Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 185 Venres, 22 de setembro de 2000 Páx. 13.294

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE OLEIROS

ANUNCIO (expediente FG-349).

O Concello Pleno, na sesión do día 29 de xuño de 2000, acordou aprobar definitivamente o Plan parcial relativo ó sector SUP 3-R, en Perillo.

Contra o presente acordo, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso de reposición con carácter potestativo, no prazo dun mes, que se

computará desde o día seguinte ó da súa notificación, perante o mesmo órgano que a dictou (ó abeiro do disposto polos artigos 116 e 117 da Lei 4/1994, de modificación da Lei 30/1992, do R.X.A.P.P.A.C).

Tamén se poderá contra esta resolución interpoñer, no prazo de dous meses, recurso contencioso-administrativo perante a orde xurisdiccional contencioso-administrativa.

Sen prexuízo da facultade de interposición do recurso extraordinario de revisión para os supostos e prazos previstos polo artigo 118 da citada lei.

Oleiros, 23 de agosto de 2000.

Esther Pita Pita

Alcaldesa-presidenta