Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 185 Venres, 22 de setembro de 2000 Páx. 13.295

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE SADA

RESOLUCIÓN referente á convocatoria para cubrir varias prazas de funcionarios de carreira e persoal laboral fixo ou indefinido.

No BOP da Coruña nº 195, do 25 de agosto, publícanse integramente as bases da convocatoria para cubri-las prazas de funcionarios de carreira e persoal laboral fixo que se citan a seguir:

-Persoal funcionario de carreira:

Número de prazas: unha de administrativo, encadrada na escala de Administración xeral, subescala administrativa, grupo C.

Número de prazas: unha de cabo da policía local, encadrada na escala de Administración especial, subescala de servicios especiais, grupo D.

Número de prazas: unha de bibliotecario, encadrada na escala de Administración especial, subescala técnica, grupo B.

Número de prazas: unha de delineante, encadrada na escala de Administración especial, subescala técnica, grupo C.

Número de prazas: unha de ordenanza, encadrada na escala de Administración xeral, subescala subalterna, grupo E.

-Persoal laboral fixo ou indefinido:

Número de prazas:

Unha de arquitecto técnico.

Unha de enxeñeiro técnico.

Unha de auxiliar de biblioteca.

Unha de telefonista.

Unha de conserxe.

O prazo de presentación de solicitudes será de vinte días naturais contados a partir do seguinte ó

da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado.

Os sucesivos anuncios relacionados con esta convocatoria publicaranse unicamente no BOP da Coruña e no taboleiro de edictos deste concello.

Sada, 25 de agosto de 2000.

Ramón Rodríguez Ares

Alcalde