Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 185 Venres, 22 de setembro de 2000 Páx. 13.295

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VIVEIRO

ANUNCIO.

Ó abeiro do disposto no artigo 34.1º da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia, o Pleno do Concello de Viveiro, en sesión extraordinaria que tivo lugar o día oito de setembro do ano que corre, adoptou o acordo de suspende-lo procedemento de outorgamento de licencias de parcelación de terreos, construcción e demolición nas seguintes áreas:

a) Áreas cualificadas como solo urbano non consolidado en Celeiro, Viveiro e Area.

b) Terreos afectados polas vías de novo trazado que teñen a consideración de sistema xeral:

-Variante e enlace E-642 coa E-640 ó oeste do val do Landro.

-Nova ponte sobre o Landro conectando Covas e Viveiro.

-Variante e enlace de Covas e E-640 ó sur de Xunqueira.

-Variante e enlace E-640 con E-642 ó leste de Viveiro.

-Enlace E-640 co porto de Celeiro.

c) Terreos afectados pola ampliación do sistema xeral portuario en Celeiro.

d) Terreos cualificados de protección paisaxística, na beira da ría de Viveiro, e ó longo do río Landro, así como Monte Faro, Monte San Roque, Monte Castelo, Monte Chamorro, Coto Vieiro, Fraga de Landrove, Fraga do Louro, Monte Buio e Fraga do Buio.

e) Terreos cualificados como espacio natural: Souto da Retorta, Monte Maior, Río Landro, Insua da Area e Illa Gabeira.

O que se fai público para xeral coñecemento, en cumprimento do disposto no artigo 34.1º in fine da Lei 1/1997.

Viveiro, 13 de setembro de 2000.

Justo Vázquez Chao

Alcalde accidental