Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 185 Venres, 22 de setembro de 2000 Páx. 13.288

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DE PROMOCIÓN ECONÓMICA

RESOLUCIÓN do 1 de setembro de 2000 pola que se anuncia concurso público aberto para a contratación de asistencia técnica de impartición de accións formativas para rede de axentes colaboradores dos programas de emprendedores do Instituto Galego de Promoción Económica.

En cumprimento da legalidade vixente, anúnciase concurso público para a contratación de asistencia técnica de impartición de accións formativas para rede de axentes colaboradores dos programas de emprendedores do Igape.

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Instituto Galego de Promoción Económica (Igape), barrio de San Lázaro s/n 15703 Santiago de Compostela, telf: 981 54 11 01, fax: 981 54 10 92.

b) Número de expediente: CP nº 14/2000.

2. Obxecto do contrato: asistencia técnica de impartición de accións formativas para rede de axentes colaboradores dos programas de emprendedores do Igape, coa seguinte desagregación en lotes:

Lote 1. Impartición dun mínimo de 10 seminarios de utilización das novas tecnoloxías da información

aplicadas ó desenvolvemento local e de mantemento da extranet do programa de emprendedores do Igape.

Lote 2. Impartición de dous cursos de técnicos en creación de empresas, dirixido á rede de axentes intermediarios.

Lote 3. Impartición de seminarios para a especialización de técnicos de promoción empresarial, dirixidos ós membros da rede de axentes intermediarios.

Prazos de execución e vixencia: os seminarios celebraranse nas datas e lugares establecidos na programación detallada do programa de emprendedores do Igape e en todo caso antes do 31 de decembro de 2000.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso público.

4. Orzamento máximo de licitación: 9.192.000 ptas. (nove millóns cento noventa e dúas mil pesetas), IVE incluído, coa seguinte desagregación en lotes:

Lote 1. 1.960.000 ptas., IVE incluído.

Lote 2. 4.096.000 ptas., IVE incluído.

Lote 3. 3.136.000 ptas., IVE incluído.

5. Garantía provisional: 2% do orzamento máximo de licitación dos lotes ós que se concorra.

6. Clasificación: non se esixe.

7. Obtención de documentación e información:

a) Entidade: Instituto Galego de Promoción Económica (Igape).

b) Enderezo: barrio de San Lázaro s/n.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15703 A Coruña.

d) Teléfono: 981 54 11 01.

e) Telefax: 981 54 10 92.

f) Data límite de obtención de documentos e información: coincide coa data límite de presentación de ofertas.

8. Presentación das ofertas:

a) Data límite de presentación: o prazo de admisión finalizará ás catorce horas do décimo quinto día natural seguinte ó da publicación do anuncio de concurso no Diario Oficial de Galicia. De coincidir en sábado ou domingo o prazo entenderase prorrogado ata as catorce horas do seguinte día hábil.

b) Documentación que hai que presentar: a indicada no prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación: en sobre pechado e selado e dentro do prazo sinalado, presentaranse no Rexistro Xeral do Instituto Galego de Promoción Económica, ou por correo, anunciándolle ó órgano

de contratación a remisión da oferta mediante telex ou telegrama, que debe ter entrada no Igape antes do termo do prazo de presentación de ofertas, e xustificando a data da imposición do envío na oficina de correos.

d) Prazo durante o que o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta: tres meses desde a apertura das ofertas.

9. Variantes: admítense variantes sobre programas e duración de seminarios, metodoloxías propostas, sistemas de garantía de calidade, melloras e prezos.

10. Apertura das ofertas: en acto público ás 10.30 horas do quinto día hábil seguinte ó remate do prazo de presentación de ofertas procederase á apertura da documentación administrativa e técnica. En acto público ás 10.30 horas do décimo día hábil seguinte do remate do prazo de presentación de ofertas procederase á apertura das ofertas económicas. Na sede do Instituto Galego de Promoción Económica en Santiago de Compostela.

11. Gastos de anuncios: os gastos dos anuncios serán por conta dos adxudicatarios.

Santiago de Compostela, 1 de setembro de 2000.

Margarita Rodríguez Rama

Directora xeral do Instituto Galego de Promoción

Económica