración 55 horas)

Contidos procedementais

Saúde laboral:

* Localización da normativa aplicable en materia de seguridade tanto para a empresa como para os traballadores.

* Aplicación das medidas sanitarias básicas inmediatas no lugar do accidente nunha situación simulada.

* Identificación dos factores de riscos nun contexto concreto.

* Determinación das formas de actuación ante os riscos atopados.

* Identificación de anomalías nas máquinas e ferramentas do taller.

* Determinación dos equipos de protección individual.

Lexislación e relacións laborais:

* Identificación das distintas modalidades de contratación.

* Identificación dos dereitos e obrigas dos empresarios e traballadores.

* Interpretación dun convenio colectivo, relacionándoo coas normas do Estatuto dos traballadores.

* Elaboración dunha folla de salario.

* Aplicación da normativa da Seguridade Social en cada caso concreto.

Orientación e inserción sociolaboral:

* Elaboración do currículum vitae e actividades complementarias deste.

* Identificación e definición de actividades profesionais.

* Localización de institucións formativas así como investigación e temporalización dos seus plans de estudios.

O sector productivo na Comunidade Autónoma de Galicia:

* Análise dunha empresa do sector.

* Comparación e clasificación das distintas empresas do sector.

* Lectura e análise dun convenio colectivo do sector.

Contidos conceptuais

Saúde laboral:

* Condicións de traballo e seguridade.

* Factores de risco: físicos, químicos, biolóxicos e organizativos.

* Danos profesionais.

* Medidas de prevención e protección.

* Marco legal de prevención laboral.

* Notificación e investigación de accidentes.

* Estatística para a seguridade.

* Primeiros auxilios.

Lexislación e relacións laborais:

* Dereito laboral nacional e comunitario.

* Contrato de traballo.

* Modalidades de contratación.

* Modificación, suspensión e extinción da relación laboral.

* Órganos de representación dos traballadores.

* Convenios colectivos

* Conflictos colectivos.

* Seguridade Social e outras prestacións.

Orientación e inserción sociolaboral:

* Mercado de traballo.

* A autoorientación profesional.

* O proceso da busca de emprego. Fontes de información e emprego.

* Traballo asalariado, na Administración e por conta propia. A empresa social.

* Análise e avaliación do propio potencial profesional e dos intereses persoais.

* Itinerarios formativos/profesionalizadores.

O sector productivo na Comunidade Autónoma de Galicia:

* Tipoloxía e funcionamento das empresas.

* Evolución socioeconómica do sector.

* Situación e tendencia do mercado de traballo.

Contidos actitudinais

* Respecto pola saúde persoal e colectiva.

* Interese polas condicións de saúde no traballo.

* Valoración do ambiente como patrimonio común.

* Interese por coñecer e respecta-las disposicións legais polas que se rexen os contratos laborais.

* Valoración da necesidade do cumprimento da normativa laboral.

* Igualdade ante as diferencias socioculturais e trato non discriminatorio en tódolos aspectos inherentes á relación laboral.

* Toma de conciencia dos valores persoais.

* Actitude emprendedora e creativa para adaptarse ás propias necesidades e aspiración.

* Preocupación polo mantemento da ética profesional.

4. Ordenación académica e impartición.

4.1. Profesorado:

4.1.1. Especialidades do profesorado con atribución docente nos módulos profesionais do ciclo formativo de acabados de construcción:

Módulo profesionalEspecialidade

do profesorado

Corpo

1Organización dos traballos de acabados de construcciónConstruccións civís e edificación (1)Profesor de ensino secundario

2Revestimentos continuos conglomerados (*)Construccións civís e edificaciónProfesor de ensino secundario

3Pavimentación e colocación de azulexos (*)Construccións civís e edificaciónProfesor de ensino secundario

4Revestimentos en láminas (*)Construccións civís e edificaciónProfesor de ensino secundario

Módulo profesionalEspecialidade

do profesorado

Corpo

5Pinturas e vernices (*)Construccións civís e edificaciónProfesor de ensino secundario

6Paneis prefabricados (*)Construccións civís e edificaciónProfesor de ensino secundario

7Seguridade na construcciónConstruccións civís e edificación (1)Profesor de ensino secundario

8Administración, xestión e comercialización na pequena empresaFormación e orientación laboralProfesor de ensino secundario

9Formación e orientación laboralFormación e orientación laboralProfesor de ensino secundario

(*) Na impartición deste módulo colaborará un profesor especialista dos previstos no artigo 33.2º da LOXSE.

(1) Os profesores de ensino secundaria da especialidade de debuxo, co título de: arquitecto, enxeñeiro de camiños, canles e portos, arquitecto técnico, enxeñeiro técnico de obras públicas ou enxeñeiro técnico en topografía, teñen competencia docente para impartir este módulo profesional sen prexuízo da prioridade e obriga que para impartir este módulo teñen os profesores da especialidade citada na táboa.

4.1.2. Materias de bacharelato que poden ser impartidas polo profesorado das especialidades relacionadas neste decreto:

MateriasEspecialidade

do profesorado

Corpo

Debuxo técnicoConstruccións civís e edificaciónProfesor de ensino secundario

EconomíaFormación e orientación laboral (1)Profesor de ensino secundario

Economía e organización de empresasFormación e orientación laboral (1)Profesor de ensino secundario

(1) Título de licenciado en administración e dirección de empresas, licenciado en ciencias empresariais, licenciado en ciencias actuariais e financeiras, licenciado en economía, licenciado en investigación e técnicas de mercado, diplomado en ciencias empresariais e diplomado en xestión e Administración pública.

4.1.3. Titulacións declaradas equivalentes a efectos de docencia:

* As titulacións declaradas equivalentes, para efectos de docencia, para o ingreso nas especialidades do corpo de profesores de ensino secundario deste título son as que figuran na táboa. Tamén son equivalentes a efectos de docencia as titulacións homólogas ás especificadas segundo o R.D. 1954/1994, do 30 de setembro.

Especialidade do profesoradoTitulación declarada equivalente

para efectos de docencia

Construccións civís e edificación-Arquitecto técnico-Enxeñeiro técnico industrial, en tódalas súas especialidades-Enxeñeiro técnico de obras públicas, en tódalas súas especialidades-Enxeñeiro técnico en topografía

Formación e orientación laboral-Diplomado en ciencias empresariais-Diplomado en relacións laborais-Diplomado en traballo social-Diplomado en educación social-Diplomado en xestión e Administración pública

4.2. Requisitos mínimos de espacios e instalacións para impartir estas ensinanzas:

De conformidade co establecido no R.D. 777/1998, do 30 de abril, o ciclo formativo de formación profesional de grao medio de acabados de construcción

require, para a impartición das ensinanzas relacionadas neste decreto, os seguintes espacios mínimos:

Espacio formativo

Superficie

(30 alumnos)

Superficie

(20 alumnos)

Grao de

utilización

Aula polivalente60 m40 m40%

Taller de técnicas de construcción240 m180 m60%

* A superficie indicada na segunda columna da táboa corresponde ó número de postos escolares establecido no artigo 35 do R.D. 1004/1991, do 14 de xuño. Poderán autorizarse unidades para menos de trinta postos escolares, polo que será posible reduci-los espacios formativos proporcionalmente ó número de alumnos, tomando como referencia para a determinación das superficies necesarias as cifras indicadas nas columnas segunda e terceira da táboa.

* O grao de utilización expresa en tanto por cento a ocupación en horas do espacio prevista para a impartición das ensinanzas, por un grupo de alumnos, respecto da duración total destas ensinanzas.

* Na marxe permitida polo grao de utilización, os espacios formativos establecidos poden ser ocupados por outros grupos de alumnos que cursen o mesmo ou outros ciclos formativos, ou outras etapas educativas.

* En todo caso, as actividades de aprendizaxe asociadas ós espacios formativos (coa ocupación expresada polo grao de utilización) poderán realizarse en superficies utilizadas tamén para outras actividades formativas afíns.

* Non debe interpretarse que os diversos espacios formativos identificados deban diferenciarse necesariamente mediante pechamentos.

4.3. Validacións e correspondencias:

4.3.1. Módulos profesionais que poden ser obxecto de validación coa formación profesional ocupacional:

* Revestimentos continuos conglomerados.

* Pavimentación e colocación de azulexos.

* Revestimentos en láminas.

* Pinturas e vernices.

* Paneis prefabricados.

* Administración, xestión e comercialización na pequena empresa.

4.3.2. Módulos profesionais que poden ser obxecto de correspondencia coa práctica laboral:

* Revestimentos continuos conglomerados.

* Pavimentación e colocación de azulexos.

* Revestimentos en láminas.

* Pinturas e vernices.

* Paneis prefabricados.

* Formación en centros de traballo.

* Formación e orientación laboral.

4.4. Distribución horaria:

* Os módulos profesionais deste ciclo formativo organízanse da seguinte forma:

Horas totaisDenominación dos módulos

1º, 2º e 3º trimestre

320Organización dos traballos de acabados de construcción

345Pavimentación e colocación de azulexos

135Paneis prefabricados

80Administración, xestión e comercialización na pequena empresa

4º, 5º e 6º trimestre

110Seguridade na construcción

200Revestimentos continuos conglomerados

110Revestimentos en láminas

185Pinturas e vernices

55Formación e orientación laboral

380Formación en centros de traballo

* As horas de libre disposición do centro neste ciclo formativo son 80, que se utilizarán nos tres primeiros trimestres.